Gustaríache colaborar neste proxecto?
Publicación aprobada para a súa difusión.
Título: O toque pechado
Autor: Pablo Seoane
© do texto: Pablo Seoane
© das fotografías de portada e currículum vitae: Suso Rivas
© da fotografía de contraportada: Fidel Amigo
Deseño e maquetación: Mayka Basalo Santín
Transcricións musicais: Pablo Seoane
ISBN: 978-84-122545-1-8
Depósito legal: C 1505-2021
Impresión: Imprenta Meligaf, Melide
No libro O toque pechado, de Pablo Seoane, recóllense tres valiosas pezas tradicionais da zona de Terra de Montes, incluídas dentro dunha ampla escolma de máis de 150 partituras divididas por niveis de dificultade e acompañadas de exercicios específicos. Esta publicación é froito de dous anos de intenso traballo e está pensada para axudar a todos/as os/as gaiteiros/as interesados/as en iniciarse ou perfeccionarse na técnica do toque pechado coa gaita de fol galega.
As pezas da nosa comarca que forman parte desta obra son:
Muiñeira de Muras: recollida ao emblemático Ramiro Cortizo, coñecido como o capador de Muras, no concello de Forcarei (Pontevedra). No libro aparece por erro como pertencente á provincia de Lugo, mais a súa orixe real é a Terra de Montes.
Mazurca de Forcarei: unha elegante peza pertencente ao repertorio dos Diplomáticos do acordeón.
Mazurca de Forcarei: procedente do repertorio de Adelino Pichel, recoñecido gaiteiro do lugar de Forcarei, que mantivo viva a música da nosa terra ao longo das décadas.
Estas partituras non só achegan valor musical, senón que tamén actúan como testemuño da riqueza etnomusical de Terra de Montes. O toque pechado supón, así, unha ferramenta útil e unha homenaxe viva á tradición galega.
O toque pechado
por Pablo Seoane
Hora: 12:30h a 13:30h
Lugar: CETMO (Multiusos de Soutelo de Montes)