Gustaríache colaborar neste proxecto?
Nesta páxina web atoparás dous formularios deseñados para recoller información sobre a música na comarca da Terra de Montes. Estos formularios son unha ferramenta clave para documentar e poñer en valor o noso patrimonio musical.
Biografías: Un dos formularios está dedicado a recompilar información detallada sobre as vidas das tocadoras de pandeireta, campaneiros, gaiteiros e outras figuras fundamentais da nosa tradición.
Recollidas de campo: O outro formulario está pensado para documentar as recollidas de cancións, melodías, contos ou outros materiais vinculados á música tradicional da nosa zona.
Materiais orixinais: Ademais, animámoste a ceder materiais que posúas relacionados coas músicas da Terra de Montes, como fotografías antigas, partituras, instrumentos, cartelería ou outros obxectos de interese. Todos estos materiais serán catalogados e gardados como parte do arquivo vivo da nosa comarca. A súa conservación é fundamental para garantir que estas pezas únicas do noso patrimonio non se perdan co paso do tempo. Grazas a este esforzo, aseguramos que a nosa historia musical poida ser estudada, valorada e compartida polas xeracións presentes e futuras.
Queremos preservar a memoria das persoas que fixeron da música unha parte esencial da súa vida. A través destos datos, construímos un arquivo vivo que reflicta o seu legado, axudando a garantir que a nosa cultura siga viva para as xeracións futuras.
Ambos formularios son sinxelos de cubrir e están estruturados en diferentes seccións para facilitar a recollida da información.
A túa axuda é esencial para preservar o patrimonio inmaterial da Terra de Montes. Cada testemuño e cada recollida contribúen a visibilizar o labor de persoas que manteñen viva a nosa identidade cultural. Co teu apoio, aseguramos que esta riqueza non se perda no esquecemento e poida ser compartida con orgullo polas futuras xeracións.
Ademais de cubrir os formularios, tamén podes colaborar doando materiais relacionados coa nosa tradición musical: fotografías antigas, partituras, instrumentos, gravacións, cartelería ou outros obxectos de interese.
Todos estes elementos serán catalogados e conservados como parte do arquivo vivo da Terra de Montes, garantindo que este patrimonio único poida ser estudado, valorado e compartido polas xeracións presentes e futuras. A túa achega é esencial para que estas pezas non se perdan co paso do tempo e sigan enriquecendo a nosa memoria colectiva.
Cada historia, cada fotografía, cada obxecto e cada melodía son unha peza fundamental para reconstruír a memoria musical da Terra de Montes. A túa participación é clave para que este arquivo vivo siga medrando e para que o noso patrimonio cultural non se perda no esquecemento.