Gustaríache colaborar neste proxecto?
Antonio Troitiño Beiro foi un músico nado en Cerdedo o 27 de setembro de 1895. Foi irmán de Vicente Troitiño Beiro e Cesáreo Troitiño Beiro. Antonio recibiu as súas primeiras clases de música na academia de Francisco Cerdeira Gil e máis tarde con Ramón José Lavandeira Limeres en Cabenca, onde o seu nome aparece no listado de estudantes en 1914. Na súa traxectoria musical, destacan o seu dominio do cornetín e da caixa.
En 1924, Antonio casou con Pilar Lorenzo Garrido e anos despois emigraría a Arxentina, onde abandonaría a música. Morreu en Bos Aires o 6 de abril de 1973.
Antonio Troitiño Beiro.
Antonio Troitiño Beiro na súa casa en Cerdedo.
Vicente e Antonio Troitiño Beiro.
Imaxes da trompeta conservada a día de hoxe:
Trompeta - Vista 1
Trompeta - Vista 2
Trompeta - Vista 3