Gustaríache colaborar neste proxecto?
No apartado dedicado ao histórico cuarteto Os gaiteiros de Soutelo desta páxina web, atoparás dúas fotografías que nos levan ata o lugar de Bouzas (Vigo). Alí descubrimos un dos escenarios onde o grupo posou xunto ao cruceiro que, aínda hoxe, segue en pé como recordo vivo da súa presenza.
Estas imaxes mostran ao cuarteto sen Fermín, pai dos irmáns Avelino, Castor e Bautista. Na primeira fotografía, os músicos aparecen enriba do cruceiro, nunha estampa que reflicte á perfección o espírito da época e o orgullo da música tradicional galega. Esta imaxe acadou unha gran difusión: foi publicada na revista Mundo Gráfico en 1929 e, anos despois, en Estampa en 1932.
Revista Mundo Gráfico (1929):
Vigo.—Los gaiteros de Sotelo d’o Monte, que embarcaron para Buenos Aires con objeto de dar varios festivales en el Centro Gallego.
A segunda fotografía, tomada tamén en Bouzas o mesmo día, foi publicada no xornal El Pueblo Gallego en 1929, contribuíndo a proxectar a imaxe e a música deste cuarteto cara a un público máis amplo, dentro e fóra de Galicia.