Gustaríache colaborar neste proxecto?
Título: Cancioneiro Galego Serodio
Gravación, compilación e transcrición de textos: Xabier Díaz
Coordinación: Alicia Arias
Comunicación: Lara Lozano
Edición de texto: Noemi Basanta
Fotografía da portada e contraportada: Nébeda Piñeiro
Retoque fotográfico: Nébeda Piñeiro e Carlos Abal
Edición e masterización de audio: Tomás Ajeitos
Deseño editorial e maquetación: Andavira Editora
Impresión e encadernación: Tórculo
ISBN: 978-84-09-69084-8
Depósito Legal: C 53-2025
Unha viaxe polo país das mil muiñeiras
Despois de catro décadas de ollada e atención ás músicas e líricas dun pobo, este cancioneiro é una pequena pinga no tempo, sen lugar a dúbida. Chamámoslle “serodio” xa que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste que nos toca transitar, mais non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes aos que non se lles tiña prestado atención, por difícil que poida parecer. Como ben sabemos, o corpus do cancioneiro dun país cantor e lírico por excelencia coma o noso, viaxou na memoria de miles de mulleres, xeración tras xeración ao longo do tempo, sen que poidamos atrevernos a datar o momento iniciático de tan fabulosa viaxe.
Este é un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Xorde, por unha parte, da viaxe dun mozo de vinte anos que comenza a facer traballos de campo como ese amador, folclorista, curioso e afeccionado polo noso folclore que aínda segue a ser. Ademais, tamén contribúe a revalorizar a música e baile que dura ata os nosos días.
A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foron realizadas ao longo de trinta anos de camiño, vén adornada de anécdotas, sorpresas, e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro, dándolle una dimensión próxima á experiencia que vivín en primeira persoa.
Estou feliz de poder compartir con vós esta viaxe pola terra as mil muiñeiras, Xabier.
As ovellas van no monte
e o pastor non vai con elas:
— Baixade, ovellas, baixade,
por esas pedras marelas.
Andiveches tumba, tumba,
e andiveches dálle, dálle
non topaches a quen quixeches,
e a min nada se me dá-i-e.
Pra cantar non teño ghracia,
pra cantar non son ghraciosa,
para cantar non teño ghracia,
que ma levou unha rosa.
Mira que bandiño deles!
Nostra señora do Carmen
me dea sorte con eles.
Non me mires, non me mires,
non me mires do revés,
non me mires, non me mires,
que eu ben sei que ghuapo es.
Suspirando din un «ai»;
detrás do «ai», un suspiro.
Quen me dera ter no corpo
i-onde teño o sentido!
Sei moitas de María Santísima, pero non me acordan aghora. Ooooi! Tiña para toda a noite!
Informante: unha veciña
Zozobra (Lalín)
Informantes: Hortensia Taboada e Amparo Dobarro