Gustaríache colaborar neste proxecto?
Isidro Nieto Varela foi o fillo más vello de Andrés Carmelo Nieto Bértolo, irmán de José María Nieto Varela, irmán do medio, e Severino Nieto Varela, o irmán máis novo. Isidro naceu 25 de outubro de 1900. A súa especialidade era o clarinete.
Segundo información facilitada por Mercedes Giadás Álvarez, bisneta de Andrés Carmelo Nieto Bértolo, quen se puxo en contacto co proxecto Músicas da Terra de Montes e achegou tamén material fotográfico familiar, Isidro Nieto Varela marchou de Cerdedo para traballar como chófer en Vigo. Era un grande afeccionado á música, dispoñía de gramófono e dunha ampla colección de música de bandas. Descoñécese a súa data exacta de falecemento, aínda que se indica que morreu en Cerdedo con arredor de 40 anos tras enfermar.
Fotografía de Isidro Nieto Varela cedida por Mercedes Giadás Álvarez.