Bernardino Gómez Fortes
Bernardino de Pepe de Juan

Bernardino Gómez Fortes, nado en Cerdedo o 3 de febreiro de 1920, coñecido como Bernardino de Pepe de Juan, en referencia ao nome do seu pai e avó respectivamente. Aprendeu a tocar a caixa e os pratos na academia de Francisco Cerdeira Gil, e tamén participou varias veces na banda de José Benito. No ano 1944, casou e abandonou definitivamente a música. Bernardino traballou como canteiro, albanel e foi propietario dunha tenda de ultramarinos. Viveu e traballou en Babia (León), Comillas (Santander) e emigrou a Venezuela en 1949. Aínda que regresou a Galicia, nunca máis retomou a súa paixón pola música.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados