El monasterio de Acibeiro
Antonio Rodríguez Fraiz

ANTONIO RODRÍGUEZ FRAIZ

Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, nado en Tomonde (Cerdedo) o 30 de novembro de 1912 e finado en Campañó (Pontevedra) o 9 de xuño de 1995, foi un relixioso e investigador galego.

Máis información:

XXIII
CANCIONEIRIÑO DO MOSTEIRO DE ACIBEIRO

En nuestras visitas siempre cortas para llevar a cabo este trabajo recogimos de labios de las personas que hemos podido tratar, así como de nuestra madre que desde niña supo admirar las hermosuras de Acibeiro, unos cuantos cantares referentes a motivos diversos del Monasterio y sus habitantes, muy pocos ya que no hemos tenido tiempo para más.

I
Si a Terra de Montes vas
as de visitar primeiro:
As pontes de Pedre e Parada
i o convento de Acibeiro.

II
Si a Terra de Montes vas,
as de visitar primeiro:
os Dolores, o Rosario,
e a Santiña de Acibeiro.

III
A Terra de Montes cerran
catro picos o seu lar:
Seixo, Costoia e Coco,
e o alto de Candán.

IV
O Convento de Acibeiro
que tan alto o foron por,
dalle o sol e dalle o aire,
i a neve por arredore.

V
Conventiño de Acibeiro,
conventiño de moitos frades;
as mociñas d'Andón dín:
Convento nunca t'acabes.

VI
Anque che son d'Acibeiro,
d'Acibeiro e acibeireira,
anque che son d'Acibeiro,
pol-o d'hoxe non me pesa.

VII
No convento de Acibeiro,
hai un grade galiñeiro;
que todas as tardes berra
churras, churras o poleiro.

VIII
O Abade de Acibeiro
a todos coida moi ben.
Quer as nenas e as mozas,
e quer ás vellas tamén.

IX
Nosa Señora dos Remedios
está no alto do Candán;
pra mirar as boas mozas
como traballan na chan.

VII
No convento de Acibeiro,
hai un grade galiñeiro;
que todas as tardes berra
churras, churras o poleiro.

VIII
O Abade de Acibeiro
a todos coida moi ben.
Quer as nenas e as mozas,
e quer ás vellas tamén.

IX
Nosa Señora dos Remedios
está no alto do Candán;
pra mirar as boas mozas
como traballan na chan.

X
Nosa Virxe de Acibeiro
que estás no medio do monte,
da tua man non deixes,
a labregos e pastores.

XI
Nosa Señora da Acibeiro,
ten un vestido de seda;
que llo dou o señor Abade,
pra poñer na sua festa.

XII
Nosa Señora de Acibeiro
ten una vara na man;
para gardar a facenda
aló no alto do Candán.

XIII
A Terra de Montes tén,
tres Naiciñas no seu lar:
a Santiña d'Acibeiro,
o Rosario ia Soledá.

XIV
San Gonzalo de Acibeiro,
santo de moito valer;
fixo pontes e camiños
pra chegar a cabo dél.

XV
San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro de nenas.
Casa as vellas. ¡Meu Santiño!
Cas novas cásanse elas.

XVI
San Gonzaliño das Penas,
Casamenteiro de vellas.
¿Porque non casas, meu Santo
tamén as mociñas novas?

XVII
San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro de vellas.
Casa as nenas, meu Santiño.
¿Qué mal che fixeron elas?

XVIII
San Gonzalo de Acibeiro
casamenteiro das vellas.
¿Porqué non casas as novas?
¿Qué mal che fixeron elas?

XIX
Tres santiños ten o Lérez,
que hay que visitar primeiro;
Santiaguiño e San Benito,
e San Gonzalo de Acibeiro.

XX
A Santiña de Acibeiro
ten un caravel no manto.
Dame o teu caraveliño
pra poñelo no meu peito.

XXI
Nosa Señora de Acibeiro
ten un caravel no peito;
dame ese caraveliño
que veño do val desfeito.

XXII
Nosa Señora de Acibeiro
ten un caravel na mau;
dame ese caraveliño,
que chego canso do Candán.

Artigos relacionados