Manuel Cabada Muras
O gaiteiro de Seoane
Manuel Cabada Muras, tamén coñecido como o gaiteiro de Seoane, foi un músico e carpinteiro nado o 22 de xuño de 1909 no lugar de Seoane, parroquia de Meavía, en Forcarei. Carpinteiro de profesión, aprendendo de seu pai Juan Cabada Míguez, compaxinaba isto coa música, gaiteiro e acordeonista.
Casou con Rosa Gestoso Rozados e tiveron cinco fillos: Teresa, José, Josefa, Valerio e Idelsino. Como gaiteiro, Manuel foi moi coñecido na súa época, e pódese velo en varias fotografías xunto a outros músicos, como Manuel Gerpe Vispo ao tambor ou Gumersindo Filloy López, Cumbelita coa pandeireta.
A súa gaita foi feita polo artesán García de Riobó, en A Estrada.
Estas imaxes foron cedidas pola familia e tamén aparecen publicadas nas revistas Cotaredo e no libro Forcarei - Historia fotográfica do século XX. A través delas, podemos ver e lembrar a figura de Manuel Cabada Muras, un músico popular e recoñecido da súa época.
Trío de Manuel Cabada, o "gaiteiro de Seoane", nos anos 30.
Libro "Forcarei - Historia fotográfica do século XX"
O "gaiteiro de Seoane", Manuel Cabada, con Gerpe ó tambor. Anos 50.
Libro "Forcarei - Historia fotográfica do século XX"
Trío de Manuel Cabada, o "gaiteiro de Seoane", nos anos 30.
Libro "Forcarei - Historia fotográfica do século XX"
Licencia de caza.
Imaxe do "gaiteiro de Seoane" co acordeón e "Cumbelita" coa pandeireta, no ano 1936.
Revista Cotaredo nºVII - 2004
Manuel Cabada, o "gaiteiro de Seoane", nos anos 20.
Libro "Forcarei - Historia fotográfica do século XX"
Cabada, o gaiteiro de Seoane, nunha romaría dos anos cincuenta.
Revista Cotaredo nºVIII - 2005
Festas de San Amaro en Seoane. Manuel Cabada e Gerpe poñen a música (Anos 50).
Revista Cotaredo nºVIII - 2005
Procesión en Meavía, tamén nos anos 60
Revista Cotaredo nºXIII - 2010
A súa familia conserva varias madeiras do que foi a súa gaita, construída polo artesán García de Riobó (A Estrada), e tres palletas de Carril. Hai que destacar o emprego da chave nun dos punteiro.
Pontevedra - Rias Bajas
Impreso en España
Editorial Everest, S. A. - León
ISBN: 84-241-4364-7
Depósito legal: LE-821/1976
Evergráficas, S. A. - Carretera León-Coruña, km. 5 - León (España)
Tercera Edición
Textos: Álvaro Cunqueiro
Fotografías: Oronoz, Catalá Roca, Kindel, A. G. del Ministerio de Información y Turismo, A. Mas, Paisajes Españoles, Magar, Novoa-Gabriel, Bene, J. Dolcet, Marqués de Sta. María del Villar, Ocaña.
Forcarei honra a figura dun músico querido por todos, que aprendeu a tocar de oído
Dedícanlle a sétima edición do Festival de Música Tradicional que terá lugar o 7 de maio no auditorio de Soutelo de Montes
La Voz de Galicia - 24 abr 2022
A Terra de Montes é fogar de grandes músicos que dignificaron a nosa música dende a máxima humildade e coa paixón de quen emprega a música para facer que a xente pase un bo rato e esquecer as penas dunha vida dura e teimosa. Dende Avelino Cachafeiro, pasando por Ramiro Cortizo ou Pedro Prado, son moitas as figuras que pasaron á historia, coñecidos en toda Galicia polo seu desempeño e servindo de referentes para vindeiras xeracións. Nese grupo de grandes artistas da Terra de Montes está Manuel Cabada Muras, máis coñecido coma o Gaiteiro de Seoane, que recibirá un máis que merecido recoñecemento o próximo 7 de maio coa celebración do Festival de Música Tradicional de Soutelo de Montes.
Manuel naceu o 22 de xuño de 1909 no lugar de Seoane, en Meavía, de aí o seu alcume. A casa familiar aínda está en pe, aínda que vella, a súa bisneta Sonia asegura entre risas que úsana para curar os chourizos. Ela está levando a cabo unha encomiable tarefa para recuperar a memoria do seu bisavó, traendo ao presente unha vida de traballo, música e amor polos demais.
O seu primeiro contacto coa música foi con 18 anos, cando empezou a tocar a gaita, porén, non se sabe como lle chegou ese gusto pola música. Do que sí hai constancia é da súa intelixencia e habilidade coma carpinteiro, o seu oficio. Os veciños recordan os traballos «finos» nas casas da zona e mesmo aseguran que fixo unha das primeiras instalacións eléctricas do lugar. Esa capacidade para aprender foille útil, xa que conseguiu dominar non so a gaita, senón tamén o acordeón. Sonia explica que o seu bisavó acababa tocando as cancións de oído, tras escoitalas nas festas. «Todo aprendeuno por oído, ía á festa a escoitar e púñase a tocar coa gaita ata que lle saíse. Tamén as que escoitaba na radio, naqueles tempos non había ninguén na zona que dese clases de música na zona», explica.
De festa en festa
Tampouco está moi claro de onde sacou a gaita e mais o acordeón. «Seguramente puido mercalos nalgún sitio co que gañaba de carpinteiro, ademais non era dunha casa pobre», comenta a súa bisneta. Un acordeón que segundo apunta, vendeuno a Jesús de Chamosa, que coleccionaba instrumentos. O caso é que Manuel comezou a facerse coñecido na zona grazas a tocar nas festas e tabernas do seu entorno. Coma Meavía está preto da Estrada, acostumaba tocar en Liripio, Pardemarín, Ribela, Nigoi, na Rapa ou na procesión da Estrada. Ademais tamén tocaba en Forcarei, en Dúas Igrexas ou Quintillán.
Non o fixo soo, xuntándose con Gerpe, que tocaba o tamboril, e tamén con Gumersindo Filloy, Cumbeliña, que tocaba a pandeireta dun xeito orixinal que causaba sensación. Por desgraza, Gumersindo morreu novo, e tan so quedaron Gerpe e Manuel, que seguiron dando espectáculo alá por onde foran para tocar nas tabernas, en vodas, misas... Aínda que amaba a música, o Gaiteiro de Seoane nunca deixou o seu oficio, alternando as actuacións cos traballos de carpinteiro.
Aqueles que o coñeceron dan conta da súa amabilidade. Unha persoa cun trato moi cercano, faladeiro que gustaba de relacionarse coa xente e facer gozar ao público coa súa música. No seu repertorio había espazo para cancións coma A Rianxeira, O paraugas de Xosé, así coma mazurcas, xotas e muiñeiras variadas.
Entre as anécdotas que lle contaron os veciños e familiares a Sonia, garda especial cariño a unha cantiga que cantaba e tocaba cando viña de Liripio na época da recollida do millo que da boa conta do seu carácter alegre e extravertido: «Polo San Xoán, chegando a Seoane polo Monte do Toural. Gaiteiriño, ti que fas polo verán (bis). Todos sachando no millo (bis), e ti coa gaita na man».
«A Guerra Civil marcoulle moito, non lle gustaba falar dese tema»
No seu traballo de documentación, a bisneta do Gaiteiro de Seoane tocou cun asunto que mudou a vida de Manuel, a Guerra Civil. «A Guerra Civil marcoulle moito, non lle gustaba falar dese tema», explica Sonia. Da súa etapa na guerra recordan algunhas anécdotas que exemplifican o seu sufrimento.
A primeira cando recibiu un tiro nun pe ao subir a unha montaña, acabando ingresado no hospital de Burgos. Alí enviaba cartas á familia falando en clave para evitar que á hora de revisar a correspondencia, deran conta do que lles dicía. «Outro dos seus recordos trata dun río que lles obrigaron a cruzar, e como sabía nadar puido facelo, pero ao parecer ía vermello da sangue doutras persoas», sinala. Sonia asegura que tamén marcou a súa vida a morte do seu xenro á idade de 31 anos, téndose que facer cargo dos seus fillos. Porén, seguiu tocando co paso de tempo e recuperando a súa paixón ata o día da súa morte, o 2 de decembro de 1976.
Corenta e seis anos despois da súa morte chega o momento da súa homenaxe no festival de Soutelo de Montes, que aínda que tarde, enche de orgullo á súa familia. «É a primeira homenaxe que lle fan ao meu bisavó. Fai moita ilusión que coma moitos músicos é a cantidade de xente que honraron, sexa a hora de que llo fagan», sinala.
Prensa
El Emigrado
Núm. 514 - 31 de marzo 1935
De Meavía-Forcarei
El domingo de Carnaval, y dirigida por el culto maestro nacional, D. Francisco Rivas Basteiro, tivo lugar en Meavía una velada escolar en la que tomaron parte los jóvenes y niños pertenecientes a la Escuela de los Campos.
Mucho antes de comenzar el certamen se hallaba completamente abarrotado el local de numeroso público que había afluído de las parroquias de Quintillán, Pereira, Gestoso, Grava, Silleda y otras, teniendo que quedar fuera, por ffalta material de sitio, un crecido número de concurrentes.
Las obras que se representaron, por el orde que aparecieron en el escenario, son las siguientes:
1.ª Una comedia en un acto titulada «Así Sea» en la que tomaron parte el joven Andrés Fernández, los niños Gabriel Rozados, José Salgueiro, Antonio Campos, Manuel Salgueiro, Manuel López, Virginio Arca, Aurelio Chamosa, José Pereira, Jesús Lago y la niña Aurora Vidal.
2.ª Comedia de Alarcón por los jóvenes José Pereiras, José Barreiro, Rogelio Arca, Manuel López, Aurelio Chamosa, Eduardo Míguez y Manuel Cortizo.
3.ª «Farruquiño de feira», por Carmen López.
4.ª «Un Brazalete de Brillantes», por las niñas Herminia López e Isaura Barreiro.
5.ª «Xa viña d'atrás», por Manuel Chamosa.
6.ª «A tal pai, tal fillo», por los jóvenes Enrique Barreuri y José Rozados y el niño Manuel López.
En los números citados y como testimonio de la actuación brillante de cada actor, el público le tributó calurosos aplausos en varios pasajes de las obras y al final de las mismas
7.ª Recital de poesía de Rosalía de Castro tituladas: «Adiós ríos, adíos fontes», y «Airiños, airiños aires...», por Dolores Filloy.
Esta joven, que a gracia y certeza en la expresión une un acendrado amor a todo lo que sea poesía gallega, recibió numerosos y prolongados aplausos.
8.ª «Casaivos», por Evangelina Barros y Antonio Quintero. Fueron aplaudidísimos.
9.ª «Un Xanciño», por el popular en cuentos gallegos Gumersindo Filloy. Estuvo inmejorable y recibió numerosos aplausos.
10.ª Terminó el acto con la graciosísima comedia titulada «¡Vaites...! ¡Vaites...!» por las señoritas Dolores Filloy y Divina Quintelo, y los jóvenes José Arca y Antonio Rozados.
No se puede calcular lo que gustó esta obra lo mismo por la forma magistral en que está escrita, que por las cualidades declamatorias de los que la representaron.
Seguidamente y después de ejecutar varios cantos, que deleitaron a la concurrencia, y repartir 800 rosquillas entre los niños de la Escuela, al tiempo que la juventud salía al baile, amenizado por el popular gaiteiro Manuel Cabada, se reunió la comisión pro festejo con el mayor entusiasmo, la cual felicitó al Sr. Rivas por el éxito obtenido, que calificaban de magnífico, haciendo votos para que estas fiestas infantiles se repitan todos los años, ya que, siguiendo este camino, podrán iniciarse los niños en un arte que en nuestros tiempos tiene singular importancia.
A los niños, nuestro deseo de que sigan la marcha emprendida; al joven luchador por la cultura, nuestro afecto y reconocimiento.
A. F.