Fotografías sen clasificar

A banda de música tocando para o baile en Soutelo de Montes. 

Fotografías extraida do álbum "Homenaje a Don Alfredo González Barros". Nel podemos atopar un total de 25 fotografías tomadas polo fotógrafo soutelán Virxilio Viéitez. Neste álbum podemos ler o seguinte texto:

"Los feligreses de la comunidad parroquial de Sta María Magdalena de Montes y los vecinos del pueblo de Vilapouca ofrecen a D. Alfredo González Barros y a su distinguida esposa Dña. Ramona Penas Vilar este album en testimonio de adhesión y sincera gratitud por la colaboración prestada a todas las obras parroquiales realizadas en los once años en que fue párroco D. Manuel Cacheda Vigide en especial por la construcción de la nueva Iglesia Parroquial (22+VIII+60-22+VII+64) y la traida de aguas (3+X+64) a los pueblos de Sotelo y Vilapouca."

"Sotelo de Montes, diciembre de 1.954-octubre de 1.964"

Álbum familia González Ruibal e cedidas por Ana Doval Fraíz, persoa encargada a tutela do álbum. Moitas grazas por deixar compartir outro anaco de historia de Soutelo de Montes.

Festa da Saleta (Bugarín). Sen data. Ao fondo podemos ver algúns instrumentos dunha banda de música. Fotografía de Luis Bello publicada no Facebook de "Fotos Antigas do Val de Quireza".

Datos descoñecidos. Podemos a dous acordeonistas. Fotografía de Milagros Iglesias publicada por Luis Bello no Facebook de "Fotos Antigas do Val de Quireza".

Familia de Baldomero de Vilaverde (Aciveiro) na eira da casa. Anos 20.

Ruada. Inauguración da casa do pobo en Folgoso.

Ruada. Inauguración da casa do pobo en Folgoso.

Procesións relixiosas. A fotografía pertence á festa do Pilar, celebrado o día 12 de outubro do ano 1949. Publicada na revista Metacios, en xaneiro de 2012.

Artigos relacionados