Gustaríache colaborar neste proxecto?
Toda a información compartida está en constante renovación coas últimas investigacións e novidades.
Este proxecto é totalmente altruísta e de libre consulta.
Músicas da Terra de Montes é un proxecto do músico Rubén Troitiño dedicado á conservación, estudo e difusión das músicas tradicionais da comarca. Comezou en 2005 coa recollida dos nomes dos músicos locais e ampliouse nos anos seguintes ata converterse nunha investigación máis profunda sobre a historia musical da zona.
O proxecto non está pechado; segue medrando e enriquecéndose coa participación de novas persoas, materiais e descubrimentos.
Músicas da Terra de Montes está aberto á participación de toda a comunidade, e a páxina web, estreada en 2021, ofrece un arquivo vivo para preservar, difundir e compartir este patrimonio musical.
Na web das Músicas da Terra de Montes atoparás contidos de diferentes orixes: algúns creados polo propio proxecto e outros cedidos por persoas colaboradoras. Sempre indicamos quen nos cedeu cada material.
É moi importante respectar isto: o material que compartimos é parte da nosa cultura e da memoria musical da Terra de Montes. Fagamos un uso responsable:
Indica a fonte: Menciona que o contido procede de Músicas da Terra de Montes.
Respecta a autoría: Se foi cedido por unha persoa colaboradora, menciona tamén quen o cedeu (tal como aparece na web).
Contacta se é necesario: Para usos comerciais ou publicacións fóra da web, contacta connosco antes de usar o material.
Comparte con coidado: Axuda a difundir o proxecto mantendo a información sobre a súa orixe.
Grazas por respectar o traballo de todas as persoas que fan posible este proxecto e por contribuír a preservar e difundir a nosa cultura de maneira responsable.
Este proxecto non sería posible sen a colaboración das veciñas e veciños dos concellos de Forcarei e antigo concello de Cerdedo.
Ademáis, facer unha especial mención a:
A. C. O Tear de Llerena | Azucena Arias | Guillerme Ignacio | Loli Arias
Adolfo Regueiro | Alba Faro | Alejandro Rey | Alejo Amoedo | Alfonso Gil | Álvaro Carballo | Amancio Bértolo | Ana Barreiro | Ana Couto | Ana Doval | Ana María Otero | Ana Porto | Andrés Adán | Andrea Morgade | Antonio Lois Fraíz | Asun García | Avelino Alberte | Calros Solla | Carlos Blanco | Carme Bugarín | Carme Hermida | Carmen Gulías | Chus Solís | Clara Iglesias | Concha Cortizo | Conchi Ávila | Cristina Filloy | David Barreiro | Divina Fernández | Elsa Álvarez | Erea Castro | Eva Pena | Fátima Adán | Francisco Alberte | Francisco Félix Cachafeiro | Francisco Rozados Rochi | Francisco Viéitez | Hugo López | Inés Álvarez | Ismael Ferrón | Jesús Barreiro | Jesús Pérez | Jose Ángel Rapado | José Cortizo Martínez | José Luis Troitiño | José María Álvarez | José Raposeiras | José Vidal | Juan Bautista Alberte | Juan Casalderrey | Julio Durán | Laura Pichel | Loli Iglesias | Luis Bello | Luis Cagide | Luis María Cadavid | Luis Prego | Malores Villanueva | Manolo Varela | Manuel Campos | Manuel Fortes | Manuel Villaverde | Manuela Cortizo Medal e familia | Maricarmen Monteagudo | Maricarmen Varela | María Teresa Sanmartín | | Marta Alberte | Martín González | Mary Canabal | Mónica Bugallo | Narenka Pérez | Noelia Ratel | Noemí Cendón | Pablo Pascual | Pablo Seoane | Paco González | Paco Varela | Paulo Vicente | Pedro Prado | Pura Lavandeira | Ramiro Alberte | Rebeca Ricoy | René Gerpe | Rita Barreiro | Roberto Gerpe | Roi Vicente | Sonia Barreiro | Sonia Barros | Teresa Cuíñas | Teresa López | Victor Cachafeiro | Xabier Díaz | Xandre Outeiro | Xoán Carlos Garrido | Xosé Manoel Rivas Troitiño | Xosé Troiano | Xulio Couxil
A. C. Os Abrentes de Cerdedo | Arquivo da Deputación Prinvincial de Ourense | Asociación de Gaiteir@s Galeg@s | Asociación Socio-Cultural O can de San Roque | Asociación Veciñal de Sabucedo (A Estrada) | Banda de gaitas do concello de Forcarei | Banda de música de Cerdedo | Banda de música de Forcarei | CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza (Castro Floxo) | CEIP de Soutelo de Montes | Concello de Cerdedo-Cotobade | Concello de Forcarei | Consello da Cultura Galega | Eresbil (arquivo vasco da música) | Escola de Música de Cerdedo | Hermandad Gallega de Venezuela | KACHET Loxística | Luar (Televisión de Galicia) | Lume na Palleira (Radio Galega Música) | Lus de Keikoa | Músiques Ceives | Museo de Pontevedra | Os Charanghaitos | Pandeireteiras do Val de Quireza | Rapa das Bestas (Sabucedo) | TECNOSAGA, S.A.