Jesús Troitiño Sieiro

Éste coma seu irmán, Antonio Troitiño Sieiro, aprendeu música co mestre Ramón José Lavandeira Limeres. Tocou a caixa na banda de Cabenca. Parece ser que foi un bo percusionista e incluso o quixeron levar a tocar outras bandas de música do lugar. Finou no Brasil.