Gustaríache colaborar neste proxecto?
Gumersinda Castro Porto, coñecida na súa parroquia como Gumersinda das Dieghas, naceu o 5 de xaneiro de 1927 no lugar de Barro de Arén e faleceu no mesmo lugar o 11 de xuño de 2021. Ao longo de toda a súa vida estivo fondamente vinculada ao mundo rural que a viu medrar, adicándose á agricultura e ás tarefas da casa, sen chegar a ter descendencia. Formou parte dunha xeración de mulleres que, sen pretensións artísticas nin recoñecementos públicos, sostiveron coa súa voz e saberes o edificio da tradición oral galega.
Desde a infancia integrouse de maneira natural nos procesos de transmisión oral da súa comunidade, onde a música era parte esencial da vida cotiá. As cantigas acompañaban os traballos do campo, os encontros sociais e as celebracións relixiosas ou profanas. Nese contexto, aprender significaba escoitar, repetir, participar. O saber musical construíase no día a día e pasaba de xeración en xeración a través da experiencia compartida. Gumersinda compartía este universo sonoro coa súa irmá Rosa Castro Porto, tamén recoñecida pandeireteira de Barro de Arén.
Nun tempo de mudanza acelerada, no que a modernización e o despoboamento rural ameazaban coa desaparición de moitas expresións tradicionais, contribuíu a manter vivo un repertorio de alalás, muiñeiras, xotas, agarrados e outras formas do cancioneiro oral galego. A súa presenza activa no grupo das Pandereteiras de Barro de Arén foi clave para a continuidade da tradición musical da zona, ofrecendo unha ponte entre o pasado herdado e o presente vivido.
A súa figura representa, con claridade, o papel fundamental das mulleres na conservación e transmisión da memoria sonora de Galicia. Gumersinda non buscou deixar un legado: limitouse a vivir e a compartir o que sabía, con xenerosidade e respecto pola tradición recibida.
Cantaron e tocaron:
Gumersinda Castro Porto (Ghumersinda das Dieghas, Barro 1927). Voz e pandeireta en todos os cortes agás o 1, 6, 7, 14 e 20.
Manuela Cortizo Medal (Manuela das Marianas, Cerdedo 1930). Voz e pandeireta en todos os temas agás o 1, 6 e 20-24.
Rosa Castro Porto (Rosa das Dieghas, Barro 1934). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
Alsira López Álvarez (Alsira dos Carballeiros, Barro 1926). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
Felicitas Martínez López (Feli da Helena, Barro 1932). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
María Martínez López (María da Helena, Barro 1939). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
Clara Ruzo Sueiro (Clara dos Ruzos, Meilide 1935). Voz e pandeireta nos cortes 13, 15-18 e 26-32.
José Cortizo Martínez (José da Fonte, Barro 1926). Voz nos cortes 6, 13, 31 e 32.
Tamén axudaron:
Sinda: voz no corte 19.
Marcelino: bucios no corte 1.
José da Bandeira: pandeireta no corte 32.
Guillerme Ignacio Costa: gaita de fol nos cortes 13 e 32.
Produción musical: Pandereteiras de Barro de Arén/Guillerme Ignacio Costa.
Técnico de son: Valentín.
Deseño gráfico: Tent’a Toura.
Textos: Guillerme Ignacio Costa.
Gravado e mesturado nos estudios Phonos da Estrada entre os meses de Decembro do 2005 e Febreiro do 2006.
O noso fondo agradecemento ao Concello de Cerdedo pola seu decidido apoio a este proxecto. Tamén graciñas a José de Xirandola pola súa colaboración, e a Xerardo Albela dos Raiceiros polo punteiro de si.
Guillerme Ignacio Costa
Presentación do disco na "I Festa do Xabarín" en Cerdedo.
Fotografía - Rubén Troitiño
Presentación do disco na "I Festa do Xabarín" en Cerdedo.
Silvestre José Balseiros Guinarte, exalcalde do desaparecido concello de Cerdedo.
Fotografía - Rubén Troitiño
Presentación do disco na "I Festa do Xabarín" en Cerdedo.
Guillerme Ignacio Costa, pilar fundamental da gravación deste disco.
Fotografía - Rubén Troitiño
Presentación do disco na "I Festa do Xabarín" en Cerdedo.
Fotografía - Rubén Troitiño
Gravación feita no "teleclú" de Barro de Arén o 5 de novembro do 2005, con motivo do II Encontro de pandeireta galega e asturiana. Exemplo das múltiples Rúas que se fixeron neste pequeno local onde as pandeireteiras de Barro compartiron con quen quixo os enormes saberes arredor da tradición na súa aldea que gardaban e aínda gardan. Tocan e cantan Ghumersinda e Rosa Castro "das Dieghas" ( Barro 1927 e 1934); Manuela Cortizo "das Marianas" (Cerdedo 1930), Clara "dos Ruzos" (Meilide 1935) e José Álvarez "Pepito do Codeso" (Barro 1923). Cámara: Daniel Carballo "Maca".
Gravación feita no "teleclú" de Barro de Arén o 5 de novembro do 2005, con motivo do II Encontro de pandeireta galega e asturiana. Exemplo das múltiples Rúas que se fixeron neste pequeno local onde as pandeireteiras de Barro compartían con quen quixera os enormes saberes arredor da tradición na súa aldea que gardaban e aínda gardan. Tocan e cantan Ghumersinda e Rosa Castro "das Dieghas" (Barro 1927 e 1934); Manuela Cortizo "das Marianas" (Cerdedo 1930), Clara "dos Ruzos" (Meilide 1935) e José Álvarez "Pepito do Codeso" (Barro 1923). Cámara: Daniel Carballo "Maca".
Corte cedido ao APOI dentro da colección de Guillerme Ignacio Costa.
Manuela Cortizo "das Marianas" (Cerdedo, 1930) e Ghumersinda Castro "das Dieghas" (Barro, 1927) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade. Acompáñaas nesta ocasión Clara "dos Ruzos" (Meilide, 1935), da veciña Meilide, tocadora que se uniu a elas cando se xuntaron como “Pandeireteiras de Barro de Arén” para ir tocar polas rúas de comezos dos 2000.
Bailan Marcelo González e máis Delmira "da Brasileira", veterana bailadora tamén protagonista no Alalá de Barro de Arén (https://www.youtube.com/watch?v=8B15-...).
Esta melodía non aparece no seu Cd “Cerdediño p’r’os amores” (https://soundcloud.com/arquivostradic...).
Gravación feita na cociña de Manuela por Xandre Outeiro, Guillerme Ignacio e Marcelo González (O Tear de Llerena), o 22 de outubro do 2005.
Corte cedido ao APOI dentro da colección de Guillerme Ignacio Costa.
Manuela Cortizo "das Marianas" (Cerdedo, 1930) e Ghumersinda Castro "das Dieghas" (Barro, 1927) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade. Acompáñaas nesta ocasión Clara "dos Ruzos" (Meilide, 1935), da veciña Meilide, tocadora que se uniu a elas cando se xuntaron como “Pandeireteiras de Barro de Arén” para ir tocar polas rúas de comezos dos 2000.
Botan unha jota clásica de Barro de Arén, versión estándar da jota na aldea. É un dos poucos tons estróficos que atopamos para a jota en Barro, onde gustan de cantalas con retrouso. Esta melodía non aparece no seu Cd "Cerdediño pr'os amores" (https://soundcloud.com/arquivostradic...).
Gravación feita na cociña de Manuela por Xandre Outeiro, Guillerme Ignacio e Marcelo González (O Tear de Llerena), o 22 de outubro do 2005.
Corte cedido ao APOI dentro da colección de Guillerme Ignacio Costa.