Luciano Lemos Gómez

Luciano Lemos Gómez naceu no lugar de Bueu, situado ao norte da panínsula do Morrazo, no ano 1933. Corrían tempos difíciles, "de moita fame" coma el dicía, é por iso que tiveron que marchar das súas orixes cara outras terras chegando ao lugar de Fondós (Quireza) quedando xa a vivir polo resto da súa vida. 

A fotografía foi feita o 29 de abril de 2016 por Rubén Troitiño nunha das entrevistas realizadas xunto a José Luis Troitiño, nesta data os seus recordos xa eran algo difusos cando intentaba facer memoria dos tempos pasados. 

Chegou a tocar en moitas zonas da contorna coma Tenorio, Viascón, Cerdedo, Campo Lameiro, Viascón, Carballedo, Chacente, Codeseda, A Estrada… tanto coma gaiteiro solista coma con outros gaiteiros da zona de Cuntis. Cando había festa na contorna xuntabanse dous ou tres e ían tocar, dependendo do día. Non recorda ben os nomes, soamente que a veces tiña un compañeiro chamado Julio, según el debía ser tratante de madeira e outro gaiteiro que viña da zona das Rías Baixas, concretamente de Bueu, chamado Paco "Rin-Ran".

Nunha das súas entrevistas falounos dos Durán:

Unha familia de músicos que tiveron que emigrar para Venezuela.

Como dato a destacar comentou o uso das palletas feitas de ghueso (óso), según o que comentaba as de cana eran máis ruíns, non as facía el xa que non lle daban bo resultado e xa na última tempada as mercaba en Pontevedra. Os pallóns do ronco soía facelas coas canas dos fogos.

Chegou a tocar a gaita no servicio militar, que durou uns 21 meses. Ademáis de vivir en Fondós, coma moitos outros da zona estivo emigrado en Suiza.

Luciano faleceu en Fondós o 18 de xaneiro de 2017 aos 84 anos de idade. Compartimos unha das fotografías que aínda se conserva del tocando, por desgraza non se conserva o seu instrumento.

A fotografía anterior, propiedade de Roberto Vázquez, foi sacada en Basilea (Suiza) a principio dos anos 70. Nela podemos atopar, de esquerda a dereita, a Pepe o fachado de San Isidro (coa pandeireta), Manuel Sanmartín, de Parada (Campolameiro), o rapaz, Roberto Vázquez (fillo de Serafín), Luciano Lemos á gaita, Manuel González, coñecido coma o fogueteiro, do lugar de Tresaldeas e Serafín Vázquez, do lugar de Cuíña.

Artigos relacionados