Francisco Cerdeira Gil

Francisco Cerdeira Gil naceu en Cerdedo o 23 de abril de 1884. Aprendeu a tocar a gaita do seu avó Manuel Cerdeira Rodríguez e foi co seu pai Salvador Cerdeira Pérez con quen deu os primeiros pasos de solfexo, trompeta e fliscorno. Irmán dos músicos José e Doroteo.

O 22 de maio de 1921 casou con Filomena García Leiro, filla de Antonio García, un un dos serradores asturianos de Castropol que estiveron implicados no nacemento da primeira banda de música de Cerdedo. Francisco enviudou no ano 1947 e casou, en segundas nupcias, con Dorinda Vieitez (Forcarei). 

Francisco comezou dende moi novo a tocar coa banda ata que, co paso do tempo, decidiu crear unha academia e banda propias. Gracias a efectividade do método de Cerdeira, a súa banda podía interpretar pezas de difícil execución, apoiándose na calidade dos seus solistas. Tratábase de pezas de concerto, non bailables, escollidas polo propio Cerdeira. 

Tras a chegada do novo párraco Don Fernando García Leiro a Cerdedo, Cerdeira foi escollido para ser director da banda conxunta que se formara. 

Francisco tamén compuxo algunha pequeña peza para ser interpretada pola súa banda, pequenas canción que tocaban nas entradas e saídas das festas. 

Durante o período da Guerra Civil a banda de Cerdeira desfíxose e, ao remate da guerra, o mestre retomou o ensino de música e recompuxo a banda, que permaneceu en activo durante algúns anos. Durante este tempo Francisco acadou o título oficial de Directo de Banda de Música. 

Francisco Cerdeira faleceu o 10 de abril de 1957.

BANDA DE MÚSICA DE CERDEIRA

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Calros Solla escribeu...

Francisco Cerdeira Gil, o esquecido compositor cerdedés

Francisco Cerdeira Gil, nado en Cerdedo en abril de 1884, foi o músico máis relevante dos que agromaron no fecundo alcouve cerdedés. O cronista Rodríguez Fraiz (Canteiros e artistas de Terra de Montes e ribeiras do Lérez, 1982) asígnalle unha chea de ocupacións: trompetista, director de banda de música, zapateiro, carpinteiro... O escrutinio da prensa histórica permitiunos adxudicarlle aínda outros empregos: multinstrumentista, mineiro, cobrador de dereitos de autor, xuíz municipal...

O xenio músical víñalle de familia, pois Francisco era fillo do trompetista e fliscornista Salvador Cerdeira (n. en 1857) e neto de Manuel Cerdeira o Vello (n. c. 1830) quen, segundo o coetáneo escritor Santiago Gómez Tato, foi o mellor gaiteiro de Terra de Montes: De ser tocando la gaita el gaitero máis conocido y mejor que había en todos aquellos alrededores donde a su vez había muchos y bastantes que jactábanse de ser igualmente maestros. No obstante, Cerdeira era insustituible y el obligado en toda romería de importancia (Correo de Galicia, Bos Aires, 14-10-1923).

Francisco Cerdeira avezouse na dirección bandística da man do tamén director cerdedés Constantino Paz, un dos seus mestres. Francisco Cerdeira casou en primeiras nupcias con Filomena García Leiro, irmá do párroco Fernando García Leiro (†1936). Tras enviuvar (1947), Cerdeira contraería matrimonio con Dorinda Biéitez Cardesín, unha fermosa forcareiesa moito máis nova ca el e que, segundo testemuños orais, converteríase na musa das súas composicións.

Do libro As bandas de música de Cerdedo (2010) de Manuel Campos, extraemos as seguintes pasaxes: Cerdeira ... tamén traballou cobrando os dereitos para a Sociedad de Autores nas festas ... Musicalmente falando, Francisco era un home brillante. O seu talento serviulle para compoñer algunha que outra pequena peza para ser interpretada pola súa banda. Por desgraza, daquelas composicións non se conserva partitura ningunha, apenas a lembranza dos informantes que Campos entrevistou para a elaboración do seu estudo.

En Cerdedo, durante as primeiras décadas do século XX, existiron e mesmo coexistiron cinco bandas de música: a Banda de Campio Garcia (até 1905), a Banda de Constantino Paz (dende 1895-1905 até 1922), a de Ramón Lavandeira (a Banda de Cavenca, dende 1908-11 até 1922), a de Manuel García (dende 1922 até 1934) e a Banda de Francisco Cerdeira (dende 1910 até 1936, nunha primeira época).

Na prensa daqueles anos atopamos referencias (poucas) á actividade musical da Banda de Cerdeira: en setembro de 1914 os seus músicos amenizaron, a canda o gaiteiro de Cambeiro[?], as festas de Bugarín (Castro) na honra da Virxe da Saleta (Progreso, 13-9-1914); en febreiro de 1915 tocaron en Cerdedo co gallo da celebración do Ecce Homo e As Dores (Progreso, 7 e 11-2-1915); en 1917 acompañaron a manifestación agrarista do 1º de Maio en Cerdedo, a canda a Banda de Constantino Paz (Progreso, 3-5-1917); en 1931 afervoaron o republicanismo durante a celebración en Deán (Figueiroa) do 1º de Maio, interpretando o "Himno de Riego" e "A Marsellesa" (El Pueblo Gallego, 7-5-1931); en agosto de 1934 participaron nas festas do San Roque e o Santo Antonio en Carballedo (Cotobade), cadrando cos Gaiteiros de Soutelo e cos Campanos de Almofrei (El Pueblo Gallego, 25-8-1934)...

Da esculca no papel vello, tamén obtivemos os seguintes retallos que veñen completar o retrato deste persoeiro esquecido:

O 16 de xaneiro de 1912, Francisco Cerdeira presentou no Negociado de Fomento do Goberno Civil de Pontevedra a solicitude de explotación de 16 hectáreas da mina de estaño "La Aurora", sita no monte das Galladas, na parroquia lalinesa de Zobra (Progreso, 17-1-1912). En Progreso (23-1-1912), Cerdeira figura como propietario da devandita concesión mineira. O 16 de xullo de 1912, o gobernador civil concedeulle a licenza de explotación do mineral (Progreso, 17-7-1912).

Por El Compostelano (1-9-1927) sabemos que Francisco Cerdeira fora nomeado pola Audiencia Territorial da Coruña xuíz municipal suplente en Cerdedo.

El Pueblo Gallego do 9 de outubro de 1929 informa que Eduardo Ortega y Gasset –irmán do filósofo– entrevistárase en Cerdedo con Francisco Cerdeira co obxecto de mercarlle a mina "Progresiva", localizada na parroquia de Zobra. As negociacións non remataron en acordo, xa que, oito meses despois, El Pueblo Gallego (5-6-1930) publicaba que deran comezo en Zobra os traballos nas minas de estaño "La Progresiva", propiedade de Francisco Cerdeira.

En novembro de 1934, a Administración de Rendas Públicas (Facenda) reclamoulle a Cerdeira 234 pesetas (El Pueblo Gallego, 22-11-1934). En xuño de 1935, Facenda volve apremalo co pago de canon de minas que tiña en descuberto (El Emigrado, 7-6-1935).

En Cerdedo, durante a República, desaparecidas as bandas de Constantino Paz e de Ramón Lavandeira, os músicos e os afeccionados aliñáronse xa coa banda do mestre Francisco Cerdeira Gil, xa coa banda do mestre Manuel García Beiro (1900-1964), atendendo á ideoloxía que profesaban os seus directores. Cerdeira foi un destacado dereitista (causa 1.306/36 contra Pancho Varela) e García un conspicuo esquerdista (dirixente local do PRRS en 1931; despois IR).

No ano 1931, pouco despois de proclamada a II República, creouse a "Asociación Nacional de Directores de Banda". Froito da sinerxía, en decembro de 1932 xurdirá o "Cuerpo Nacional de Directores de Bandas de Música Civiles" (Lei do 20 de decembro de 1932). O seu "Reglamento" publicarase en 1934 e, en 1935, o "Escalafón".

Francisco Cerdeira solicitoulle á alcaldía de Cerdedo a expedición dun documento que certificase a súa condición de director da banda de música municipal. Isto non era certo, Francisco Cerdeira, como Manuel García eran directores de senllas bandas de música "particulares", porén o papel timbrado éralles imprescindíbel para ingresar no recén creado "Cuerpo Nacional de Directores de Bandas de Música Civiles". Cerdeira fíxose coa dita certificación e García non, polo que, véndose agraviado, denunciou a irregularidade no xulgado da Estrada. No arquivo do colectivo Capitán Gosende conservamos uns documentos privados nos que o alcalde republicano Antonio Sueiro Cadavide (PRRS-PRRSI-IR) nega toda implicación na fraude, aseverando que xamais lle asinara tal certificado a Cerdeira. Durante o Bienio Negro, no cal Cerdedo quedou nas mans dunha Xestora dereitista e caciquil, perpetrouse a desaparición dos libros de actas do Concello correspondentes ao período 1931-1933. Buscábase borrar da historia cerdedesa a paréntese edificante do Bienio Progresista? Este feito corrobora que alguén actuou de costas ao alcalde Sueiro.

De calquera xeito, en xuño de 1935, o xuíz da Estrada Fermín Bouza Brey imputoulles ao exalcalde e ao músico o delito de falsidade en documento público, culpando a Sueiro de lexitimar coa súa sinatura a categoría de director de banda municipal na persoa de Francisco Cerdeira. Bouza Brey esixiulles a Sueiro e a Cerdeira cadansúas 3.000 pesetas de fianza. Mesmo así, en decembro dese mesmo ano, no xornal El Compostelano (19-12-1935) publicábase a escala do Corpo de Directores de Bandas de Música e nela, Francisco Cerdeira Gil, director da Banda de Cerdedo, aparecía consignado na clase sexta, co número 77.

Un ano despois, o 14 de xullo de 1936, tres días antes de que acontecese o golpe de Estado fascista, iniciábase no xulgado da Estrada o xuízo contra Antonio Sueiro Cadavide e mais Francisco Cerdeira Gil. A fiscalía plantexou a acusación nos seguintes termos: Antonio Sueiro Cadavid, el 27 de junio de 1933, a sabiendas de la falsedad que cometía, expidió una certificación haciendo constar que el otro procesado, Francisco Cerdeira, era director de la banda de música municipal, no existiendo tal banda municipal; utilizando luego tal certificación para lograr el ingreso en la Asociación Nacional de Directores de Bandas Civiles de Música. O fiscal acabou solicitando a suspensión da vista pola ausencia dalgunhas testemuñas de relevancia. O avogado cerdedés Ánxel Campos Varela ocupouse da defensa dos acusados (El Pueblo Gallego, 15-7-1936).

O contencioso provocou a inhabilitación de Antonio Sueiro Cadavide como alcalde. A súa incapacitación afastouno da primeira liña da política e, probabelmente, evitou que fose vítima mortal da represión obrada en Cerdedo polos fascistas sublevados.

Tres meses despois, o xornal Progreso (15-10-1936) levaba ás súas páxinas que Antonio Sueiro e Francisco Cerdeira foran absoltos dos cargos, ya que no pudo probarse el delito debido a la desaparición de los libros de actas del ayuntamiento de Cerdedo en que se hacía figurar el acuerdo que se tacha de falso.

Aínda en outubro, no xornal El Diario de Pontevedra (22-10-1936) consta que Cerdeira, coherente coa súa ideoloxía, constribuíra con 15 pesetas en prol do exército franquista.

O 15 de xuño de 1939, El Pueblo Gallego publicou que Francisco Cerdeira interpuxera un recurso ante o Tribunal Provincial do Contencioso contra o acordo da corporación de Cerdedo (17 de abril de 1939) polo cal se desestimaba a solicitude do recorrente, quen reclamaba que se lle recoñecesen os dereitos como director da banda de música municipal de Cerdedo e que se lle aboase o que lle correspondía por tal concepto. En 1952, Cerdeira faríase cargo da dirección da banda de música de Cuntis.

O músico Francisco Cerdeira morreu o 10 de abril de 1957, con case 73 anos de idade. Dorinda Biéitez, a súa muller, non foi quen de asimilar a perda e desvariou de vez. Segundo testemuños orais, a muller adoito acudía ao cemiterio parroquial e deitábase enriba da lousa da sepultura, conversando cos despoxos de quen fora o seu home.

A tumba de Francisco Cerdeira Gil, un dos grandes directores musicais que deu Cerdedo, sitúase perto da entrada do camposanto. A lápida carece de inscrición. Non hai rúa nin beco na localidade que lembre o seu nome. Cerdedo en estado puro.

Bandas de música de Galicia
Enrique Alvarellos Iglesias

Cerdedo

(1 851-1 955)

Cuando, procedente de Lugo u Orense, el automovilista llega a Folgoso, ya no tarda en conocer la villa de Cerdedo, que necesariamente ha de atravesar de arriba a abajo.

En esta montañesa localidad de la provincia de Pontevedra existió una agrupación bandística, desde los comienzos de las bandas de Galicia. En el año 1.851, comenzó a ser organizada, según documentos consultados, si bien no hemos podido conocer el nombre de su promotor. Años más tarde, ya se habla de un asturiano, llamado Serrador, -por ser éste su oficio- que dirige la banda y toca varios instrumentos. Fallece Serrador, y se hace cargo de la batuta Constante Paz, que no tarda en abandonar el cargo. Se suceden entonces varios directores, entre los que hay que destacar:

Francisco Cerdeira, Manuel García, José Benito García, y ya, por fin, Manuel Monteagudo Cadavid, más conocido por “Touqueira”, con quien la banda se deshace en 1 955.

Los componentes que la de Cerdedo tuvo en los últimos años de su existencia, son los siguientes:

Oboe: Manuel Rey.
Requinto: Traían a uno de La Estrada.
Clarinete: Sieiro/ Fortes/ Clemente/ Eladio/ Durán.
Fliscorno: Gerardo Lavandeira/ Troitiño/ “Limeres”.
Cornetín: Nicolás García (maestro nacional).
Saxo alto: José Durán/ Manuel García/ Varela de Melide.
” tenor: Luis Caramés (maestro nacional)
Trombón: Antonio Varela/ Enrique Monteagudo/ José Monteagudo/ Manolo Monteagudo (fillos do Touqueira).
Bombardinos: José Benito García/ Valentín Durán.
Bajo: Jesús Troutiño/ Lavandeira/ Jaime/ Pedre, o Manco (de la izquierda).
Bombo: Gervasio Bugallo/ Sieiro/ Secundino Horta.
Platillos: José Paz.
Caja: Jesús Troitiño/ Ismael/ David Paz

De todos los bombistas, excepto José Paz, ningún sabía solfeo, y sólo salían cuando la banda tenía que dividirse, para hacer tres o más fiestas a un tiempo.

Esta banda llegó a tener 30 componentes. En tiempos de la República, y por motivos políticos, se dividió en dos: la de Cerdeira y la de José Benito. Más tarde, llegaron de nuevo a juntarse ambas.

Uno de sus primitivos músicos, Bernardino Cachafeiro, contrajo matrimonio en 1 868 con una chica de Campo Lameiro, y en aquella villa, fundó otra banda que llegó a competir con la de Cerdedo, si bien las relaciones humanas entre ambas eran cordiales.

Los componentes que la de Cerdedo tuvo en los últimos años de su existencia, son los siguientes:

De todos los bombistas, excepto José Paz, ninguno sabía solfeo, y sólo salían cuando la banda tenía que dividirse, para hacer tres o más fiestas a un tiempo.

Atravesaban la montaña andando, hasta llegar a Barcia y Covela de Antas, tierra de Cambeses, y llegaron hasta Oitabén, ya cerca de Redondela. Llevaban siempre la comida, consistente en cinco libras de carne y una de jamón, y allá hacían el cocido en la taberna que hubiese. En Oitabén, la fiesta solía hacerla Cambeses. pero un año tuvo que faltar, y escribió a Touqueira, para que fuese a cubrirle el compromiso; Touqueira le aceptó. El fuerte de la de Cerdedo era la Misa; cantaban tres o cuatro, entre ellas, la de Revanello y la de Pío X. Touqueira había sido seminarista, y de esto sabía mucho, además de cantar muy bien. En Antas los estaba esperando un “práctido de Cambeses”, para conducirlos a Oitabén. Cambeses le había dicho a Touqueira que no llevara bombo, por haberlo allí, y luego resultó que tenía la piel rota. Gracias a un gaiteiro que, situado al lado de la banda, se encargó él mismo de darle el golpe para el remate.

“A xente dalí -nos contaron- tiña un baixo concepto dos músicos que sempre chegaban á parroquia cunha fardela e unhas faragullas, para comeren”. “pero aquil ano, os de Cerdedo chegaron cunha mula e unha perna de becerro inteira. Foron á taberna, e dixéronlle: Vosté poña o repolo e mailo unto e garbanzos, e fáganas ahí un bo cocido”. Tan pronto como los de la taberna observaron la abundancia y la pulcritud en el uniforme de los de Cerdedo, los subieron al cuarto-comedor en donde también comían los curas de la fiesta, porque antes, había comentado el dueño de la casa:

“Ista xente éche entre fina, e hai que levalos pra onde os curas”.

Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez
Antonio Rodríguez Fraíz

ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS

Francisco Cerdeira Fernández

Gaiteiro, trompetista, direitor de banda de música, zapateiro, carpinteiro e moitas cousas máis, nado en Cerdedo o 24 de abril do 1884, fíllo do gaiteiro Salvador Cerdeira e Encarnación Femández. O 22 de maio do 1921, casou con Filomena García Leiro.

Achámonos diante dun dos millones gaiteiros de Terra de Montes, onde tantos e tan bós agromaron; ademáis da gaita tocaba toda clás de instrumentos, sobor de todo a trompeta, sendo famoso en toda a bisbarra e provincia. Polo 1925 fundóu e dirixéu unha academia de música e banda en Cerdedo de uns trinta homes de fama en toda a comarca, perante anos aledou as festas das freguesías da redonda, así como os casamentos, ruadas.

No 1933 escamalláronse os músicos formando dúas agrupacións máis, sendo a do mestre a mais cobizada pola xente.

Cando non tiña festas traballaba de carpinteiro e zapateiro deica o pasamento o 12 do abril do 1957.

Hemeroteca

1914...

13 DE SETEMBRO EL PROGRESO – ANO VIII NÚMERO 14001

DE CERDEDO

Fiestas en Bugarin

El día 19 del corriente mes, como en años anteriores, se celebrarán hermosas fiestas en honor a la Virgen de la Saleta en el pintoresco y espacioso campo donde está enclavada la iglesia denominado «Coto».

A las doce de la mañana del día 18 una salva de 21 bombas de palenque será el anuncio del comienzo de las fiestas.

Por la noche habrá preciosas vísperas, durante las cuales se quemará abundante y variado fuego de aire y de plaza.

Habrá además lucida iluminación a la veneciana, bailes campestres amenizados por la banda de Cerdedo dirigida por Don Francisco Cerdeira y por el famoso gaitero de Pambeiro (Tres Rios).

El día 19, a las once de la mañana misa solemne saliendo seguidamente la procesión que hará el recorrido acostumbrado.

Por la tarde, se celebrará la tradicional romería y bailes campestres amenizados por la referida banda y gaita.

Dichos festejos fueron organizados por el ex-alcalde de Cerdedo Don Bonifacio Alonso.

1915...

11 DE FEBREIRO – EL PROGRESO – ANO IX NÚMERO 1557

Descargar/PDF

Fiestas en este pueblo

Con gran solemnidad se celebraron en el día siete las de la Santísima Virgen de los Dolores, en las que hubo mucha concurrencia.

En ambos respectivos sermones estuvo elocuentísimo el Muy Revdo. P F. Eduardo, de Gondomar.

De tal manera impresionó al concurridísimo auditorio, que no se sabe qué admirar màs, si sus profundos conocimientos filosóficos, teológicos e históricos; si su natural y muy agradable disposición para comunicarlos al corazón humano y para adaptarlos a los tiempos presentes.

La música de este pueblo, dirigida por D. Francisco Cerdeira, agradó muchísimo.

También gustó mucho el fuego que estuvo a cargo del acreditado pirotécnico de esta parroquia D. José María Varela.

Hoy se supo aquí que fué suspendido el Sr. Juez municipal.

El Corresponsal

Cerdedo 9 de Febrero de 1915

1917...

3 DE MAIO – EL PROGRESO – ANO XI NÚMERO 2224

El 1.º de Mayo

En Cerdedo

Con ejemplar entusiasmo y brillante esplendor ha celebrado este año la Fiesta del Trabajo la Sociedad de Agricultores de Cerdedo.

En el campo de la feria se reunieron las secciones de Quireza, Pedre, Tomonde, Castro y Figueroa a las diez de la mañana marchando en nutrida manifestación al lugar de la carretera conocido por la Fábrica para juntarse con los compañeros de las secciones de Folgoso y Parada.

Constituían éstas un inmenso contingente de asociados a los cuales se agregó, con la grata sorpresa que es de suponer, una representación de la Sociedad de Pardesoa con su bandera y otra de la de Sotelo de Montes en constitución, pertenecientes al Ayuntamiento de Forcarey. Para sumarse a la fiesta de sus compañeros de Cerdedo tuvieron que realizar esos entusiastas agrarios un viaje de varios kilómetros por carretera. Su sacrificio, bien comprendido por los cerdedenses, les valió las más vivas muestras de simpatía a su llegada.

La gente que a las once de la mañana se hallaba reunida en la Fábrica era en grandísimo número

Despuès que por encargo del presidente de la Sociedad de Cerdedo dió nuestro compañero Carbonell la bienvenida a los entusiastas amigos de Pardesoa y Sotelo, se organizó la manifestación en que figuraban las banderas du las sociedades de Cerdedo y Pardesoa, los estandartes de las ocho secciones del Ayuntamiento cerdedense y dos bandas de música dirigidas por don Francisco Cerdeira y D. Constantino Paz, que ejecutaron airosas marchas durante el trayecto.

Con la seriedad y compostura que caracterizan la actuación de aquellos infatigables luchadores desfiló la manifestación por el centro del pueblo hasta llegar al campo de la Feria donde llegó a las doce y se disolvió.

Muchas familias que se habían traído las viandas almorzaron en el frondoso robledal que se alza en el campo de la feria el cual con este motivo ofreció durante unas horas un aspecto de inusitada animación y alegría.

Abrió el acto el presidente de la Sociedad de Agricultores de Cerdedo Benigno Valiñas, y siguieron en el uso de la palabra Avelino Fraga, José Cachafeiro, José María Nieto, Severino Vea, el simpático médico D. José Cachafeiro Barreiro, Martín Ferreiro, Luciano García y nuestro compañero Carbonell.

Los oradores hicieron la historia de la fiesta que se estaba celebrando, atacaron al Caciquismo y preconizaron la necesidad de una unión entre los elementos productores para llegar a la realización de los ideales de justicia por que vienen luchando.

Dió una nota simpatiquísma al mitin la presencia de los ya anunciados representantes de Pardesoa y Sotelo y la de Severino Vea, que habló en representación de los agrarios de San Isidro de Montes, del Ayuntamiento del Campo. y que agradó extraordinariamente por cierto a la concurrencia por su forma de expresión cáustica y pintoresca.

Un fotógrafo cuyo nombre sentimos no recordar sacó algunas instantáneas del acto.

Terminado éste se organizó de nuevo la comitiva para ir a despedir a los forasteros en el lugar de la Fábrica. Allí dirigieron la palabra al público los compañeros Manuel Gamallo y Avelino Fraga, que fueron ambos muy aplaudidos.

Los amigos de Pardesoa y Sotelo fueron despedidos con las mayores muestras de afecto llevando el deseo de que pronto el agrarismo adquiera en Forcarey el desarrollo y la pujanza que reviste ya en Cerdedo.

Seguidamente la banda de música ejecutó algunos bailables que fueron aprovechados gustosamente por el elemento joven, de que formaban parte muchas y muy agraciadas mozas, para entregarse a un rato de solaz y esparcimiento, que por ciento, se tenían bien ganado.

Con esto quedó terminada la jornada que fué de lo más hermoso que imaginarse puede.

1931...

7 DE MAIO – EL PUEBLO GALLEGO – ANO VIII NÚMERO 2211

CERDEDO

El acto del primero de mayo. – Con suma brillantez se celebró en este Ayuntamiento la Fiesta del Trabajo a la que asistieron gran número de labriegos y trabajadores de todos estos contornos, habiendo sido organizada por el Centro Republicano Radical-Socialista.

Consistió en un mitin que se dió en Dean en donde hicieron uso de la palabra, don Severino Bugallo y don Antonio Sueiro por el grupo Republicano Radical Socialista de esta localidad; don Ovidio Temes por el grupo Autonomista Galego de Vigo, y don Pedro Varela por los republicanos de La Estrada. Todo ello han sido muy aplaudidos durante sus discursos.

Al concluirse el mitin, el orfeón del grupo republicano, que dirige don Antonio Alonso, interpretó con sumo gusto la Internacional, La Comune, y el Himno Socialista, habiendo cosechado aplausos de entusiasmo. Contribuyó al lucimiento de este acto la afinada banda de música que dirige don Francisco Cerdeira que con todo desinterés se presentó a amenizar el momento interpretando la Marsellesa y el Himno de Riego. Luego en correcta manifestación se dirigieron hacia la Casa Consistorial para entregar al señor alcalde las conclusiones que éste elevará al Goberno, y son las siguientes: Republación Forestal; protección de las tierras subdivididas, con relación a gravámenes del Estado; nacionalización de la Marina mercante, de los ferrocarriles, minas y grandes industrias; responsabilidades de todos los órdenes y hacer constar la dehesión a la República.

1934...

25 DE AGOSTO – EL PUEBLO GALLEGO – ANO XI NÚMERO 3244

CARBALLEDO

(Cotovad)

NUESTRAS FIESTAS. – Con gran brillantez y concurrencia extraordinaria se han celebrado en esta hermosa villa las fiestas en honor de San Roque y San Antonio, los días 18, 19 y 20 del corriente. Fueron amenizadas por la laureada banda de música municipal de Cerdedo que dirige el famoso compositor don Francisco Cerdeira, y por los populares gaiteros de Soutelo de Montes y “Os Campanos”, de Almofrey, siendo todos muy aplaudidos por su brillante actuación e insuperable repertorio.

A los mayordomos don Francisco Vidal y don Miguel Gesteira, nuestra más cordial felicitación.

[…]

1935...

15 DE XUÑO – EL PUEBLO GALLEGO – ANO XVI NÚMERO 4909

CRONICA JUDICIAL

Vista de causa y recurso contencioso

[…]

Contencioso.-Ante el Tribunal provincial de lo Contencioso administrativo se interpuso un recurso por D. Francisco Cerdeira Gil, contra acuerdo del Ayuntamiento de Cerdedo, fecha 17 de abril último, por el cual se desestima solicitud del recurrente, interesando se le reconociese el derecho de director de la banda de música municipal de dicho Ayuntamiento y se le abonase lo que se le adeudaba por tal concepto.

19 DE DECEMBRO – EL COMPOSTELANO – ANO XVI NÚMERO 4627

El Cuerpo de Directores de Bandas de Música

Se ha publicado el Escalafón del Cuerpo de Directores de Bandas de Música, formado con arreglo a la Ley de 20 de diciembre de 1932 con indicación de los años de servicios de cada escalafonado y la indicación de si están en activo, son interinos o excedentes.

De Pontevedra figuran los siguientes:

En la segunda clase, D. Mónico García de la Parra, con el n.º 3; Director de la Banda de Vigo.

En la cuarta: D. Adolfo Campos López, de la de Pontevedra, (ya fallecido).

En la quinta: D. José Carrera Grimaud, con el n.º 7, director de la banda de Villagarcía, y don Agustín Sánchez Rey, de la de Marín, con el número 54.

En la clase sexta: D. Francisco Cerdeira Gil, director de la de Cerdedo, con el número 77; don Claudio Pérez Otero, de la de Tuy con el 327, y D. Faustino Temez Diéguez, con el 363, que figura en calidad de excedente.

Los datos sobre servicios se refieren al 31 de octubre de 1934.

Artigos relacionados