Gustaríache colaborar neste proxecto?
Faleceu José María Gulías Picón, Caladiño, unha persoa moi querida en Forcarei e, especialmente, en Soutelo de Montes.
Home traballador, zapateiro, carteiro rural, garda xurado, pero músico por riba de todo. Formou parte da historia musical do pobo xunto a Os Gaiteiros de Soutelo e máis tarde coa súa Orquesta Changüí, deixando lembranzas e moitos momentos compartidos.
Hoxe quedamos coa súa memoria e co agradecemento por todo o que aportou.
Unha aperta grande para a súa familia e persoas achegadas.
Descansa en paz.
Notas de prensa publicadas o xoves, 5 de marzo de 2026, no periódico Faro de Vigo e La Voz de Galicia polo falecemento de José María Gulías Picón.