Cesáreo Troitiño Beiro

Cesáreo Troitiño Beiro naceu no ano 1908, irmán de Antonio Troitiño Beiro. Aprendeu a tocar a trompeta na academia de Cerdeira, aínda que tocou moi pouco tempo nadas bandas. Na escola de Cavenca aprendeu a tocar tamén a gaita. En 1939 casou con Peregrina Troitiño e marcharon a vivir a Presqueiras (Forcarei), onde tiveron unha pequena taberna. Naquela época Presqueiras era unha zona en auxe por mor da explotación das mínas de Wolframio no período da Segunda Guerra Mundial. Cesáreo tiña fama de bo gaiteiro e, nalgunha ocasión, tocou con Francisco González  Caramés, Majito. Según a súa familia a gaita fora vendida a un veciño do lugar o cal vivía en Francia.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados