Cándido Guisado González
Cándido de Ceferino

Cándido Guisado González, nado en Cerdedo o 16 de outubro de 1910. Coñecido coma Cándido de Ceferino, por seu pai, era sobriño do músico Francisco González Carmés, Majito. Comezou a tocar o requinto da man de Manuel García Beiro na banda de Cerdedo e máis adiante continou a súa formación na academia de Francisco Cerdeira Gil, banda na que tamén tocou en varias ocasións.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados