Arquivo/Museo virtual
A eternidade reside nos recordos que deixamos naqueles que nos coñeceron e amaron, e nos museos atesóranse as pegadas da nosa existencia para que as vindeiras xeracións tamén poidan aprecialas e aprender delas.
Terra de Montes comprende 30 parroquias e 226 aldeas en Beariz (26), Cerdedo (52), Forcarei (107) e Colindantes (41). Ocupa unha extensión de 375 km2, aproximadamente.
Parroquias da Comarca Histórica de Terra de Montes
Beariz, con 56,2 km2. e 3 parroquias: Beariz, Xirazga e Lebozán.
Cerdedo, con 79,9 km2. e 8 parroquias: Cerdedo, Pedre, Figueroa, Castro, Quireza, Tomonde, Parada e Folgoso.
Forcarei, con 168,4 km2 e 13 parroquias: Forcarei, Presqueiras (San Miguel), Presqueiras (Santa Mariña), Pardesoa, Soutelo de Montes (Magdalena), Millerada, Ventoso, Castrelo, Dúas Igrexas, Acibeiro, Pereira, Quintillán e Meavía.
Colindantes, con 67 km2 e 6 parroquias: Sabucedo, Morillas, Montes, Caroi, Barcia do Seixo e Zobra.
Na actualidade, o arquivo presenta máis de 280 artigos. Para consultar catálogo actualizado do arquivo, prema o seguinte botón.