Gustaríache colaborar neste proxecto?
A Sección Femenina foi a rama feminina do partido Falanxe Española e posteriormente de FET de las JONS. Foi constituída en Madrid en 1934 e chegou a funcionar durante corenta anos, desfacéndose tras a morte do Xeneral Francisco Franco e a conseguinte desmontaxe do réxime.
A continuación, poderedes ver unhas fotografías tomadas en Soutelo de Montes, pertencente ao Concello de Forcarei. Ademais, existen outras fotografías sacadas en Forcarei e tamén en Cerdedo. Desta última, poderedes atopalas no apartado dedicado ao Concello de Cerdedo dentro do arquivo.