Gustaríache colaborar neste proxecto?
A charla está dirixida a aquel público interesado en coñecer máis en profundidade acerca das músicas da Terra de Montes. A través desta iniciativa, afondaremos tanto na historia destas músicas coma na súa evolución ao longo do tempo.
Ademais, ofrecerá a oportunidade de descubrir algunhas das anécdotas máis destacadas relacionadas coa comarca da Terra de Montes e permitirá ao público ter unha mellor comprensión e visión das historias e das persoas que estiveron detrás destas músicas. Os asistentes terán a oportunidade de ver algúns dos instrumentos musicais que se utilizaban no pasado e que foron recuperados.
A través da exploración desta tradición musical, espérase que os asistentes poidan apreciar e valorar aínda máis o traballo de recuperación e o legado histórico e cultural da Terra de Montes.
Esta charla foi presentada en diversos encontros culturais, destacando os seguintes eventos:
Programa "Lume na palleira" de Radio Galega Música (26 de xuño de 2022)
I Xornadas das Músicas da Terra de Montes - Cerdedo (22 de outubro de 2022)
Presentación do proxecto "Músicas da Terra de Montes" - IES Chano Piñeiro de Forcarei (23 de febreiro de 2023)
Xuntanza veciñal en Cerdedo (21 de xullo de 2023)
Terra de Montes, terra de músicas - MUSA (Sabucedo) (28 de outubro de 2023)