Arturo Sieiro Giadás
Arturo Sieiro Giadás naceu o 2 de xaneiro de 1925. Aprendeu a tocar o clarinete na academia de Cerdeira. Ao igual que o instrumento de Constantino Paz Gil, tratábase dun requinto de trece chaves. Tocou principalmente na banda de Cerdeira aínda que nalgunha ocasión tamén participu no grupo de gaitas dos Durán. Emigrou a Sudamérica en 1948 e abandonou a actividade musical.
Artigos relacionados
Artigos relacionados