O Gaiteiro de Soutelo
Xosé Manoel Rivas Troitiño

  • Título: O Gaiteiro de Soutelo - Unha espresión da cultura popular

  • Autor: Xosé Manoel Rivas Troitiño

  • Edicións: 1977 e 2000

Edición de 1977

  • Imp. EL IDEAL GALLEGO - Francisco Mariño, 12 - La Coruña

  • Depósito legal: C-326-1977

Edición do 2000

  • Imp. DIO, S.L. - Parque Tecnolóxico de Galicia - Ourense

  • Depósito legal: OU-0-2000

No PRE-LIMIAR da reedición do libro de 2000 podemos atopar a seguinte información escrita polo propio autor escrito en Madrid, decembro de 1999:

Este libro foi escrito no 1974, en plena mocedad do seu autor, e reimprímese tal como foi publicado tres anos despois baixo o pradroazgo de Coca-Cola. [...]

Dos datos que figuran na primeira edición, hai un erro no ano de nacemento de Avelino, que foi no 1899, e non no 1898. [...]

Neste libro poderemos atopar 18 ou 19 apartados, dependendo da edición:

  1. PRE-LIMIAR (reedición)

  2. PORTELO

  3. LIMIAR

  4. O arredor: Terra de Montes

  5. As novas loitas

  6. Momentos dunha vida

  7. "O millor gaiteiro de Galicia"

  8. Encol da gaita

  9. Dados prá lenda do "Gaiteiro de Soutelo"

  10. O silencio

  11. A dimensión poética de Avelino Cachafeiro

  12. A xeografía como referencia

  13. A morte como tema

  14. Lembrando aos esgrevios

  15. Con xeito de autobiografía

  16. Un pouco de humor

  17. O artista, na percura de novas espresións

  18. Máis alá da biografía

  19. Eplílogo de Avelino Senra Varela

Publicacións relacionadas

Na revista Cotaredo do ano 2011 publicábase o seguinte:

A intrahistoria da biografía do Gaiteiro

Xosé Manoel Rivas Troitiño

A nova escultura que Marcos Escudero realizou a Gaiteiro de Soutelo para lembralo e honralo diante da Biblioteca do seu pobo é un bo momento para recordar a ilusión e o contexto en que escribín a biografía de Avelino Cachafeiro Bugallo. Vaia por diante que esa obra produciume grandes satisfaccións desde que saíu publicada. Foi o me primeiro libro, o primeiro que editaba Coca Cola, dun descoñecido, e cunha tirada de 3.000 exemplares en galego hai mais de 30 anos. Por enriba, penso que alomenos daquela gustoulle aos conveciños da Terra de Montes.

Eu coñecín a Avelino, pero nunca o oín tocar en directo. Nos sesenta, cando eu era neno, era habitual velo por Sotelo os últimos mércores de mes cando eu acompañaba ao meu avó Secundino á feira onde vendía cosas de ferraxería. Avelino non pasaba desapercibido, de entrada con aquel bigote, e despois co seu humor. Foi o meu avó quen primeiro me falou daquel artista con afecto e respecto, co que se gastaban bromas. Aínda que un neno non capta todo o que le transmiten ata anos despois, é evidente que souben que se trataba de alguén admirado e respectado na comunidade. Incluso, tratándose dunha terra na que se narraban as fazañas de moitos compatriotas que, tristemente fora máis que dentro, fixeran cosas importantes.

Xa adolescente, nalgunha festa en casa do seu afillado, o doutor Avelino Senra, ou en Forcarei volvín coincidir con el. Recordarei sempre o seu bo humor, era incansable na conversa e en animala, diría que coa retranca galega máis xenuina, e con anécdotas, quizais inventadas, dos velorios. Pero a súa lenda aínda non a coñecía. Era O Gaiteiro, por excelencia. Pero pouco máis sabía del. Hai que comprender que entón había un gran silencio sobre a guerra civil, o antes e o despois, e el formaba parte do galeguismo alomenos nos seus símbolos. Curiosamente, foi en Madrid onde un xornalista nacido en Pontedeume púxome na pista da lenda do Gaiteiro e fixome descubrir que aquel home divertido e tan peculiar tina tras el triunfais xiras por América e fama como o mellor gaiteiro de todos os tempos.

Manolo Molares do Val coñecera ao gaiteiro en Madrid, na rúa Montesquinza. número 8, preto da rúa Génova, da praza de Colón e da embaixada inglesa, onde vivía a familia Senra Varela.

O Gaiteiro fora a consultarse co seu afillado, Avelino, entón subdirector do Instituto Nacional do Cancro, a quen estaba moi unido. E naqueles días o seu afillado organizou merendas xenerosas que duraban moitas horas, porque, a pesar de que estaba maior e enfermo. Avelino Cachafeiro era un cativador. Molares, de familia de longa tradición galeguista, xornalista xa entón de axéncia EFE, cría que o Gaiteiro de Sotelo era una lenda, que non existira. E coñecelo en persoa e deducir, xa que logo, que a lenda era certa, con base, emocionouno moito. A partir de aí, Avelino Senra viuse obrigado a contarnos con gusto anécdotas e vivencias e historial do seu padriño, que ratificaron para min o intuído de neno e descuberto despois por mediación de Molares. Daquela, o Gaiteiro xa tina publicado o libro de poemas Voando cas aas da vida, que teño dedicado por él, coa alegoría da gaita e as aas que fixera para o bar Changui.

Eu estudaba entón Filosofía e Xornalismo. Molares, home entusiasta sempre, convenceume sen dificultade de que debiamos escribira vida do Gaiteiro de Soutelo que faleceu pouco despois. O meu primeiro papel era atopar datos en Soutelo, compromiso que adoptei para o verán. Non había plan previo, só ir amoreando material.

A familia do Gaiteiro deume todas as facilidades. Vivía a sua irmá Isabel. que conservaba una memoria bastante completa dos seus irmáns. E Maduro e os netos de Isabel tamén me contaron con detalle os seus recordos. Material non habia moito, pero algún tan suxestivo como os poemas non publicados. Entre eles, o dedicado ao seu fillo morto ao nacer, tan entrañable, e que tanto revelaba sobre o personaxe.

Recordo tamén moitos debuxos para engadir aos cadaleitos. E algún carné co ano de nacemento equivocado que mantiven na primera edición.

O autor con Xosé M. Rodríguez Pampín, finado hai anos. Os papeis corresponden ao manuscrito da biografía do gaiteiro.

Nese verán do 73 só recompilei datos para unha biografía, en espera do novo curso, en que esperaba escribir o libro xunto con Molares.

Pero o azar ou a necesidade tiñan outros plans. O bo de Molares fora atropelado cando ía en moto diante da embaixada inglesa polo marqués de Villaverde, xenro do xeneral Franco. (Por iso, dicía despois co humor que sempre o acompaña: os inimigos de Molares son tres: mundo, demo e marqués).

O xornalista estivera aquela tarde na casa de Avelino Senra e regresaba a axencia Efe. naquel entón alén do paseo da Castellana, na rúa Ayala, que dirixía o galego Alejandro Armesto.

Pouco despois do atropelo foi destinado á oficina de EFE en México, de onde sería expulsado meses despois cando as últimas penas de morte do franquismo, pero os seus destinos seguintes serían Los Angeles (EEUU) e Pekín, onde foi o primero correspondente de EFE, entre outros.

Total, que eu víme cun material recollido para unha obra conxunta que pasaba a ser individual. Xa todo era responsabilidade miña. Non me resultou difícil enfocala.Había que contextualizar o personaxe, entrar no home -xa sen el- e no artista, enmarcalo na Terra. Os datos non eran moitos. Suficientes, pero non excesivos. O contexto era entón menos coñecido. Algunas bibliotecas para consultar periódicos, algúns libros en que se aludía á comarca, entón reducida a terra de cregos, canteiros e gaiteiros.

Primeira lectura pública da biografía do Gaiteiro. De esquerda a dereita: Carlos Asorey, Manuel Portas Ferro, X.M. Rodríguez Pampín, o autor, Xosé Rodríguez Manteiga, Benito de la Iglesia e Lois Caeiro. Sentados: Xoán G. Millán e Andrés Torres Queiruga.

Nese verán do 73 só recompilei datos para unha biografía, en espera do novo curso, en que esperaba escribir o libro xunto con Molares.

Pero o azar ou a necesidade tiñan outros plans. O bo de Molares fora atropelado cando ía en moto diante da embaixada inglesa polo marqués de Villaverde, xenro do xeneral Franco. (Por iso, dicía despois co humor que sempre o acompaña: os inimigos de Molares son tres: mundo, demo e marqués).

O xornalista estivera aquela tarde na casa de Avelino Senra e regresaba a axencia Efe. naquel entón alén do paseo da Castellana, na rúa Ayala, que dirixía o galego Alejandro Armesto.

Pouco despois do atropelo foi destinado á oficina de EFE en México, de onde sería expulsado meses despois cando as últimas penas de morte do franquismo, pero os seus destinos seguintes serían Los Angeles (EEUU) e Pekín, onde foi o primero correspondente de EFE, entre outros.

Total, que eu víme cun material recollido para unha obra conxunta que pasaba a ser individual. Xa todo era responsabilidade miña. Non me resultou difícil enfocala.Había que contextualizar o personaxe, entrar no home -xa sen el- e no artista, enmarcalo na Terra. Os datos non eran moitos. Suficientes, pero non excesivos. O contexto era entón menos coñecido. Algunas bibliotecas para consultar periódicos, algúns libros en que se aludía á comarca, entón reducida a terra de cregos, canteiros e gaiteiros.

En definitiva, unha escura noite de pedra para documentarse, a pesar das facilidades familiares. Hoxe podemos saber más nunhas horas sobre aqueles anos e xiras do gaiteiro que entón en anos.

No verán consultara os xornais de Santiago na sede do Correo Gallego e durante o curso na Biblioteca Nacional en Madrid todo o que piden sobre gaitas e gaiteros. A partir de aí, na soidade dunha habitación do Colexio Maior Comillas, entón na madrileña rúa Ecija, entre o Paseo de Rosales e Moncloa, foi nacendo a miña biografía de Avelino Cachafeiro.

O tempo de que dispón un universitario é grande, se sabe organizarse, aínda que lle esixan un traballo intenso académico. Eu escribín a biografía nun curso académico. Cando a terminei, fixen unha primera lectura pública, da que conservo dúas fotos. Debía ser na primaveira. Era un bo costume someter textos a debate, e se un ten acredor un importante grupo de compañeiros preparados, con maior motivo.

Vexo con pena as dúas fotos, porque a metade aqueles compañeiros oíntes morreron: Xoan G. Millán, catedrático de literatura en Nova York e galeguista comprometido; Pepe Rodríguez Manteiga, bo cura de pobo; e Xosé Manuel Rodríguez Pampín, teólogo.

Os demais son Carlos Asorey, cineasta e rexidor de televisión; Manuel Portas Ferro, que revisou co seu dominio do galego os meus fallos; Andrés Torres Queiruga, da Real Academia Galega; Benito de la Iglesia, párroco; e Luís Rodríguez García, que dirixiría a Radio Televisión Galega.

Soutelo: Inauguración do monumento aos Gaiteiros de Soutelo. O autor, o escultor Xoán Piñeiro (autor do monumento), o poeta Maximino Castiñeiras e o artista Agustín Portela Paz.

Algúns galegos máis había naquela lectura, aínda que non estean na foto. Recordo perfectamente que o comezo do capítulo dedicado á gaita galega suscitou risas e amables críticas, o que me obrigou a profundar e redactar novamente. O demais, creo, gustou aos meus compañeiros. E diría que me gustou a min, aínda que nalgún momento, moito despois, decateime de que se trataba dunha obra de mocidade, é dicir, moi apaixonada (isto é bo), un pouco arrogante nalgunhas partes como o prólogo, sen prexuízos.

A seguinte lectura foi na casa da familia Senra. Avelino era, dalgún modo, a testemuña e gardián moral do legado artístico e humano do seu padriño. O seu irmán Manolo tiña como hobby, nos intres libres que lle deixaba o estudo da Enxeñería, facer moi boas fotos. En Soutelo recórdoo inmortalizando a feira dos mércores, pero o Gaiteiro tamén fora obxecto dos seus obxectivos. A el débense as fotos publicadas no libro.

Avelino, loxicamente, debía escribir un epilogo sobre o seu padriño. Fíxoo e ben, como é habitual nos seus textos de voraz e atento lector, e de médico humanista. Aprobado, digamos, polos meus colegas e pola familia Senra, o texto debía converterse en libro publicado. (A familia do Gaiteiro dérame voto de confianza dende o primero momento). Unha última proba era saber se interesaba a alguén máis fora do círculo de compañeros e paisanos e familiares.

A revista Triunfo era, entón, a de máis tirada en España. Era unha revista seria, non frívola, de clara oposición ao franquismo, cun sesgo intelectual moi manifesto, que intentaba descubrir outra España distinta á do Nodo. No número 599, do 23 de marzo de 1974, cunha portada moi rechamante dun recen nado, saíu publicado un artigo meu co esencial da biografía do Gaiteiro. A revista circulou por Galicia, en especial pola Terra de Montes, con profusión. Empezaba a falarse da comarca, dos seus homes, en revistas de información xeral. Había xa entón eminentes paisanos en empresas de España e fóra, emprendedores, ou eminentes catedráticos. Pero o que se publicaba e xa se sentía a necesidade de abrir o país e os medios- era doutro signo. Os comentarios que me chegaron suxerían que ía polo bó camiño.

Con eses antecedentes, enviei o manuscrito a una editorial galega. Se non era a única en galego, era a de máis prestixio. Eu estaba convencido do valor da miña obra e pareciame o máis normal que a aceptasen.

Aí ve un dos primeiros tropezóns coa realidade. Non vou revelar nomes, pero é evidente que a algúns dirixentes da editorial non les interesaba promover a un mozo independente, sen militancia nin simpatía coñecida por grupos políticos.

Galicia tivo e ten- entre os seus problemas o afán de control dalgúns empregados de institucións, públicas e privadas. Aquela editorial era algo máis que unha editorial, e publicar alí significaba apoiar dalgún xeito una visión da vida pública galega. Sempre quixeron controlar a elite dirixente, e xa que logo, a quen non pertenza ao clan non se lle axuda. Pasaba entón e pasa agora, sen ir máis lonxe coas leas das dúas Caixas de aforros que venden como nosas. Pero pasa cos partidos, sindicatos, universidades. E así nos vai. Os que pretendían dominar, gobernar, Galicia desde aquel medio como xerme fracasaron ao completo. Sei que ese afán de dominar e controlar perdura nalgúns dirixentes públicos, que toman os seus cargos en institucións como casaríos, non para promover a cultura ou o desenvolvemento senón os sus propios intereses.

Claro que todo podería ser más sinxelo: sinxelamente pareceulles malo o texto ou que non encaixaba no seu catálogo. Pero, se escribín o anterior, é porque xa entón tiven soplos de por onde ían os tiros.

O feito é que, como dixo Franco daquela na súa mensaxe de Nadal inmediato ao atentado contra Carrero Blanco, non hai mal que por ben non veña.

Avelino Senra, sempre entusiasta da Terra e dos seus amigos, deixou cair nunha conversa co seu parente Carlos Senra, alto directivo de Coca Cola, a idea de publicar a obra. Coca Cola non publicara libros pero, aquel momento, morto Franco, cun certo temor a que aflorase un sentimento antinorteamericano, patrocinar un libro en galego sobre un personaxe galego pareceulles una ocasión única, asegún me comentaría Carlos Senra anos despois.

Expuxeron a idea á franquía galega de Begano e apostaron por publicar o libro, que se imprimiría onde se imprimía o xornal El Ideal Galego, daquela da Editorial Católica. Begano impuxo un prólogo dun dos seus colaboradores, a quen non coñecín, pero foi admirable na discreción do seu patrocinio.

E así foi como un autor novel tivo a inmensa sorte de ver publicado o seu primeiro libro, cunha tirada de 3.000 exemplares, que para un libro en galego entón era unha inmensidade.

O libro foi presentado en Soutelo, na que fora sala de festas do Gaiteiro, foto que reproduciuxa Cotaredo. E púxose á venda en Santiago nas Xorna das sobre o folklore galego, que se celebran na Praza da Quintana coincidindo coas Festas do Apóstolo. Alí, nunha esquina, sobre unha cadeira había exemplares que se vendían a 75 pesetas. A maior parte dos compoñentes dos grupos que bailaban compraban o libro, que eu lles dedicaba.

Tras o libro, os nosos emigrantes en Venezuela tiveron a xenerosidade de pagar un monumento en memoria do grupo de Gaiteiro de Soutelo. Os seus nomes permanecen esculpidos en agradecemento. Á inauguración acudiu o entón presidente da Xunta, José Quiroga. Na foto que adxunto aparecen o escultor, o poeta Maximino Castiñeiras, e Portela.

O entón alcalde, Manuel Brea, organizou unha Festa do gaiteiro, que se converteu no referente de recoñecemento de calidade de gaiteiros e de interese turístico galego. É unha festa consolidada, entrañable, creo que indiscutida e indiscutible. Aínda que lle falta aparecer nas edicións xerais dos xornais e nos telexornais nacionais e nas webs dedicadas as músicas de gaita. Pero todo se andará.

Anos despois, coincidindo co centenario do nacemento do noso Gaiteiro, o Concello de Forcarei tivo a xenerosidade de reeditar a biografía.

Case 40 anos logo de habela escrito, só podo expresar o meu agradecemento a tantos que axudaron á súa publicación e reedición, a tantos lectores.

Xosé Manuel Rivas Troitiño presentando na sala "Changüí" a biografía do "Gaiteiro de Soutelo. Ano 1977.
Libro "Forcarei - Historia fotográfica do século XX".

Celebración na "Changüí" da edición do libro sobre o Gaiteiro de Soutelo, de Xosé M. Rivas Troitiño. Ano 1977.
Revista Cotaredo nº II - 1999

Revista Triunfo

Redescrubrindo...

O sábado 21 de agosto de 2021 celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a “XLII Festa do gaiteiro de Soutelo”, en homenaxe a Avelino Cachafeiro. Dentro desta festa celebrouse unha charla/coloquio que levou por título "Redescrubrindo aos gaiteiros de Soutelo" onde participaron Juan Bautista Alberte, sobriño e voceiro do legado de Avelino Cachafeiro, Xosé Manoel Rivas Troitiño, autor do libro "O Gaiteiro de Soutelo, unha expresión da cultura popular" e o músico e investigador Rubén Troitiño.

Vídeos relacionados

Artigos relacionados