Guillerme Ignacio Costa
Guillerme Ignacio Costa
Diplomado en Educación Musical, músico e mestre de Canto tradicional e pandeireta.
Ten ampla experiencia na recolleita da tradición oral galega, especialmente arredor do canto acompañado de percusión. Participa como asesor musical do programa Alalá da TVG en diversos capítulos, entre 2009 e 2013. Ten producido unha serie de traballos musicais protagonizados polos propios portadores da tradición oral: José o Ghaiteiro do Piñeiro (Do Cumio, 2009), Pandeireteiras de Barro de Arén (Phonos, 2005), Pandeireteiras de Toutón (Do Cumio, 2014), ou “Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu ” (autoedición, 2014). En 2022 edita a monografía “Damas e ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo” (SAGA, 2022)