Gustaríache colaborar neste proxecto?
Cesáreo Troitiño Beiro naceu o 19 de setembro de 1908 e finou o 16 de novembro de 1977. Irmán de Antonio Troitiño Beiro, aprendeu a tocar a trompeta na academia de Cerdeira, aínda que tocou moi pouco tempo nadas bandas. Na escola de Cabenca aprendeu a tocar tamén a gaita. En 1939 casou con Peregrina Troitiño e marcharon a vivir a Presqueiras (Forcarei), onde tiveron unha pequena taberna. Naquela época Presqueiras era unha zona en auxe por mor da explotación das mínas de Wolframio no período da Segunda Guerra Mundial. Cesáreo tiña fama de bo gaiteiro e, nalgunha ocasión, tocou con Francisco González Caramés, Majito. Según a súa familia a gaita fora vendida a un veciño do lugar o cal vivía en Francia.
Abaixo á esquerda podemos ver a Cesáreo Troitiño coa sua muller Peregrina Troitiño
Cesáreo Troitiño
Antonio Troitiño e Cesáreo Troitiño. Outubro de 1967