musicasdaterrademontes.com
ARQUIVO VIRTUAL DAS MÚSICAS DA TERRA DE MONTES
Presentación...
Recuncho adicado á música da comarca da Terra de Montes, centrándose na conservación, estudo e difusión das zonas do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo creado polo músico Rubén Troitiño.
Neste portal web pódese facer un pequeno percorrido virtual polo que foron as músicas desa zona: gaiteiros, bandas de música, pequenas orquestras… xa que a maioria deles non foron famosas e famosos pero si populares, e grazas a isto todas as festas e romerías estaban amenizadas. Mantiveron a música viva durante moitos anos e deixaron un gran legado cultural.
Dentro deste apartado poderemos ler artigos coma os escritos sobre Avelino Cachafeiro, os gaiteiros de Soutelo, Ramiro Cortizo “O Capador de Muras”, Pedro Prado, bandas de música de Cerdedo, as pandeireteiras de Barro de Arén… e referencias a outras publicacións coma Canteiros e artistas de Terra de Montes e das Ribeiras do Lérez, Cancionero Musical de Galicia, as revistas Cotaredo e Metacios ou o Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego.
Toda a información compartida está en constante renovación coas últimas investigacións e novidades. Este proxecto é totalmente altruísta e de libre consulta.
Músicas da Terra de Montes (Arquivo Virtual) - www.musicasdaterrademontes.com