Eladio Vidal Cadavid

Eladio Vidal Cadavid naceu na Revolta o 15 de agosto de 1922. Tocou durante bastantes anos na banda de Cerdedo con José Benito García Fernández, ata que en 1947 a abandonou para pasarse á nova formación dirixida por Gerardo Lavandeira Durán. Emigrou a Brasil e, cando voltou, xa non había bandas onde continuar a actividade. Faleceu o 30 de novembro de 1990.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados