Pedro Prado López

Pedro Prado López (Folgoso, Cerdedo 15/05/1924 – Fontela, Forcarei 05/03/2011) cerdedense de nacemeto aínda que afincado no concello veciño de Forcarei, irmán de Asensio Prado López, coñecido coma O manco de Vichocuntín (Cerdedo). Gaiteiro e percusionista autodidacta.

Eu aprendín así, de golpe e porrazo, marchaba alí para o cuarto e púñame na ventana e veña música. E salía! Salín con ela!

Deixamos unha pequena referencia nestea web da súa existencia engadindo algunha fotografía da súa gaita, feita en madeira de buxo (afinación en sib aproximadamente) mercada no obradoiro de Poceiro (Pontevedra).

…A gaita tiña fleques e tiña todo, pero rillaron todo os ratos…

Nas fotografías podemos observar o fol de goma orixinal, que na actualidade non se conserva, co veludo granate. Tanto as palletas coma os pallóns corrían por conta del, construíndoas a partir de canas dos fuegos. Fora o seu irmán Asensio, tamén gaiteiro co que tocaba de vez en cando, quen lle ensinara a facelas. Tamén se xuntaba cun curmán para tocar, chamado José María:

As palletas facíaas eu, con canas de fuegos, e tocaban que mandaba carallo!

Na súa faceta de percusionista tocou bombo e tambor, o que el denominaba redoblante, dicindo que o tocaba moi ben, sendo capaz de acompañar a calquer gaiteiro.

Fotografías sacadas no lugar de Fontenla, o 10 de xuño de 2006. Na última podemos ver a José Luis Troitiño xunto a Pedro Prado.

Fotografía actual desta gaita, doada por Pedro Prado a Rubén Troitiño no ano 2006.

Artigos relacionados