Manolo Lubián

Publicación aprobada para a súa difusión.

Estudio da parroquia de Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade, a través do seu territorio, as costumes da súa poboación e do seu patrimonio.

PERSONAXES

Manolo Lubián.- Fillo dun mariñeiro (Ramiro) casado na parroquia e de Basilia de Medelo, da casa dos Caramés (outra das historias ricas da parroquia), foi o máis famoso gaiteiro ("La Flor de la Montaña") e acordeonista da parroquia, co meu tío Xesús no clarinete, Pepe da Laxa na caixa e Argimiro no bombo.

FIxo estudos de contabilidade e ensaiou, antes de emigrar ao Brasil, mil e unha actividades, todas exitosas: taberneiro, leiteiro, transportista, nun carro de cabalos, e promotor do primeiro local de baile privado da parroquia.

Coa súa marcha para Bahía, onde morreu e viven os seus fillos, a parroquia perdeu un dos seus mellores e máis animados mozos, e eu, o seu curmán, o máis xeneroso protector naqueles anos de fame e orfandade.

Baile na romería de Santa Mariña. Ao acordeón Lubián.

Manolo Lubián, Pepe da Laxa, Manuel do Coto e Vitorino da Cavadosa (sentado), na feira de Doade.

Artigos relacionados