Gustaríache colaborar neste proxecto?
Antonio Troitiño Sieiro, coñecido como Balboa, naceu o 20 de xaneiro de 1904. Aprendeu a tocar o fliscorno e a trompeta na escola de Lavandeira e, sendo moi cativo, entrou a formar parte da Banda de Cabenca, onde ás veces tamén levaba a caixa ou o bombo con pratos.
Tanto Antonio coma o seu irmán Jesús Troitiño Sieiro eran considerados moi bos músicos. Balboa tamén foi, en varias ocasións, coa banda de Cerdedo, cando era dirixida por Constantino Paz Gil, e coa banda de Cerdeira. Logo de desfacerse a banda de Cavenca, seguiu tocando na de Cerdedo con José Benito. En 1947 marchu para a nova banda de Gerardo Lavandeira.
En outubro de 1927, marchou facer a mili en Larache (Sahara), no Protectorado Español da África Occidental.
Antonio non emigrou, pero foi deixando a música pouco a pouco, e chegou a pasar máis de 30 anos sen coller o instrumento.
Finou o 25 de decembro de 1994 aos 90 anos de idade.