Gustaríache colaborar neste proxecto?
A Asociación Amigos da Terra de Montes vén de anunciar as persoas e entidades galardoadas coas Medallas de Ouro 2025, un recoñecemento que distingue a quen traballa en favor da identidade, a cultura e a vida comunitaria da comarca.
Nesta edición, as medallas recaen en Eduardo Pazos (Beariz), a Comisión de Festas de Pardesoa e Rubén Troitiño.
Recibir a Medalla de Ouro da Asociación de Amigos da Terra de Montes é unha honra que me emociona profundamente. Grazas de corazón por esta distinción, que sinto como un recoñecemento colectivo a todas as persoas que traballan pola nosa cultura e identidade.
Este camiño non o percorro só: cada melodía, cada historia recuperada é froito do amor á nosa terra e da colaboración con moita xente comprometida. Agradezo inmensamente o apoio, a confianza e o agarimo que sempre me brindades.
Grazas por facerme sentir parte deste legado. Seguimos!
— Rubén Troitiño