Elías Sueiro Sieiro
Elías Sueiro Sieiro naceu no lugar de Cavenca, na antiga reitoral de San Salvador. Ademáis de ser gaiteiro unha das cousas que se comenta pola zona é a do bo artesán que foi. En relación a isto era unha das persoas que facía percusións, en concreto caixas e tamén os foles para as gaitas.
Elias tiña o lugar de ensaio debaixo do cuberto que posúe a casa onde tocaba e xa de paso se reunían as mozas e mozas de Cavenca e Revolta, lugar veciño, para facer as ruadas.
A día de hoxe consérvase os restos da súa gaita cunha afinación aproximada ao Si bemol construída en madeira de buxo no obradoiro de García de Riobó.
Artigos relacionados
Artigos relacionados