Xigantes e Cabezudos
Forcarei

Os xigantes e cabezudos, elementos festivos emblemáticos, teñen un papel destacado nas celebracións tradicionais de moitas localidades galegas, incluíndo a área do antigo concello de Cerdedo e o concello de Forcarei. Por esta razón, decidimos dedicarlles un espazo especial dentro deste arquivo virtual.

Xigantes das Dores no anos 40, acompañados por Jaime Barreiro á gaita.
Imaxe obtida do libro: Forcarei - Historia fotográfica do século XX

Outra  vista dos xigantes nas festas das Dores e nos anos 40. Aínda había seis.
Imaxe obtida do libro: Forcarei - Historia fotográfica do século XX

Os xigantes cos nenos de Focarei nos anos 70, na rúa Progreso. Xa só hai cinco.
Imaxe obtida do libro: Forcarei - Historia fotográfica do século XX

Procesión das Dores pola rúa Progreso, no ano 1956. Caresín "guiando" os xigantes. Grupo de gaitas descoñecido.
Imaxe obtida do libro: Forcarei - Historia fotográfica do século XX

Procesión das Dores do ano 1959 pola rúa Progreso de Focarei. Banda de música descoñecida.
Imaxe obtida do libro: Forcarei - Historia fotográfica do século XX

Xigantes e cabezudos á porta da igrexa nos  anos 50.
Revista Cotaredo - NºVIII - 2005

Xigantes nos anos 80, facendo un descanso no adro da igrexa de Forcarei.
Imaxe obtida da web do Concello de Forcarei.