musicasdaterrademontes.com
Músicas da Terra de Montes é un proxecto creado polo músico Rubén Troitiño adicado ás músicas da comarca da Terra de Montes, centrándose na conservación, estudo e difusión das zonas do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo.
Neste portal web pódense ver os eventos organizados ou coa colaboración de Rubén Troitiño, ademáis do Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes onde poderedes facer un pequeno percorrido virtual polo que foron as músicas desa zona: gaiteiros, bandas de música, pequenas orquestras… xa que a maioria deles non foron famosas e famosos pero si populares, e grazas a isto todas as festas e romerías estaban amenizadas. Mantiveron a música viva durante moitos anos e deixaron un gran legado cultural.
Dentro deste apartado poderemos ler artigos coma os escritos sobre Avelino Cachafeiro, os gaiteiros de Soutelo, Ramiro Cortizo “O Capador de Muras”, Pedro Prado, bandas de música de Cerdedo, as pandeireteiras de Barro de Arén… e referencias a outras publicacións coma Canteiros e artistas de Terra de Montes e das Ribeiras do Lérez, Cancionero Musical de Galicia, as revistas Cotaredo e Metacios ou o Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego.
Toda a información compartida está en constante renovación coas últimas investigacións e novidades.
Este proxecto é totalmente altruísta e de libre consulta.
RUBÉN TROITIÑO
MÚSICO (CMUS Prof. Vigo)
Grao Profesional de Música en Gaita Galega
TÉCNICO DE SON (EISV – Vigo)
Técnico Superior de Son
MESTRE (UVigo)
Grao en Educación Primaria
Especialista en Educación Musica
Especialista en Audición e Linguaxe
MASTER EN NEUROPSICOPEDAGOXÍA