José Fernández García

José Fernández García do lugar de Bugarín (Cerdedo) naceu o 20 de xullo de 1915 e faleceu o 1 de xaneiro de 1988. Canteiro, zapateiro e músico (tocaba a caixa). 

Podemos atopar no libro de Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez do autor Antonio Rodríguez Fraíz a un Xosé Fernández tamén do lugar de Bugarín, pero os datos non son os mesmos.

Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez

ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS

Xosé Fernández

Gaiteiro e zapateiro nado en Bugarín —Castro— sobor de 1875, tendo o pasamento no 1940.

Cos axudantes Victorino e Aleixandre, foi un dos millores gaiteiros de Terra de Montes. Por máis de meio século aledaron cos seus repeniques todas as festas, ruadas, casoiros e cinzarradas da Comarca.

Artigos relacionados