Anselmo Antonio Varela
Peretes

Anselmo Antonio Varela "Peretes", tocador de zanfona do lugar de Chamosa (Forcarei) de finais do século XIX.

O vello da zanfona (Anselmo Antonio “Peretes”). Fotografías de Francisco Zagala, c. 1885. Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra.

Joaquín Pintos - O vello da zanfona, 1924. Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra.

Anselmo Antonio "Peretes". Foto: Saenz Mon 1924? - F. Zagala 1885? Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra.

Achegas ao coñecemento da zanfona e os cegos na músisca popular
Pablo Quintana López

Pablo Quintana López deixa o seguinte comentario na fotografía publicada de Anselmo no seu artigo na revista Fol de Veleno, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº 4 do ano 2014:

A fotografia está firmada por Sáez Mon y Novás, pertence á "Colección Feijoo" e, ademais da sinatura do fotógrafo no anverso, na parte posterior hai dous textos manuscritos a lapis. Un deles é a adicatoria: "A Perfecto Feijoo Director del Coro 'Aires da Terra' le dedica este retrato de uno de los últimos tocadores del popular instrumento su devotísimo amigo. Juan Manuel Sáez Mon [firma]. Pontevedra, 9 de diciembre 1924" e o selo do fotógrafo. Tamén ten pegada unha nota manuscrita de Perfecto Feijoo que di: "Esta fotografia me la dedicó mi joven amigo Juan Manuel Sáez Mon y es de Anselmo Antonio (a) Peretes natural de Forcarey. Fué casado cinco veces. Es el último sanfonista que andubo [sic] por Pontevedra".

Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei
Juanjo Fernández

Así o recolleu Juanjo Fernández no seu libro "Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei":

Outro rastro de música antiga en Forcarei, neste caso especialmente atractivo, é o do tocado de zanfona Anselmo ANtonio Varela Peretes, inmortalizado polo fotógrafo Zagala ao redor de 1.885, que tiña por oficio deambular solicitando dádivas en casas particulares e sitios públios. Acompañábase dun lazarillo para o guiar polos camiños, ademais de axudarlle cantando e con algún instrumento de percusión. Trátase dunha información que foi dada por Adelino Pichel, en primeiro lugar pero contrastada posteriormente con descendentes deste tocador de zanfona, no lugar de Chamosa (Forcarei).

Artigos relacionados