Prensa

Xuntanza veciñal en Cerdedo para preservar a memoria musical

21 de xullo de 2023

O proxecto Música da Terra de Montes, de Cerdedo, convocou unha reunión comunitaria para o próximo mércores, 26 de xullo, na antiga Cámara Agraria (Correos). Dende a organización animase aos veciños a aportar datos, fotos e outros materiais para expandir o arquivo virtual da comarca. Os asistentes poderán levar fotos antigas relacionadas coa música, que erán dixitalizadas no mesmo día para o seu rexistro permanente e para unha mellor accesibilidade no futuro.