As bandas de música de Cerdedo
Manuel Campos Toimil

Fragmento do programa Alalá nº 108 adicado á A. C. Os Abrentes de Cerdedo.
Data de emisión: 21 de abril do 2009 na Televisión de Galicia.

As bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro As Bandas de Música de Cerdedo ven a encher este baleiro. Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo. As Bandas de Música de Cerdedo, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros Os Abrentes de Cerdedo.

Nesta obra, téntase reconstruir a historia das bandas cerdedenses nun apaixonante percorrido que nos leva a rememorar multitude de situacións e anécdotas. A historia das bandas é tamén a daquela xente que formaba parte delas. Así, ademais presentar a todos os directores, apórtanse datos biográficos de preto de 140 músicos que formaron parte dalgunha destas agrupacións. Todo isto ilustrado cunha gran cantidade de fotografías, a meirande parte delas con máis de 50 anos de antigüidade. Compre dicir que As Bandas de Música de Cerdedo é un proxecto que vai máis alá do propio libro. Nos anos de investigación recuperáronse e restauráronse algúns dos instrumentos que pertenceran ás diferentes bandas, así como parte das partituras que conformaban os seus repertorios. Trabállase ademais co propósito de recuperar algunhas das composicións para banda dos mestres cerdedenses

Índice do libro

Esta publicación de máis de 250 páxinas divídese en 6 grandes apartados:


Presentación

O día 27 de novembro do 2010, ás 19:30, tivo lugar a presentación do libro As bandas de música de Cerdedo do autor Manuel Campos Toimil, coa colaboración de José Luis Troitiño e Rubén Troitiño, no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio). A este evento asistiron aproximadamente 120 persoas que se achegaron ao auditorio municipal.

A presentación comezou coas palabras do presentador, Roberto Vázquez, seguido dun vídeo explicativo sobre o libro. O autor, Manuel Campos, falou da súa estrutura e ofreceunos un pequeno esquema de todas as bandas de música que existiron en Cerdedo. Tamén participaron nesta presentación algúns dos músicos das antigas bandas, como Julio Durán Sieiro, José Antonio Varela Márquez, José Igleias Lavandeira, Nicolas García Fortes e Eduardo Troitiño Varela, quen compartiron as súas vivencias daquela época. Foron entregados exemplares do libro a estes músicos, pois foron as fontes principais de información para a elaboración deste traballo. 

Ademais, o libro As bandas de música de Cerdedo foi entregado ao representante da Banda de música Unión de Campolameiro, por parte de Manuel Campos, e ao Concello de Cerdedo, entregado por Rubén Troitiño, presidente da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, e recibido polo Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Cerdedo, D. Silvestre José Balseiros Guinarte.

Esta presentación concluíu coa actuación da Banda Unión Cultural de Campolameiro.

Prensa

Onde mercalo?

A. C. Os Abrentes de Cerdedo

www.osabrentesdecerdedo.com
osabrentes@gmail.com

Prezo: 20€

Artigos relacionados