Prensa

Cerdedo conta cunha Praza da Música en honor á súa banda 

16 de outubro de 2022

Cerdedo conta cunha Praza da Música en honor á súa banda 

A localidade acolleu os actos da primeira das Xornadas das Músicas de Terra de Montes, que continuarán a vindeira fin de semana en Forcarei

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e os tenentes de alcalde Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro presidiron a inauguración da placa da Praza da Música, adicada ás bandas de música de Cerdedo, que se ubica no espazo público anexo á Escola de Música desta localidade. 

O evento produciuse no transcurso das I Xornadas das Músicas da Terra de Montes organizadas polo musicólogo Rubén Troitiño e que terán continuación o vindeiro sábado 22 de outubro en Forcarei. O acto cos músicos que conforman a actual Banda de Música de Cerdedo. 

Momentos antes de proceder á inauguración oficial da praza, tomou a palabra Rubén Troitiño, organizador das I Xornadas das Músicas da Terra de Montes, quen enxalzou o labor das persoas que impulsaron as bandas de música de Cerdedo e a vocación musical  de Cerdedo-Cotobade. 

Á súa vez, Jorge Cubela, agradeceu o traballo organizativo de  Troitiño para conseguir a celebración destas xornadas e salientou o importante labor que levan a cabo o director e mestres da Escola de Música de Cerdedo así como os pais que sempre acompañan e dan respaldo aos seus integrantes. 

O alcalde salientou tamén o labor que fan outras agrupacións musicais de características similares no municipio así como a gran tradición musical das agrupacións folclóricas, grupos de baile, etc.

Entre outros actos, na xornada de onte Manuel Campos impartiu un relatorio sobre as bandas de música de Cerdedo ao longo da historia.

Para rematar o acto, a Banda de Música de Cerdedo, baixo a dirección de José Luís Loureiro interpretou o himno galego e unha peza máis do seu variado e completo. 

O momento máis distendido desta primeira xornada foi o do descubrimento da placa, pois o integrante máis novo desta agrupación, Sergio Bouzas e o de maior idade, Santiago Lamas, foron os encargados desta tarefa. 

As I Xornadas das Músicas da Terra de Montes que comezaron ás 10 horas da mañá coa celebración dun obradoiro sobre introdución á tecnoloxía, mantemento e reparación dos instrumentos de vento madeira impartido por Pablo Pascual. 

Pola tarde,no Centro Multisocial  estreouse unha exposición baixo o título xenérico de As Bandas de Música de Cerdedo. Ademais, entre as 18 e as 19 horas, no Centro Multisocial tivo lugar a conferencia As Bandas de Música de Cerdedo, impartida por Manuel Campos. 

A xornada pechouse cun concerto presentado pola xornalista Teresa Cuíñas e protagonizado polas bandas de música de Forcarei e Cerdedo