Os gaiteiros de Soutelo
Os Gaiteiros de Soutelo son un grupo de referencia na música galega, tanto na Terra de Montes como en Galicia. Este cuarteto de gaitas, formado no inicio dos anos 20, deixou unha pegada innegable no panorama musical. Os protagonistas desta formación foron os irmáns Avelino Cachafeiro Bugallo e Victor Castor Cachafeiro Bugallo, que demostraron unha maestría inigualable na interpretación das gaitas. A eles únense o seu irmán Bautista Cachafeiro Bugallo, que manexaba o tambor, e o pai dos tres, Fermín Cachafeiro Balado, que poñía o ritmo co bombo.
Nalgúns momentos puntuais, sumábase a este cuarteto a súa tía Andresa Cachafeiro Viéitez procedente do Outeiro de Sanguñedo e experta tocadora de pandeiro. A súa presenza aportaba unha dimensión única á música do grupo.
Os Gaiteiros de Soutelo desenvolveron a súa carreira durante un período aproximado de dezaseis anos, ata o inicio da Guerra Civil en 1936, cando a agrupación se desfixo como tal. Ao longo desa etapa, producíronse dúas substitucións na formación. A primeira ocorreu despois do falecemento de Fermín Cachafeiro en 1928, pai dos tres irmáns, momento no que Antonio Ferro, coñecido como Charrone e procedente de Pontevedra, uníuse ao grupo. A segunda substitución produciuse trala morte de Bautista no ano 1933, cando Francisco Viéitez Fírvida incorporouse ao cuarteto.
É importante resaltar dous feitos históricos nos que participaron os Gaiteiros de Soutelo. O primeiro deles foi a gravación de seis discos para a Casa Regal, que tivo lugar no Teatro Principal de Ourense. Nesta etapa de gravacións, inicialmente Fermín Cachafeiro non participou, xa que a súa morte ocorreu antes das sesións de estudo.
O segundo feito destacable foi a súa viaxe por América, onde o grupo tivo a oportunidade de presentar a súa música ao público doutros países. O seu debut tivo lugar no Teatro Avenida de Bos Aires (Arxentina) o 25 de novembro de 1929. Durante a súa estadía en América, ofreceron varios concertos, sendo o último deles o 28 de febreiro de 1930, antes de retornar a Soutelo de Montes.
Os Gaiteiros de Soutelo deixaron un legado importante na música galega, consolidándose como un referente na interpretación das gaitas e contribuíndo á difusión da cultura musical do noso país. A súa música e as súas actuacións foron apreciadas tanto a nivel local como internacional, deixando unha marca imborrable na historia da música tradicional galega.
Que se conserva na actualidade?
Na actualidade, Rubén Troitiño posúe uns punteiros, bombo (segundo a familia é o orixinal do cuarteto) e tambor pertencentes a Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, doados pola familia para a súa conservación.
Outra das gaitas que se conservan del chegou a Galicia procedente de Venezuela no ano 2021, grazas a Francisco Vieitez Casado, fillo de Francisco Vieitez Fírvida, percusionista do cuarteto os gaiteiros de Soutelo. Nunha das viaxes que fixo a Soutelo polos anos 70 atopouse con Avelino e este regaloulla, pouco antes de finar Cachafeiro. Foi así como este instrumento rematou no outro lado do charco.
Según as pescudas realizadas sobre este instrumento podemos dicir que tanto o punteiro coma a copa do ronco foron feitos en Riobó (A Estrada) e as outras partes do ronco pertencen, case con toda seguridade, á copa atopada na casa de Avelino Cachafeiro.
Pezas recuperadas das gaitas de Avelino Cachafeiro, por primeira vez en moitos anos todas xuntas.
Discografía
Os temas que deixaron gravados forman un total de 12, dous por cada disco, no catálogo publicado pola Casa Regal podemos ler os seguintes títulos:
FOLIADA DE BARRO DE AREU. Solo de gaitas y canto.
LA ALFONSINA. Muiñeira. Dúo de gaitas.
EICHO DE DAR QUERIDIÑA. Foliada. Dúo de gaitas.
A VOLTA DA FESTA. (Pasacalle). Dúo de gaitas.
ESTROUPELES-TROUPELE. Muiñeira. Dúo de gaitas.
RIANXEIRA. Foliada Rías Baixas. Dúo de gaitas.
FANDANGO DE PONTEVEDRA. Dúo de gaitas.
MUIÑEIRA DE CHANTADA. Solo de gaita por Avelino Cachafeiro
FOLIADA DE LUXAN. Dúo de gaitas.
FARRUQUIÑA, CHAMAN A PORTA. Muiñeira. Dúo de gaitas.
FOLIADA DE TENORIO. Solo de gaita y canto.
ALBORADA DE ROSALÍA DE CASTRO. Dúo de gaita por Avelino y Bautista Cachafeiro.
Os discos compartidos neste apartado son do arquivo persoal de Rubén Troitiño.
Casa Regal
MUIÑEIRA DE CHANTADA
K 1377
Solo de Gaita
por AVELINO CACHAFEIRO
RS 1267
FANDANGO DE PONTEVEDRA
K 1382
Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
RS 1267
FARRUQUIÑA, CHAMAN A PORTA
K 1380
"Muiñeira"
Dúo de gaitas
GAITEROS DE SOUTELO DE MONTES
Director; A. Cachafeiro
RS 1268
FOLIADA DE LUXAN
K 1374
Dúo de gaitas
GAITEROS DE SOUTELO DE MONTES
Director; A. Cachafeiro
RS 1268
Columbia
ALBORADA ROSALIA DE CASTRO
WK 1381
Avelino y Bautista Cachafeiro
A 1492
FOLIADA DE TENORIO
WK 1378
Gaiteros de Soutelo de Montes
Canto por C. Cachafeiro
A 1492
EICHO DE DAR QUERIDIÑA
WK 1375
«Foliada» a dúo
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
A VOLTA DA FESTA
WK 1384
«Pasacalle» Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
EICHO DE DAR QUERIDIÑA
WK 1375
«Foliada» a dúo
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
A VOLTA DA FESTA
WK 1385
«Pasacalle» Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
RIANXEIRA
WK 1383
«Dúo de gaitas»
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1491
ESTROUPELES; TROUPELE
WK 1379
«Muñeira» Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1480
FARRUQUIÑA, CHAMAN A PORTA
WK 1380
(Muñeira) «Dúo de gaitas»
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1491
FOLIADA DE LUXAN
WK 1374
«Dúo de gaitas»
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1491
LA ALFONSINA
WK 1376
«Muñeira» a dúo
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1487
FOLIADA DE BARRO DE AREU
WK 1385
Gaiteros de Soutelo de Montes
Cantos por C. Cachafeiro
A 1487
Catálogos de discos
Fotografías
A continuación poderedes ver unha pequena mostra fotográfica do cuarteto de gaitas soutelán. Moitas das fotografías están recortadas para poder apreciar mellor os detalles.
Fotografías publicadas
A ESTRADA - MISCELÁNEA HISTÓRICA E CULTURAL
ALÉN DA SAUDADE: A FOTOGRAFÍA COMO DOCUMENTO HISTÓRICO
Juan Andrés Fernández Castro
ALÉN DA SAUDADE: A FOTOGRAFÍA COMO DOCUMENTO HISTÓRICO
Juan Andrés Fernández Castro
Grupo de danza e declamación formado por dona Melania Nine e grupo de gaiteiros, nunha foto obtida no esceario do Salón Novedades da Estrada, no decurso da velada benéfica á que fixemos referencia.
O anterior grupo, do que faltan tres mulleres, xunto cos gaiteiros de Soutelo, retratado na carballeira de Gradín propiedade da familia Nine e lugar frecuentado por dona Melania para celebrar eventos sociais e festas escolares.
Onde escoitalos?
Descargar os audios en MP3
Fonte: Concello de Forcarei (forcarei.net)
Youtube: Os gaiteiros de Soutelo
Enlace Spotify: Os gaiteiros de Soutelo
Información da páxina web de Ouvirmos:
Descargar PDF do disco: PDF – Os Gaiteiros de Soutelo