Gustaríache colaborar neste proxecto?
Título: Agora vou cantar eu
Coordinación: Beatriz Busto
Estudo introdutorio: Beatriz Busto
Ilustración: Xoana Almar e Miguel Peralta
Limiar: Rosario Álvarez
Publicación: Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2025
Edición: 1ª edición
Descrición física: 1 estoxo (120 p., 12 lám., 16 p.): il. cor. ; 22 cm.
Notas_ Publicación editada en formato de estoxo, estruturada en dúas partes. Por unha banda presenta un estudo introdutorio e unha selección poética para a que se utilizou como única referencia documental o corpus anteriormente recollido no Cancioneiro Popular Galego (1984-1995), en coherencia cunha serie de criterios. Pola outra, ofrece doce postais con ilustracións de 14 mulleres informantes e un caderno co texto transcrito dun cantar escollido para cada unha delas acompañado dun código QR a través do que se pode acceder á correspondente gravación musical.
GRAVACIÓNS ORIXINAIS: Todas estas gravacións musicais publícanse grazas á cortesía das persoas e institucións que aquí se mencionan.
Colección Dorothé Schubarth-Antón Santamarina, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia: as de Estrela do Marmito, Josefa de Mongarillo e Dolfina de Añobres.
Servizo de Documentación e Arquivo CRTVG: as de Rosa de Moscoso, Josefa de Bastavales, Felicia de Fofe e Inés de Naipes.
Arquivo Polafía da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a das Pandeireteiras da Alén (Osoria Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos).
Arquivo persoal de Luís Prego: a de Áurea de Laxoso e veciñas.
Arquivo persoal de Leni Pérez: a de Concha do Canizo.
Arquivo persoal de Xerardo F. Santomé: a de Concha de Luneda.
Arquivo persoal de Xosé Lois Foxo: a de Ilda Álvarez Macía.
ILUSTRACIÓNS: As ilustracións de Cestola na Cachola inspíranse en fotografías que foron tomadas por estas persoas ou que se corresponden con imaxes dos arquivos das seguintes institucións, cedidas cortesmente para esta publicación.
Colección Dorothé Schubarth-Antón Santamarina, cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) - Museo do Pobo Galego: as de Estrela do Marmito e Dolfina de Añobres.
Servizo de Documentación e Arquivo CRTVG: as de Rosa de Moscoso, Áurea de Laxoso, Josefa de Bastavales, Concha de Luneda e Felicia de Fofe.
Arquivo Polafía da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a das Pandeireteiras da Alén (Osoria Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos).
Arredor da Tradición: as de Concha do Canizo (tamén cortesía de aCentral Folque), Josefa de Mongarillo e Inés de Naipes.
Disco de Ilda Álvarez Macía / Xosé Lois Foxo (comp.) (2009): a de Ilda Álvarez Macía.
RESTAURACIÓN DIXITAL E REMASTERIZACIÓN: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
ISBN: 978-84-17802-72-1
Depósito Legal: C 617-2025
Con esta publicación o Consello da Cultura Galega únese á celebración do Día das Letras Galegas 2025, que este ano sitúa no centro da homenaxe ás mulleres creadoras e transmisoras da poesía popular cantada. Neste caso, a escolma realizada rescata os nomes e alcumes, a voz, o rostro, a localización xeográfica e cronolóxica de catorce cantareiras, espalladas polo territorio galegófono, nunha representación coral e abranguente da diversidade real.