Isabel Monteagudo Eirín

Isabel Monteagudo Eirín, nada o 22 de xuño de 1930 na vila de Codeseda (A Estrada), comezou a súa viaxe musical dende moi cedo. Aínda que os seus primeiros anos transcorreron no pobo onde naceu, foi en Tres Aldeas (Quireza) onde atopou o seu fogar permanente, dende os 9 anos. Dedicou a súa vida ao traballo no campo, desempeñando a labor de agricultora. 

Nas rúas (ruadas) de Tres Aldeas, as súas hábiles mans facían vibrar a pandeireta, xerando ritmos que acompañaba con coplas que aprendera da xente maior da zona. Mérita (Emérita Monteagudo Piñeiro, a súa madriña, a última tocadora de pandeiro cadrado da Terra de Montes) ou Aurentina eran algúns dos nomes das tocadoras de pandeireta que Isabel aínda recorda. As rúas cobraban vida unha vez á semana, os sábados, cando o sol comezaba a agocharse, nunha das casas do pobo. Neses días, moitos dos que se achegaban non tiñan coñecemento dos pasos de baile e, nesas ocasións, tocaban pezas de agarrado unha tras outra para que todos puideran participar. Isabel contou que os veciños de Sabucedo acudían ao baile traendo consigo os sachos que deixaban petados nas vigas das casas para non esquecelos. Isabel tamén recordaba a Luciano Lemos Gómez, gaiteiro da zona de Quireza. 

O vídeo anterior foi gravado en Cerdedo o mércores 26 de xullo de 2023, durante a xuntanza veciñal "Músicas da Terra de Montes", na que veciñas e veciños comprometidos coa preservación e difusión da tradición musical galega se achegaron. 

Celso e Isabel Monteagudo Eirín

COPLAS

Aprendín o teu cantar
a conta do que cantaches,
agora tanto me ten
que cantes como que marches.

En Piñeiro non me caso
en Castro lo pongo en duda,
no lugar das Tres Aldeas
co fillo dunha viuda.

Quisiera volverme hiedra
y subir por las paredes,
entrar en tu habitación
pa'ver el dormir que tienes.

Si quieres tomar amores
tomarás de los Manueles,
que los Pepes son traidores
amigos de las mujeres.

Pepiño José María
Pepiño José María,
Por un Pepiño José,
lloraré toda mi vida

Solteiriña non te cases
disfruta da boa vida,
que despois de ben casada
chorarás arrepentida.

A iglesia de Quireza
feita de pedra morena,
non oen misa dentro
olliños que me dan pena.

Voy a dar la despedida
no es por me marchar,
es por dar la pandereta
a quién la sepa tocar.

Este pandeiro que toca
era de coiro de ovella,
índa onte comeu herba
hoxe toca que rabea

Viva quien canta y quien baila
viva quien sabe querere,
viva quien en el mundo pasa
penas por una mujer.

Non teño pena ningunha
nin teño por que a tere,
amores que me olvidaron
xa me volven a querere.

Ribeiriña ribeirá
ribeiriña ribeirá,
viva que ten os amores
no lugar de Vilarchán.

Toca que che hei de dar son
Toca que che hei de dar son,
heiche de quitar a pena
de'nriba do corazón.

Unha volta polo medio
outra polo arredor,
así fai o que ben baila
así fai o bailador.

Chamáchesme pouca cousa
e ti pouca cousa vales,
pouca cousa son as moscas
fan correr os animales.

Me gusta el vino
y el aguardiente,
y los chavales
de quince a veinte.

Despierta niña, no duermas
d'ese sueño tan profundo,
que a tu puerta están cantando
las maravillas del mundo

Que pena me das
que pena me das,
no barco de cuba
morreuche o rapaz,
morreuche o rapaz
deixadeo morrer,
que pa ti Carmiña
rapaz ha de haber.

Eu non vou non vou
eu non vou alá,
a casa do cura
que m'ha quererá?
que m'ha quererá?
que m'ha de querer?
ten unha criada
querema vender.

Isabel ten cuidado
donde hai amor hai pecado,
dice Isabel a Azucena
ten cuidado con la pena.

Un galán de buen partido
nada bien para marido,
la rondó y la namoró
Isabel se lo ha creído.

Pero igual como en un cuento
olvidó su juramento
un cantar por el lugar
y luego lo lleva el viento.

Artigos relacionados