Camiña

Camiña, o "gheiteiro" de Abelaíndo, foi un músico cerdedense do século XIX. Un vello punteiro grileiro (afinación: RE aprox.) axeitado para o toque pechado é o único testemuño do seu labor.

Esta peza recuperouse de entre as cinzas, xa que a casa onde viviu foi asoballada polo lume en setembro do ano 1926. A actual casa do Gheiteiro, en Abelaíndo (Cerdedo), é reconstrución, pois, da orixinal.