Coplas toponímicas

Cantareira de Barro de Arén - Manuela Cortizo Medal

  • Autor: Xosé Lois Foxo

  • ISBN: 979-0-69200-804-0

  • Depósito legal: VG 122-2012

  • Primeira Edición: Maio 2012

  • Edita: Inquedanzas Sonoras

  • Revisión lingüística: María Ruth Foxo Aira e Gabinete Lingüístico da Deputación de Pontevedra.

Coplas recollidas no libro Cantareira de Barro de Arén, Manuela Cortizo Medal do autor Xosé Lois Foxo.

ZONA DE CERDEDO

I o lugarciño de Barro
é moi digno de querer,
Ten un loureiro no medio
que alumea sen arder.

I as mociñas, las de Barro
eu direi quen elas son,
delgadiñas da cintura
alegres do corazón.

Cerdediño prós amores
Cerdediño prós amores,
a fonte na carretera
San Juan no medio das torres.

Viva Barro, viva Barro
viva
Barriño de Arén-e,
viva
Barro, viva Barro
viva
Meilide tamén-e.

Miña monteira garrida
miña monteira garrida,
cantas veces me encubriches
alá por
Soutelo arriba.

Carballás está no alto
Meilide ramo de palma,
Cerdedo da miña vida
Barriño da miña alma.

Para Barriño hei de ir-e
para
Barriño hei de ir-e,
aunque me poñas cancelas
tódalas hei de partire.

A estradiña de Barro
cuberta de coios brancos,
paséana os meus amores
domingos e días santos.

A estradiña de Barro
no la pasean chavales,
la pasean buenos mozos
con las mocitas formales.

Viva Barro, viva Barro
por tódolos arredores,
terra de moitas castañas
vivan os apañadores.

Barriño para cantar
Barriño para cantar,
anque non sea moi al
to
sábeno adoneirar.

O lugarciño de Barro
de lonxe parece vila,
se non fora os outeiros
que ten ao lado de arriba.

O lugarciño de Barro
desde lonxe resplandece,
canto máis
miro pra el
máis bonito me parece.

Viva Barriño que tiene
las ventanas hacia el norte,
vivan los chicos valientes
que las pasean de noche.

Anque somos de Barriño
daquela triste montaña,
anque somos de
Barriño
ojo que la vista engaña.

Pasei a ponte de Arén
paseina de madrugada,
iba moer ao teu muíño
tíñala porta pechada.

Somos de Barriño somos
no nos podemos negar,
e nótase na fala
e no modo de cantar.

Quen me dera en Cerdedo
unha leiriña de terra,
para ir botala auga
e pasearme por ela.

Por Carballás nace o sol
por
Abelaíndo a lúa,
no lugarciño de
Barro
a estrela que a min me alumbra.

Carballás está no alto
Carballás está na costa,
pra subir a
Carballás
moito traballo me costa.

Canto o reló de Cerdedo
se escoite en Barro de Arén,
preparade os carapuchos
morenas que vai chover.

Santa Polonia en Quireza
e a rapa en Sabucedo,
os dolores en
Forcarei
o Ecce Homo en Cerdedo.

Ao subir a Pardaíña
a Pardaíña pra
Barro
ao subir a Pardaíña
todo me parece llano.

Somos de Barro
somos de
Barro de Arén,
temos moitas cousas boas
e temos a San Miguel.

O lugar de Barro
hai que ir a escoitar
aquelas mulleres
que saben cantar,
que saben cantar
que cantan moi ben
o lugar de
Barro
de Barro de Arén.

ZONA DE FORCAREI

O gaiteiro de Soutelo
foi tocar a Redondela,
perdeu a gaita no monte
i a muller chora por ela.

O gaiteiro de Sorribas
foi tocar a Santa Marta,
adormeceu no camiño
e os cas rilláronlle a gaita.

I arrieiro da Murada
vai polo Paraño arriba,
mociñas de
Vilapouca
téndell'a carne cocida.

Fun ao viño ao Ribeiro
e pasei pola Almuzara,
e no alto de
Soutelo
batéume a neve na cara.

Cantares de Manuela de Barro - Achegas ao cantigueiro de Cerdedo

Achegas ao cantigueiro de Cerdedo

  • Autor: Calros Solla

  • ISBN: 978-84-936509-6-4

  • Depósito legal: M-51202-2008

  • Impresión: Publicep Libros Digitales, S.L.

ZONA DE CERDEDO

13
Adeus San Xoán de
Cerdedo,
que as costas che vou dando;
adeus San Xoán de Cerdedo,
que o regreso, sabe Deus cando.

14
Á entrada de
Cavenca,
hai unha pedra redonda
cun letreiro que di:
"Mulleres a perra gorda".

15
A estradiña de
Barro
non a pasean rapaces,
que a pasean bos mozos,
bos mociños
formales.

94
"Anque" somos de
Barro
daquela triste montaña;
"anque" somos de
Barro,
ollo, que la vista engana.

107
Ao pasar por
Chamadoira
por Chamadoira pasei cantando;
as mozas de
Chamadoira
quedan no río, quedan lavando.

111
Ao subir a Pardaíña
a Pardaíña para
Barro;
ao subir a Pardaíña,
todo me parece chairo.

118
A pereira respondeume,
toda cheíña de flores:
dos de
Barro non te fíes,
que son moi enganadores.

120
Aprendín a cazador
polos montes de
Cavenca
agora xa vou cazando
lebres de cabeza branca.

124
Árdelle o eixo,
árdelle o carro;
árdelle o eixo
bótalle barro

Árdelle o eixo,
árdelle o carro;
árdelle o eixo
ás mozas de
Barro.

129
Arrieiros de
Cerdedo,
van polo Paraño arriba;
neniñas de Vilapouca
téndelle a carne cocida.

136
A santa Mariña do
Seixo
ten un dengue colorado,
que llo deu o taberneiro
para vender o viño caro.

137
A santa Pelonia en
Quireza
a Rapa en Sabucedo,
as Dolores en Forcarei

e o Ecce Homo en Cerdedo.

145
As mociñas da
Revolta
son pequenas e redondas;
se lles apertan a barriga,
cagan foguetes coma bombas.

146
As mociñas de
Barro,
eu direi quen elas son:
delgadiñas da cintura,
alegres do corazón.

147
As mociñas de
Cavenca
non é unha que son todas,
poñen tres pares de media
para facer as pernas gordas.

151
As mozas de
Abelaíndo
din que non beben viño,
e debaixo do mantelo
levan o xerro escondido.

153
As mozas de
Carballás
cando bailan no quinteiro,
botan os ollos para a gaita,
as olladas, para o gaiteiro.

162
A subila e a baixala,
a costa de
Carballás;
a subila e a baixala,
perdín o pano das "mas".

165
Á Terra de Montes pechan
catro cumes o seu van:
o
Seixo con Costoia e Coco
e o bo patrucio Candán.

186
Barriño para cantar,
Barriño para cantar,
"anque
" non sexa moi alto;
sábeno adonairar.

193
Caeu a ponte Piñoa
quen a ha de levantar;
serán os mozos de
Barro
que por ela han de pasar.

195
Cando baixo o monte
polo camiño do carro,
ao chegar a Penaghrande,
xa vexo o lugar de
Barro.

200
Cando o reloxo de
Cerdedo
se oe en Barro e Arén
preparade os carapuchos
morenas, que vai chover.

202
Cando pases por
Lourido
leva o chapeu na man;
mira que son señoritas,
non sei se che falarán.

203
Cando pases por
Lourido,
por
Lourido de Cerdedo;
dálle moitos recordos
ás mociños dese
pueblo.

207
Cando paso por
Meilide
sempre che paso cantando;
as mozas do lavadoiro,
lavan e non dan lavado.

210
Cando vaias para
Caroi
ten coidado no camiño;
mira que che está o demo
metido nun buratiño.

211
Cando vou para
Barriño
todos os aires me levan;
cando vou para outro lado,
nin aire nin
cosa buena.

223
Canteiriños de
Cerdedo
van pola Rampla arriba;
neniñas de Soutelo,
téndelle a carne cocida.

253
Chamadoira é boa terra,
é ruín porque a fan;
se trigo lle sementaran,
aínda daba o azafrán.

271
Costureiriña da
Revolta,
costureira revoltada;
onde deixaches a agulla
que andas coa saia rachada.

292
De
Caroi a Abelaíndo
hai unha legua de monte;
vivan os mozos solteiros
que o pasean pola noite.

293
De
Cavenca á Revolta
hai unha carreira de can;
da
Revolta a Cavenca
xa as contas non me dan.

294
De
Cavenca á Revolta
todo é camiño de chan;
todo son rosiñas rubias
postas pola miña man.

295
De
Cerdedo deben ser,
de
Cerdedo deben ser;
onde elas lavan a cara,
calquera pode beber.

302
De
Lourido a Buduído
hai moi pouquiño que andar,
por iso os namorados
páranse pouco a falar.

304
Dende
Barro a Limeres
hai unha legua de monte;
viva quen a pasea,
alá pola media noite.

305
Dende o alto do
Seixo
vexo a Pontevedra nun cadro;
tamén vexo o meu amor,
vestidiño de soldado.

307
-De onde son os canteiros
que pasan a ponte de pedra:
-Son de
Tomonde e Quireza,
que marchan para Compostela.

313
Deste lugar de Chamosa é
a xota que cantamos;
levouna Xosé Mariño,
cando foi casar a
Barro.

323
Din que
Cerdedo é feo,
ten as casas sen balcóns;
pero ten nenas bonitas
que rouban os corazóns.

334
En
Carballás non caso,
en
Arén póñoo en dúbida;
heime de casar en
Barro
co fillo dunha viúva.

348
Ese lugar de
Lourido,
heino de afundir a tiros;
unha rapaza que hai nel,
lévame os cinco sentidos.

371
Estradiña de
Barro
cuberta de coios brancos;
paséana os meus amores,
domingos e días santos.

372
Estradiña de
Cerdedo,
as silveiras botan flores;
por aquela estradiña,
pasean os meus amores.

373
Estradiña de
Cerdedo,
cando eu a paseaba,
era de noite e chovía
pero eu non me mollaba.

435
Folgosiño, Folgosiño
moita borra e pouca planta;
comen o caldo sen unto
e dormen na cama sen manta.

436
Forcarei é boa terra,
A Estrada, bo terrón,
Cotobade ten boas leiras,
mais coma
Cerdedo non.

443
Fun ao baile a
Cerdedo
e metín o pé nunha poza;
deille un bico a unha vella,
pensando que era unha moza.

447
Garda santiña do
Seixo,
o meu amor que traballa
de canteiro na Castela
coa calor e a xeada.

451
Hai unha flore en
Barro
que ten fermosura e vida,
sae no inverno coa xeada,
sae e non
se marchita.

462
Hei de ir para
Cernados,
para
Cernados hei de ir;
"anque" me poñan cancelas,
todas hei de partir.

464
Hei de ir ao
San Bernabé,
ao
San Bernabé de "vran";
hei de ir ao
San Bernabé,
tamén os meus amores van.

466
Heime de ir a casar a
Caroi
que é terra de moito pan;
no forno da miña sogra
inzan as silvas de "vran".

472
Indo polo río arriba,
non hai varas de cortar;
os mozos da
Cavadosa
non saben troulear.

473
Indo polo
Seixo arriba,
deille a volta ao meu capote;
acordoume miña nai
e mais as papas do pote.

559
Na banda de alá do río,
pregunteille a unha raposa;
onde queres ter amores,
en
Barro ou na Cavadosa.

565
Na ribeiriña do Lérez,
naceu a miña nai Dolores;
naquela aldea de
Pedre,
naiciña dos meus amores.

570
Neno Xesús de
Caroi,
onde ti fuches nacer;
nese lugar de Medelo
no que non hai que comer.

577
No lugar de
Abelaíndo,
na primeira casa, non;
na segunda, queridiña,
deixei o meu corazón.

578
No medio de
Carballás
hai unha pedra redonda,
onde sentan os mozos
cando veñen de rolda.

584
Non chas quero de
Lourido,
non chas quero de
Lourido;
quérochas da
Revolta,
ao do sombreiro florido.

622
No outeiro de
Chamadoira
hei de dar una asubío;
adeus mociñas de
Limeres,
non pasaredes o río.

623
Nosa santiña do
Seixo
que alta te foron pór;
dálle o aire, dálle o vento;
ten a neve darredor.

653
O cura de
San Martiño
nin ten capa nin capelo;
viva o da nosa parroquia,
que os ten de
terciopelo.

654
O cura de
San Martiño
ten un burato no cu,
que llo fixeron os ratos
pensando que era pan cru.

682
O lugarciño de
Barro,
de lonxe parece vila;
se non foran os outeiros
que ten ao lado de riba.

683
O lugarciño de
Barro
dende lonxe resplandece;
canto máis moiro para el,
máis bonito me parece.

684
O lugarciño de
Barro
é moi digno de querer;
ten un loureiro no medio
que alumea sen arder.

685
O lugarciño de
Barro
heino de afundir a tiros;
teño unha rapaza nel,
róubame os cinco sentidos.

703
O pandeiro toca ben,
as ferreñas danlle o son;
as manciñas que o tocan,
elas de
Barriño son.

715
Os carballos de
Meilide
todos se están a bater;
os mociños de
Meilide
son moi dignos de querer.

719
Os mozos de
Barro e Arén,
de
Cavenca e Cerdedo;
todos xuntos a comer
non dan conta dun becerro.

738
Pasi a ponte de
Arén,
paseina de madrugada;
fun moer ao teu muíño,
topei a porta pechada.

739
Pasei a ponte do
Pego
paseina nunha carreira;
ía detrás dunha legre,
saíume unha costureira.

740
Pasei a ponte
Piñoa
paseina de madrugada;
topei un anel de ouro
nunha mazá colorada.

742
Pasi a serra do
Cando,
unha noite de trebóns;
caía a auga tan xunta
que mollei até os calzóns.

759
Pola carballeira arriba,
dando volta por
Cerdedo;
fillo da capadora,
ven capar o meu cadelo.

760
Pola costa de
Meilide
as silveiras botan flores;
por aquela costiña
pasean os meus amores.

770
Por
Carballás nace o sol,
por
Abelaíndo, a lúa;
polo lugarciño de
Barro,
a estrela que a min me aluma.

772
Por ir ao baile á
Cavadosa,
por ir ao baile, perdín a moza;
por ir ao baile, a moza perdón,
outra para o sitio ha ter que vir.

787
Quen che me dera en
Barro,
en
Barro quen che me dera;
quen che me dera en
Barro,
Barriño da miña terra.

790
Quen me dera en
Cerdedo
unha leiriña de terra,
para irlle botar a auga
e pasearme por ela.

791
Quen me dera, quen me dera,
quen me dera o que non teño;
quen me dera ter amores
no lugarciño de
Cerdedo.

810
San Miguel de
Arén
e moi amigo do mosto;
san Martiño de
Figueroa,
dos porcos e do magosto.

813
Santa Pelonia en
Quireza,
san Xoán en
Cerdedo,
as Dores en Forcarei
e a Rapa en Sabucedo.

815
Santo Antonio de
Cerdedo,
casamenteiras das vellas;
por que non casas as novas,
que mal che fixeron elas.

816
Santo Antonio de
Cerdedo
está ao pé de dous camiños;
pola súa ponte pasan
as mozas de
Biduído.

817
Santo Antonio de
Cerdedo
ten una pipa no monte;
as mulleres beben viño,
os homes, auga da fonte.

832
Se mañá che preguntasen
de quen era a
parranda,
foi dos mozos de
Cerdedo,
porque neles ninguén manda.

845
Sempre te atopo lavando
no río do
Seixo lixeiro;
quen me dera ser o río,
onde te laves primeiro.

853
Se o
río Lérez levara coñac,
todos os borrachos irían alá;
irían alá, irían alá;
se o
río Lérez levara coñac.

878
Somos de
Barriño, Barro,
non o podemos negar;
nótasenos na fala
e no xeito de cantar.

895
Teño un amor en
Cerdedo,
outro amor teño en Bueu,
outro anda en Pontevedra;
o dono do corazón meu.

968
Vente comigo Rosiña,
vente comigo se queres;
alá pola media noite,
chegaremos a
Limeres.

975
Viña da Casa da Cova,
viña co carro da xesta;
víñache con moita présa,
quería marchar para a festa.

Eran vinte e catro feixes
os que traia no carro;
as vacas viñan cansadas,
cando chegaban a
Barro.

979
Viva
Barro, viva Barro
e todos os arredores;
terra de moitas castañas,
vivan os apañadores.

980
Viva
Barro, viva Barro
e viva
Arén tamén;
se
Barro ten boas mozas,
Arén tamén as ten.

Viva Barro, viva Barro
viva
Barriño de Arén;
viva
Barro, viva Barro,
estas si que cantan ben.

981
Viva
Barro, viva Barro,
viva
Barriño de Arén;
"anque" digo viva
Barro,
viva
Cerdedo tamén.

982
FOLIADA da TERRA de MONTES

Viva Barro, viva Barro,
viva
Barriño de Arén;
viva
Barro, viva Barro,
viva
Meilide tamén.

[...]

983
Viva
Barro, viva Barro,
viva
Barriño de Arén;
vivan as mozas de
Barro
e as de
Arén, tamén.

Viva Barriño que ten
as ventás cara o norte;
vivan os mozos valentes
que as pasean de noite.

984
Viva
Cerdedo que ten
boas torres e campás;
viva o donaire e a graza
das mociñas cerdedás.

985
Viva
Lourido, viva,
terra onde me eu criei;
tamén viva
Biduído,
onde eu me namorei.

ZONA DE FOCAREI

104
Ao Gaiteiro de
Soutelo
un raio de Deus o mate,
non quere tocar a gaita
sen tomar o "chiculate".

129
Arrieiros de
Cerdedo,
van polo Paraño arriba;
neniñas de
Vilapouca
téndelle a carne cocida.

137
A santa Pelonia en
Quireza
a Rapa en Sabucedo,
as Dolores en
Forcarei
e o Ecce Homo en Cerdedo.

165
Á Terra de Montes pechan
catro cumes o seu van:
o
Seixo con Costoia e Coco
e o bo patrucio
Candán.

200
cando pasei por
Soutelo
os meus ollos eran fontes;
adeus montes de
Soutelo,
adeus
Soutelo de Montes.

223
Canteiriños de
Cerdedo
van pola Rampla arriba;
neniñas de
Soutelo,
téndelle a carne cocida.

256
Chove que pingan as tellas,
chove que pingan as tellas;
viva quen ten amores
no lugar de
Presqueiras.

313
Deste lugar de
Chamosa é
a xota que cantamos;
levouna Xosé Mariño,
cando foi casar a Barro.

412
Eu pasei por
Vilariño,
por
Vilariño pasei cantando;
as mozas de
Vilariño
quedan no río, quedan lavando

436
Forcarei é boa terra,
A Estrada, bo terrón,
Cotobade ten boas leiras,
mais coma Cerdedo non.

442
Fun á feira de
Soutelo
e compreiche uns pendentes;
seica me queres morder,
que me regañan os dentes.

486
Mariana de
Soutelo
ha de ser a miña dama;
xa lle tomei a medida
e non me colle na cama.

542
Mociñas de
Forcarei
acudídelle ao voso cura,
que caeu do campanario
entre as follas da verdura.

668
Ofrecéronme unha tunda
na aldea de
Ventosela;
ofrecéronme unha tunda
e agora veño por ela.

669
O Gaiteiro de
Sorribas
no roncón da gaita leva
unhas palabre que din:
Árdelle o eixo, carballeira!

670
O Gaiteiro de
Soutelo
foi tocar a Redondela;
perdeu a gaita no camiño,
chóralle a muller por ela.

671
O Gaiteiro de
Soutelo
no roncón da gaita leva
o berro da Terra, a nosa;
árdelle o eixo, carballeira!

672
O Gaiteiro de
Soutelo
un raio de Deus o mate;
non quere tocar a gaita
sen tomar o "chiculate"

686
XOTA de VILARIÑO

O lugar de Vilariño
cérrase cunha cancela;
pésame dunha rapaza
que me queda dentro dela.

A xota de Vilariño
eu tamén a sei cantar;
vinde mozos para a ruada
que a xota imos bailar.

Se queres bailar a xota,
a xota de
Vilariño,
has de aprender os puntos
e darlle xeito ao corpiño.

813
Santa Pelonia en
Quireza,
san Xoán en
Cerdedo,
as Dores en
Forcarei
e a Rapa en Sabucedo.

823
Se á Terra de Montes vas,
tes que saudar primeiro:
o san Xoán, a Madanela
e a santiña de
Aciveiro.

919
Toca gaiteiriño, toca,
meniñas correde a velo;
que é moita gaita a gaitiña
do Gaiteiro de
Soutelo.

976
Virxenciña das Angustias,
trouxéronme os arrieiros;
e ti quexeches quedar
neste lugar de
Soutelo.

982
FOLIADA da TERRA de MONTES

[...]

Monteira, miña monteira,
miña monteira garrida,
cantas veces me tes cuberto,
alá por
Soutelo arriba.

Coplas empregadas por "Os gaiteiros de Soutelo"

ZONA DE CERDEDO

FOLIADA DE BARRO DE AREU

WK 1385

Gaiteros de Soutelo de Montes

Cantos por C. Cachafeiro
A 1487


Título correcto: Foliada de Barro de Arén

Viva Barro, viva Barro
viva
Barriño de Arénhe
viva
Barro, viva Barro
viva
Meilide taménhe

ZONA DE FORCAREI

FOLIADA DE BARRO DE AREU

WK 1385

Gaiteros de Soutelo de Montes

Cantos por C. Cachafeiro
A 1487


Título correcto: Foliada de Barro de Arén

Miña monteira garrida
miña monteira garrida,
moito me tes encuberto
alá por
Soutelo arriba.

FOLIADA DE TENORIO

WK 1378

Gaiteros de Soutelo de Montes

Canto por C. Cachafeiro

A 1492

O gaiteiro de Soutelo
mal raio de Dio'lo mate,
non quere tocar a gaita
sin que lle den chocolate.

Toca gaiteiriño toca
meniñas correi a velo,
que é moita gaita a gaitiña
do gaiteiro de
Soutelo.

Coplas empregadas polo grupo "Os diplomáticos do acordeón"

ZONA DE FORCAREI

Forcarei meu Forcarei
Soutelo meu Souteliño,
i o lugar do
Cachafeiro
nunca lle perdo o cariño.

Río da ponte Freixeira
vaite amodo vaite amodo,
río da ponte
Freixeira
non leves tanta carreira.

Cando saín de Soutelo
os meus ollos eran fontes,
adiós montes de Soutelo
adiós Soutelo de Montes.

Fun ó viño a Rivadabia
en pasei pola Almuzara,
e no alto de
Soutelo
bateum'a neve na cara.

Forcarei - Historia fotográfica do século XX

Coplas recollidas no libro Forcarei, historia fotográfica do século XX de Francisco Rozados "Rochi".

  • Coordinación: Francisco Rozados "Rochi"

  • Impresión: Artes Gráficas Vicus, S.A.L.
    Rúa Segovia, 19, Vigo

  • ISBN: 84-8457-229-3

  • Depósito Legal: VG-552-2005

  • Primeira edición: 2004

  • Exma. Deputación Provincial de Pontevedra
    Presidente: Rafael Louzán Abal
    Deputado da área de Cultura: José Juan Durán Hermida

  • Servizo de Publicacións
    Dirección: Miguel Pereira Figueroa
    Director adxunto: César Manuel López Marras

ZONA DE CERDEDO

En tempos pasados houbo certa rivalidade entre as parroquias de Ventoxo e Folgoso. Na tradición oral quedaron pegadas desta oposición

Segundo contan o vellos, o San Nicolás de Ventoxo foi roubado, fai moitos anos, polos aldeás de Folgoso, os cales o viñeron a buscar á igrexa de Ventoxo. Despois a xente de Ventoxo xuntouse e foille sacar o santo á Serra, e de aí nace unha das poucas cancións populares de Ventoxo, que dí así:

San Nicolás de Ventoxo
era branco, era roxo
e quixérono roubar
os pixis de
Folgoso.

(Relatora: María Elena Cortizo Fraix, de S. Nicolás de Ventoxo. Recolleu: Manuel Calviño Casas de Ventoxo.)

ZONA DE FORCAREI

Cantigueiro de Aceiveiro

Conventiño de Acibeiro
Convento de moitos frades,
as mozas de Andón din:
concento nunca te acabes.

Se a Terra de Montes vas,
has visitar pimeiro:
Os Dolores, O Rosario
e a Santiña de Acibeiro.

A Terra de Montes cérrana
catro picos ó seu lar:
Seixo, Costoia e Coco
e o alto do
Candán.

O convento de Acibeiro
que tan alto o foron pór,
dalle o sol e dalle o aire
e a neve por arredor.

Anque che son de Acibeiro,
de
Acibeiro e acibeireira,
anque che son de
Acibeiro,
polo de hoxe non me pesa.

No convento de Acibeiro
hai un frade galiñeiro
que todas as tardes berra
churras, churras ó poleiro.

O Abade de Acibeiro
a todas coida moi ben,
quere ás mozas e ás nenas
e quere ás vellas tamén.

Nosa Señora de Acibeiro
ten un vestido de seda,
que llo dou o señor Abade
pra poñer na súa festa.

San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro das nenas,
casa ás vellas, meu Santiño,
que as novas cásanse elas

San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro das vellas,
¿por que non casas ás novas?
¿que mal che fixeron elas?

Nosa Señora de Acibeiro
Ten un caravel na man,
dame ese caraveliño
que chego canso do
Candán.

(Relatoria: Isaura Sanmartín, de Fixó, Millarada, Forcarei. Recolleu: Susana López Cachafeiro, de Fixó.)

Cancioneiro musical de Galicia

Cancionero musical de Galicia, reunido por Casto Sampedro y Folgar:

ZONA DE FORCAREI

A procura da nosa identidade - Terra de Montes

  • A procura da nosa identidade - Terra de Montes

  • Coordinación: José Raposeiras Correa

  • Colaboradoras: María Elisa Roca Rodríguez e Mirian Raposeiras Roubín

  • Deseño da cuberta: José María Barreiro Gómez

  • Revisión lingüística: María Elisa Roca Rodríguez

  • Maquetación: XFG

  • Edita: Deputación de Pontevedra

  • Impreso en: Gráficas Salnés

  • Depósito legal: PO 570-2007

  • ISBN: 978-84-8457-297-8

Deputación de Pontevedra

  • Presidente: Rafael Louzán Abal

  • Vicepresidente e deputado da área de Cultura: José Juan Durán Hermida

Servizo de Publicacións

  • Dirección: Miguel Pereira Figueroa

Primeira edición. 2007

© Da primeira edición: Diputación de Pontevedra. Editorial
© Dos textos: Os autores
© Das fotografías: Os autores

ZONA DE FORCAREI

AZUCENA ARIAS CORTEA. CEIP de Vilaverde - Mourente
DOLORES ARIAS CORREA. CEIP de Viñas - Poio

A riqueza cultural de calquera pobo mídese non só polo seu patrimonio histórica-artístico senón tamén polas manifestacións orais. A tradición oral popular forma parte do patromonio inmaterial que debe ser recollido, coñecido e conservado. A este ámbito pertencen diferentes textos de literatura oral como lendas, contos, romaces, paremias, refráns, adiviñas, ditos e cantigas.

A través destas manifestacións da cultura propia é posible identificar as claves da expresión dun pobo que se foi transmitindo de xeración en xeración, de nais e pais a fillos e fillas e ata a netos e netas.

Non será con este artigo co que se tente indagar a esencia de todo un opatrimonio oral de séculos, só pretende ser unha pequena contribución á recuperación da tradición oral cantada dun lugar do concello de Forcarei (Presqueiras). Este anaquiño da literatura popular chegou a nós a través da nosa nai, á que lle debemos que nos deitase nos oídos un tesouro tan valioso -mesmo nos intres en que non estabamos dispostas a escoitalo- e á súa insistencia en repetirnos unha e outra vez retazos da súa memoria, en escribilos e mesmo grabalos. Este é o motivo polo que hoxe podemos poñer aquí algo dese legado.

O patrimonio musical é sen dúbida moi amplo∞⁵¹, por iso a nosa intervención se limitará a recompilar, de xeito moi subxectivo, algunha cantiga das que temos coñecemento, evitando mencionar aquelas máis repetidas nos cantigueiros e que tamén forman parte, por suposto, do acervo cultural da nosa bisbarra. 52

Neste espazo que se nos brinda procuraremos reunir algúns exemplos de cantigas propias de diversas épocas do ano, cantigas para acompañar traballos, cantigas para acompañar o baile,...

Respecto da lingua que aparece nas cantigas, un primeiro dato a salientar é que, inda que as examinemos superficialmente, observaremos que existe certa cantidade de composición en lingua castelá. Isto pódese atribuír á emigración temporeira a Castela, que permitía traer ó lugar unha importante bagaxe de coplas desa zona; á chegada de persoas de fóra para traballar nasa minas (minas do Rego da Auga 53 - Estañíferas de Galicia); e a influencia durante o século XX de ambientes castelanizantes (igrexa, escola,...).

Todas estas influencias provocaron unha interrelación entre castelán e galego, de xeito que se pode atopar cantigas galegas traducidas ó castelán e viceversa, e mesmo outras nas que aparecen palabras das dúas linguas. Procuramos transcribilas respectando a lingua na que nos foron cantadas.

Para clasificalas non se seguiron criterios alfabéticos senón temáticos:

  • Cantigas relacionadas coas festas cíclicas anuais

  • Cantigas que citan a terra propia

  • Cantigas relacionadas co amor

  • Cantigas relacionadas coa emigración

  • Cantigas relacionadas con traballos cotiás e profesionais

  • Cantigas relacionadas con celebracións familiares e con membros das mesmas

  • Cantigas que usan do santoral

  • Cantigas de festas

  • Cantigas de regueifas

  • Outras

A clasificación que propoñemos non ten a pretensión de ser totalmente exacta ou exhaustiva, o que por outra banda non nos semella nada doado pois hai cantigas de difícil inclusión, ben polo seu tema, ben porque poderían pertencer a máis dun grupo. Decidimos consignar aquí maioritariamente só estrofas de catros versos, inda que existen composicións máis extensas e máis curtas.

CANTIGAS QUE CITAN A PROPIA TERRA

Existen variadas cantigas que falan da propia terra e dos arredores. A maioría delas fano gabando aspectos como: a auga, as mozas e os mozos, os productos, etc. Algunhas destas cantigas acostumaban aparecer en xuntanzas, onde era doado que houbese xente de diferentes pobos, parroquias,... Xunto a elas ás veces xurdían cantigas que aludían ós lugares próxismos, indicando certa rivalidade.

Quen me dera en Soutelo
unha variña de terra,
para ir bota-la aghua
e pasearme por ela.

Hache de ser de Soutelo,
de
Soutelo che ha de ser,
hache ser de Soutelo
a augha que hei de beber.

Outeiriño todo ten,
Outeiriño todo cría,
boas mozas e bos mozos
boa cara de aleghría.

Heime casar no Samarco
que é terra de moito pan,
o forno da miña soghra
bota silvas polo vran.

Outeiriño é boa vila,
Outeiriño é boa vila,
se non foran as montañas
que ten ó lado d'arriba.

Subir e beixa-la costa,
subir e beixa-la costa,
ós mociños de
Presqueiras
pouco traballo lles costa.

As mociñas de Presqueiras
elas moi bonitas son,
delghadiñas da cintura,
e aleghrés do corazón.

Indo por Ghisande arriba
non hai vara que cortar,
os mozos e mailas mozas
rabean por se casar.

No medio de Outeiro
hai unha fonte redonda
onde sentan as mozas
para botar unha ronda.

CANTIGAS DE FESTA

Baixo este epígrafe recollemos cantigas que eran cantadas en romarías, ruadas, etc., e que mesmo as mozas e os mozos cantaban e bailaban en festas espontáneas ou preestablecidas. Os instrumentos musicais empregados na maioría os de percusión indeterminada e a gaita.

O ghaiteiro de Soutelo
vai tocar a
Millerada,
si ese ghaiteiro non vai
o baile non vale nada.

Outras coplas

ZONA DE CERDEDO

Dicen que los de Folgoso
tienen la honra perdida,
que tengan que no la tengan
folgosano de mi vida.

Viva Folgoso que tiene
las ventanas cara el norte,
vivan los chicos valientes
que las pasean de noche.

Recollidas por Ismael Ferron na zona de Folgoso:

Folgosiño folgosés
Folgosiño folgosés
colores da miña cara
en
Folgoso quedarés

O río vai monte a monte
o río vai monte a monte,
os mociños de
Folgoso
hoxe non pasan a ponte.

Cantando cara Folgoso
prenda no meu corazón,
cantando cara Folgoso
cara outro lado non.

Dicen que Folgoso es feo
porque no tiene balcones,
pero tiene chicas guapas
que alegran los corazones.

Carretera de Folgoso
cuberte de coios blancos,
paseana os meus amores
domingos e días Santos.

Carretera de Folgoso
cuando yo la paseaba,
era de noche y llovía
pero yo no me mojaba.

Aturuxan no Mosqueiro
aturuxan no Mosqueiro,
son os mozos d'
Acivedo
que ven á rúa ó Celeiro.

San Nicolao pouca vila
era blanco i era roxo,
onde o fomos encontrar
entre os pixís de
Folgoso.

Vilapouca pouca vila
Vilapouca pouco ten,
no lugar de
Vilapouca
non enriquece a ninguén.

Cando salín de Soutelo
os meus ollos eran fontes,
adiós montes de
Soutelo
adiós
Soutelo de Montes.

As mozas de Vileriño
eu direi quen elas son,
delgadiñas da cintura
alegres do corazón.

Pasei a ponte Parada
paseina nunha carreira,
onde os meus ollos paraban
agora van de carreira.