Orosia Gil Ramos
Orosia Gil Ramos naceu o 27 de marzo de 1922 no lugar da Alén, onde traballou nos oficios do campo, tivo gando, andou ao xornal e tamén trouxo á vida e criou un fillo, Manuel, que para os máis dos veciños é Manolo d'Orosia e actualmente coida con agarimo a súa nai. Filla ela do Tío Bautista, dos “Xiles” ou “Xilotes”, a señora Orosia criouse ao calor da fragua e coma o seu defunto irmán Eliseo -de quen se lembra tamén no lugar o seu saber no cantar e a elegancia no baile-, foi afeita a mazar no ferro, é forte e ten sempre sorriso na cara e a alegría xenerosa. Alén da arte do canto e dunha vasta memoria, que lle permite lembrar un grande número de coplas, coñece tamén outras historias de tradición oral, que conta co cariño e a cadencia precisas. Parece que lembramos aquel conto do año e máis a ovella, que estaban pacicando:
-Mamá, vámonos. Que virá o lobo, e comeranos.
-Pacica, meu fillo, pacica; que mañá choverá ou nevará, ou quen sabe o que fará...
E o lobo aparece, pero non triunfa.
[Poldo Cañizo]
Orosia Gil Ramos
Polafía - AELG
Que son as polafías?
Unha aposta da AELG a prol da literatura galega de tradición oral.
As polafías son un proxecto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogalía de Literatura de Tradición Oral (Antonio Reigosa e Lois Pérez), Antonio Reigosa, e que conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun/ha mantedor/a, divulgador/a ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor/a de feitío popular; dun/ha músico/a, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles/as son os/as auténticos/as protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías teñen unha duración aproximada de 90 minutos.
Colaboraron na organización
Clara Gil Ramos
Víctor Gil Ramos
Ana Diz Cendón
Ana Guerra Cañizo
Marisa Guerra Cañizo
Poldo Cañizo Durán
Agradecementos
Ás veciñas e veciños de Doade pola cesión do Local Veciñal
Lucinio Gil Tato
Marina Tato Varela
Jaime Diz Cañizo
Lidia Valiñas Durán
Eludín Cañizo Paz
Sinforosa Cañizo Paz
Ofelia Cañizo Paz
Dorinda Barros Rivas
Consuelo "Chelo" Durán Carballal
Consuelo "Selucha" Paz Ramos
Josefina Ramos Espiñeira
José "Pepe" Paz Ramos
Dorinda Barros Rivas
Aurelio Ramos Ogando
Pandeireteiras da Alén (Alsira Gil Ramos, Orosia Gil Ramos e Ólida Diz Ramos)
Marcelo González (O Tear de Llerena)
Guillerme Ignacio Costa (O Tear de Llerena)
Paula Gulías Diz
Odilo Rial
Pepe Rial
Albino Rial
Evaristo Martínez
Javier Varela
Nilo Quireza
Celso Fernández Sanmartín
Isidro Novo
Patrocinador
Consellería de Cultura
Xunta de Galicia
Coordinou
Antonio Reigosa (vogal responsable da Sección de Literatura de Tradición Oral)
*Neste apartado soamente compartiremos os vídeos relacionados coa música.
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017
27 de maio de 2017 Co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo
Sábado, 27 de maio de 2017, ás 18:00 horas
Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo
Co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo.
Sobre 130 persoas asistiron a un emotivo acto de entrega dos diplomas acreditativos de MESTRAS DA MEMORIA ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e do diploma de MESTRE DA MEMORIA a Serafín Mourelle Bugallo, da Coruña. Lamentabelmente non puidemos contar coa presenza das tres mullerres homenaxeadas: a idade, a distancia e algún problemas de saúde tiveron a culpa. Os seus respectivos recoñecementos foron recollidos por persoas das súas familias.
Ademais das persoas homenaxeados, interviron no acto:
Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta
Isidro Novo, escritor (vexa aquí o texto da súa laudatio a Serafín Mourelle)
Poldo Cañizo, escritor (vexa aquí o texto da súa laudatio ás Pandeireteiras da Alén)
Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG (vexa aquí o texto da súa intervención)
A música correu a cargo de Branca Villares e Ricardo Marcos Casás Salgado, e o mantedor do acto foi Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral da AELG.
Mestras da Memoria 2017: Pandereteiras Da Alén
Do lugar da Alén, Xirarga, Beariz, Ourense. Orosia Gil Ramos (95 anos) Alsira Gil Ramos (90 anos) e Ólida Diz Ramos (96 anos).
“Presenza viva da poesía e música, tesouro en vida onde repousan xotas, muiñeiras, pasodobres, cantares de reis, aturuxos e a sabedoría e a sensibilidade popular feita poema musicado." (Poldo Cañizo)
Alsira Gil Ramos
Ólida Diz Ramos
Polafía
Ai ruíña, ai ruada
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Lucinio Gil Tato e outros
Xénero: Cantar de ronda
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Lucinio Gil Tato (12-5-1942), Marina Tato Varela (27-7-1946), Jaime Diz Cañizo (23-3-1940), Lidia Valiñas Durán (27-11-1934), Dorinda Barros Rivas (11-9-1923), Aurelio Ramos Ogando (23-6-1928).
Nos seis lugares da parroquia celebrábanse, deica mediados dos anos 50, festas cada xoves e cada sábado. Aínda hoxe, en ocasións especiais coma a festa do patrón (o 6 de agosto) os veciños xúntanse e emerxen cantares coma os que aquí nos ofrecen. Entre eles, a ronda de "Ai ruíña, ai ruada", co que se podía abrir a festa ou "foliada". Outros son probablemente de fóra de Galiza, traídos polos veciños que ían traballar por España adiante, fose ás segas ou polo seu oficio.
Xa o di a copla:
Xirarguiña para cantar,
Xirarguiña para cantar.
Anque non cantan moi alto
sábeno adoneirar.
PANDEIRETEIRAS DA ALÉN
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo.
Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl...
Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón. Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando "Baila aquí, baila aquí mi morena" e tantas outras... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance "Eran dos enamorados que se querían".
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. "Nós dámoslle outra volta" dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Ai ruíña, ai ruada,
vinde mozos e mozas á foliada.
A foliada vai boa,
ela non vai de perder,
quen non ten amores nela
deseará de os ter.
Ai ruíña, ai ruada,
vinde mozos e mozas á foliada.
I agora que vén aí
o tempo das esfolladas,
para comer por aí
catro castañas asadas.
Ai ruíña, ai ruada,
vinde mozos e mozas á foliada.
I a foliada vai boa,
ela non vai de perder,
quen non ten amores nela
deseará de os ter.
Ai ruíña, ai ruada,
vinde mozos e mozas á foliada.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durá
Aires de La Habana
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Muiñeira
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores. Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo. Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl...
Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón.
Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando “Baila aquí, baila aquí mi morena” e tantas outras.... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros. Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance “Eran dos enamorados que se querían”.
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. “Nós dámoslle outra volta” dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Aires de La Habana,
Aires del querer,
Aires de La Habana
para no volver.
Para no volver,
para no volver.
Aires de La Habana
Aires del querer.
Axudame, axudame,
dádeme unha axudiña.
Que eu non me podo axudar
desta miña gharghantiña.
Aires de La Habana,
Aires del querer,
Aires de La Habana
para no volver.
Para no volver,
para no volver.
Aires de La Habana
Aires del querer.
Aghora non canto máis
Que se me acabou a ghracia
E aquela pouca que teño
Quéroa levar para a casa.
Lévoa para a miña casa
ai lalalala
ai lalalala
ai lalalalala.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Al pasar el río
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Lucinio Gil Tato e outros
Xénero: Cantar de ronda
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Lucinio Gil Tato (12-5-1942), Marina Tato Varela (27-7-1946), Jaime Diz Cañizo (23-3-1940), Lidia Valiñas Durán (27-11-1934), Dorinda Barros Rivas (11-9-1923), Aurelio Ramos Ogando (23-6-1928).
Nos seis lugares da parroquia celebrábanse, deica mediados dos anos 50, festas cada xoves e cada sábado. Aínda hoxe, en ocasións especiais coma a festa do patrón (o 6 de agosto) os veciños xúntanse e emerxen cantares coma os que aquí nos ofrecen. Entre eles, a ronda de "Ai ruíña, ai ruada", co que se podía abrir a festa ou "foliada". Outros son probablemente de fóra de Galiza, traídos polos veciños que ían traballar por España adiante, fose ás segas ou polo seu oficio.
Xa o di a copla:
Xirarguiña para cantar,
Xirarguiña para cantar.
Anque non cantan moi alto
sábeno adoneirar.
PANDEIRETEIRAS DA ALÉN
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo.
Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl...
Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón. Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando "Baila aquí, baila aquí mi morena" e tantas outras... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance "Eran dos enamorados que se querían".
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. "Nós dámoslle outra volta" dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]]
Texto transcrito
Al pasar el río, el río,
al pasar el río, la saia me cayó.
Cógela si quieres, si quieres,
cógela si quieres, si no la cojo yo.
Pasar el río no puedo,
pasar el río no puedo.
Pásalo bien de mi vida,
en tu caballo ligero.
Al pasar el río, el río,
al pasar el río, la saia me cayó.
Cógela si quieres, si quieres,
cógela si quieres, si no la cojo yo.
La despedida voy dando,
la despedida voy dando.
Ay, qué despedida alegre,
que me despido cantando.
Al pasar el río, el río,
al pasar el río, la saia me cayó.
Cógela si quieres, si quieres,
cógela si quieres, si no la cojo yo.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Baila aquí mi morena
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Xota
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Orosia Gil, Alsira Gil e Ólida Diz (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo. Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl...
Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón.
Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando “Baila aquí, baila aquí mi morena” e tantas outras.... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance “Eran dos enamorados que se querían”.
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. “Nós dámoslle outra volta” dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Baila aquí, baila aquí mi morena,
baila aquí que no hay polvo ni arena.
Aquí ni hay polvo ni arena ni hay nada,
baila aquí, baila aquí resalada.
Se che non estuvera rouca,
se che pudera cantar...
lugharciño da Cavada
había de resonar.
Baila aquí, baila aquí mi morena,
baila aquí que no hay polvo ni arena.
Aquí ni hay polvo ni arena ni hay nada,
baila aquí, baila aquí resalada.
Quien me diera tener
la gharghantilla de un ghallo,
las plumas de un rousinol
para cantar neste barrio.
Baila aquí, baila aquí mi morena,
baila aquí que no hay polvo ni arena.
Aquí ni hay polvo ni arena ni hay nada,
baila aquí, baila aquí resalada.
I-ayúdame compañera,
i-a dibughar esta rosa,
que yo solita no puedo
dibugharla tan hermosa.
Baila aquí, baila aquí mi morena,
baila aquí que no hay polvo ni arena.
Aquí ni hay polvo ni arena ni hay nada,
baila aquí, baila aquí resalada.
La despedida voy dando,
la despedida voy dando.
Ay,qué despedida aleghre,
que me despido cantando.
Baila aquí, baila aquí mi morena,
baila aquí que no hay polvo ni arena.
Aquí ni hay polvo ni arena ni hay nada,
baila aquí, baila aquí resalada.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Eran dos enamorados
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Romance
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo. Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl...
Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón.
Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando “Baila aquí, baila aquí mi morena” e tantas outras.... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance “Eran dos enamorados que se querían”.
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. “Nós dámoslle outra volta” dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Eran dos enamorados que se querían.
Había siete años que pretendían.
Ella lo amaba, ella lo amaba.
Él era un ghran tunante que la enghañaba, que la enghañaba.
El día de su santo le reghaló
un corte de vestido de ghran valor.
-Dime Juan lo que te pasa que estás muy triste.
-A mí lo que me pasa ya te lo dije:
que no te quiero, que tengo otra,
que mis ojos han visto otra más hermosa, otra más hermosa.
Lolita al oír esto se desmayó.
Juan estaba a su lado, de allí marchó.
Bajó su madre, su madre anciana,
La cogió por un brazo la llevó a cama, la llevó a cama.
-¡Ay, que noche está tan buena! ¡Cuántas estrellas!
Abre la ventana, madre, que quiero verlas.
-No, hija mía, que estás malita
y el aire de la noche te perjudica, te perjudica.
-Cierre la ventana, madre, venga a mi lado
que antes de morir quiero darle un recado:
si viene Juan a verme después de muerta
no dejará que pase de aquella puerta.
Y si pasara, y si pasara,
no dejará que bese mi linda cara, mi linda cara.
A las dos de la tarde fue el entierro.
Juan estaba en la puerta, pasó adentro.
Y a la tumba de Lola ramos y flores.
Y un letrero que dice muerta de amores, muerta de amores.
Y a la tumba de Lola ramos y flores, ramos y flores.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Xota
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Xota
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo. Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl... Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón.
Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando "Baila aquí, baila aquí mi morena" e tantas outras... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance "Eran dos enamorados que se querian".
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. “Nós dámoslle outra volta” dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
Pandeireteiros O Tear de Llerena
A Asociación Cultural para a Recolleita e Difusión da Música Tradicional Galega O Tear de Llerena nace na cidade de Pontevedra no ano 2000 co obxectivo primeiro de dar a coñecer a bagaxe cultural da sociedade tradicional galega á Galiza de hoxe.
O grupo de Pandeireteiros O Tear de Llerena xurde no berce da nomeada Asociación como formación estable dende o ano 2001. A traverso dela van dando a coñecer parte do importante Arquivo de Tradición Oral que se vai confeccionando dentro da Asociación desde a súa creación.
No ano 2005, os Pandeireteiros d’O Tear de Llerena editarán a súa primeira gravación de estudo, titulada “...a Jennifer...” (Edicións Falcatruada, 2005). Inclúe seis temas nos que a verdadeira protagonista é a voz –masculina neste caso-, acompañada de pandeiretas, latón, tixola, gaita e mesmo zanfona. Contén fundamentalmente cantares para o baile, agarrados ou soltos, extraídos todos eles do propio Arquivo do grupo, e procedentes de diversas zonas da Galiza coma Beariz (Ourense), O Morrazo, Mondariz ou Terra de Montes (Pontevedra).
Dende a súa formación, o grupo ten levado estas músicas por moi diversos lugares, tanto no seu entorno máis inmediato (Feira Franca de Pontevedra...) coma en diversos lugares da xeografía galega (Festa das Letras n’A Coruña, Noite Meiga en Ribadavia...) e mesmo fóra dela (L burro i l gueiteiro en Miranda do Douro -Portugal-; Festival Toxos e Xestas en Barcelona...).
Os pandeireteiros do Tear de Llerena son:
Marcelo González: Voz, pandeireta, tixola, bombo.
Xandre Outeiro: Voz, pandeireta, zanfona.
Xito Outeiro: Voz, pandeireta, latón, tamboril.
Guillerme Ignacio: Voz, pandeireta, gaita de fol.
Miguel Sotelo: Voz, pandeireta, caixa.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Arriba pola Portela,
miña real camarada.
Arriba pola Portela que polo camiño hai lama.
Esta noche por mi gusto
no he de dormir en cama
que la tengo de rondar
de la noche a la mañana.
Para cantar y bailar
soy como la primavera.
Pero para trabajar
tengo muy mala manera.
O pandeiro e mailas cunchas
María, miña María,
O pandeiro e mailas cunchas
Quitan a malencolía.
Axudame se querés,
axudame se querés.
Sabe Dios d’hoxe nun ano
se me aquí axudarés.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Muiñeira
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Muiñeira
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo. Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl... Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón.
Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando "Baila aquí, baila aquí mi morena" e tantas outras... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance "Eran dos enamorados que se querian".
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. “Nós dámoslle outra volta” dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
Pandeireteiros O Tear de Llerena
A Asociación Cultural para a Recolleita e Difusión da Música Tradicional Galega O Tear de Llerena nace na cidade de Pontevedra no ano 2000 co obxectivo primeiro de dar a coñecer a bagaxe cultural da sociedade tradicional galega á Galiza de hoxe.
O grupo de Pandeireteiros O Tear de Llerena xurde no berce da nomeada Asociación como formación estable dende o ano 2001. A traverso dela van dando a coñecer parte do importante Arquivo de Tradición Oral que se vai confeccionando dentro da Asociación desde a súa creación.
No ano 2005, os Pandeireteiros d’O Tear de Llerena editarán a súa primeira gravación de estudo, titulada “...a Jennifer...” (Edicións Falcatruada, 2005). Inclúe seis temas nos que a verdadeira protagonista é a voz –masculina neste caso-, acompañada de pandeiretas, latón, tixola, gaita e mesmo zanfona. Contén fundamentalmente cantares para o baile, agarrados ou soltos, extraídos todos eles do propio Arquivo do grupo, e procedentes de diversas zonas da Galiza coma Beariz (Ourense), O Morrazo, Mondariz ou Terra de Montes (Pontevedra).
Dende a súa formación, o grupo ten levado estas músicas por moi diversos lugares, tanto no seu entorno máis inmediato (Feira Franca de Pontevedra...) coma en diversos lugares da xeografía galega (Festa das Letras n’A Coruña, Noite Meiga en Ribadavia...) e mesmo fóra dela (L burro i l gueiteiro en Miranda do Douro -Portugal-; Festival Toxos e Xestas en Barcelona...).
Os pandeireteiros do Tear de Llerena son:
Marcelo González: Voz, pandeireta, tixola, bombo.
Xandre Outeiro: Voz, pandeireta, zanfona.
Xito Outeiro: Voz, pandeireta, latón, tamboril.
Guillerme Ignacio: Voz, pandeireta, gaita de fol.
Miguel Sotelo: Voz, pandeireta, caixa.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Esta muiñeira nova,
Esta nova muiñeira.
Esta muiñeira nova
Tróughena eu da Ribeira.
Non che podo que estou rouca,
Non che podo que estou rouca.
Que che durmín no muíño
Esta noite a mai-la outra.
Fun ó Muíño de Baixo
E volvín polo de Riba.
O de Baixo ten ferrollo
E o de Riba caravilla.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Pasodobre
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011 Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Pasodobre

Concha del alma, vámonos
a la alameda y allí nos
dieron de puñaladas.
Coge la manta y vámonos.
Miña garghantiña rouca,
miña garghantiña rouca,
heite de levar á feira,
heite de trocar por outra.
Ai, ai,
Heite de trocar por outra
D’onde son, d’onde serán?
D’onde serán, d’onde serán?
Dese lughar de Xirargha,
daquela terriña chan.
Una despedida sola,
una sola despedida.
Una despedida sola
para ti bien de mi vida.
Autor/a da transcrición: Poldo Cañizo Durán
Tarrantantán
Polafía: Xirarga-Beariz (Ourense)
Lugar: Local Veciñal de Doade
Data: 1 de outubro de 2011
Informante/Intérprete: Pandeireteiras da Alén
Xénero: Sen especificar
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: e~xenio
Texto de presentación
Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (90 anos, 90 anos e 85 anos)
Dos seis lugares da parroquia de Xirarga sempre destacou o lugar da Alén pola sona do ter moi bos tocadores, cantadores e bailadores.
Noutro tempo, en que na Alén había un cento de veciños, era frecuente oír os seus cantares cando volvían cos carros cargados de toxo, de centeo ou de herba seca polo Casteliño abaixo. Gardamos na memoria aqueles seráns na eira da Alén, ou no Santo Domingo, ou na carballeira do Cotapereira..., nos que nos regalaron a todos a súa beleza.
Orosia, Alsira, Ólida, Celsa, Sara, Aurelio, Adelia, Odilo, Manolo e tamén Eliseo, Raúl... Os Xiles, "os Xilotes", os fillos do tío Bautista, Eliseo e Orosia, naceron cun aquel especial. Criados ao calor da fragua, afeitos a mazar no ferro, fortes e mais sempre co sorriso na cara e a alegría no corazón.
Lembramos a fermosura da voz de Eliseo cantando "Aires de la Habana", lembrámolo cantando "Baila aquí, baila aquí mi morena" e tantas outras... lembrámolo tamén bailando coa súa muller Celsa. Os pés sempre flotando no aire, marabillosamente lixeiros.
Orosia segue sorríndonos, abrazándonos, abríndonos a porta da súa casa na Alén. Orosia segue emocionándonos cando desde a súa solaina nos canta o romance "Eran dos enamorados que se querian".
Alsira, tamén é dos Xilotes, non o nega. Debaixo do corredor da súa casa hai un banco, aos veciños préstanos moito sentarse alí ao abrigo a falar con ela dos seus recordos da vida. A pandeireta está enriba, na casa, sempre pronta, e na súa memoria garda as coplas que sempre cantou nas festas da aldea.
O xeito de tocar dos da Alén é distinto ao do resto dos lugares. “Nós dámoslle outra volta” dinos Ólida. Con Ólida aprenderon moitos máis novos a tocar. A súa sobriña Ana, e a filla de Ana, Pauliña, herdaron dela a voz e o amor pola nosa música.
Hoxe aquí, que toquen coma antes, só están Orosia, Alsira e Ólida. É un pracer oílas tocar e cantar. Elas son o noso tesouro inmaterial que queremos conservar e transmitir.
Pandeireteiros O Tear de Llerena
A Asociación Cultural para a Recolleita e Difusión da Música Tradicional Galega O Tear de Llerena nace na cidade de Pontevedra no ano 2000 co obxectivo primeiro de dar a coñecer a bagaxe cultural da sociedade tradicional galega á Galiza de hoxe.
O grupo de Pandeireteiros O Tear de Llerena xurde no berce da nomeada Asociación como formación estable dende o ano 2001. A traverso dela van dando a coñecer parte do importante Arquivo de Tradición Oral que se vai confeccionando dentro da Asociación desde a súa creación.
No ano 2005, os Pandeireteiros d’O Tear de Llerena editarán a súa primeira gravación de estudo, titulada “...a Jennifer...” (Edicións Falcatruada, 2005). Inclúe seis temas nos que a verdadeira protagonista é a voz –masculina neste caso-, acompañada de pandeiretas, latón, tixola, gaita e mesmo zanfona. Contén fundamentalmente cantares para o baile, agarrados ou soltos, extraídos todos eles do propio Arquivo do grupo, e procedentes de diversas zonas da Galiza coma Beariz (Ourense), O Morrazo, Mondariz ou Terra de Montes (Pontevedra).
Dende a súa formación, o grupo ten levado estas músicas por moi diversos lugares, tanto no seu entorno máis inmediato (Feira Franca de Pontevedra...) coma en diversos lugares da xeografía galega (Festa das Letras n’A Coruña, Noite Meiga en Ribadavia...) e mesmo fóra dela (L burro i l gueiteiro en Miranda do Douro -Portugal-; Festival Toxos e Xestas en Barcelona...).
Os pandeireteiros do Tear de Llerena son:
Marcelo González: Voz, pandeireta, tixola, bombo.
Xandre Outeiro: Voz, pandeireta, zanfona.
Xito Outeiro: Voz, pandeireta, latón, tamboril.
Guillerme Ignacio: Voz, pandeireta, gaita de fol.
Miguel Sotelo: Voz, pandeireta, caixa.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]
Texto transcrito
Pirindenghes nas orellas
tamén os leva o meu can.
Cando vai atrás da lebre
vai mirando se lle can.
Carretera de Xirarga,
as silveiras botan flores.
Por aquela carretera
pasean os meus amores.
Heiche de dar viño tinto,
por riba pan balorento.
Non me sígha-las pasadas
mira que perde-lo tempo.
Písalle a punta do pé,
písalle a punta do pé.
Anque lla pises e pises,
ela para ti non é.
María si fueras rosa
te llevaba en el sombrero.
Pero como eres María
en el corazón te llevo.