José María Lavandeira Durán

José María Lavandeira Durán, nado en Cabenca o 18 de xaneiro de 1898 e finado en Pontevedra o 19 de marzo de 1981, destacou pola súa habilidade na música. De cativo, aprendeu a tocar o baixo (tuba) co seu pai, Ramón José Lavandeira Limeres, na banda de Cabenca. Ademáis, tamén tocou a gaita, chegando a ter dúas, unha a do seu pai e outra da cal non se conserva peza ningunha.

En 1925 casaría con María Fortes Sueiro e trasladaríanse a vivir ao lugar de Limeres. 

Lavandeira Durán seguiría tocando música na Banda de Música de Cerdedo, pero remataría a súa etapa musical na banda La Unión, dirixida polo seu irmán Gerardo Lavandeira Durán, co cal tocara ata a súa emigración ao Brasil. Aínda que non se dedicou por completo á música no país sudamericano, aprendeu a tocar o fliscorno. Cando regresou a Galicia, trouxo consigo un fliscorno de cor prateada, que por aquela época era menos común.

José María Lavandeira Durán
Fotografía cedida pola familia.

María Fortes Sueiro e José María Lavandeira Durán
Fotografía cedida pola familia.

Fotomontaxe da familia. De esquerda a dereita: Aurelio, Abel, Sara, Julia, Pura e debaixo os pais, María e José María.

Fotografías da gaita conservada de Ramón José Lavandeira Limeres, pai de José María Lavandeira Durán. Chegou a levala ao Brasil cando estivo emigrado.

Como curiosidade, cabe destacar que o martes 14 de xaneiro de 1936 José María Lavandeira foi mencionado na prensa, máis concretamente no xornal El Pueblo Gallego:

Cotovad
INTERESANTE ACUERDOS DE UNA ASAMBLEA

El día 29 del pasado mes de diciembre se han reunido en magna asamblea las sociedades agrarias de los Ayuntamientos de Cerdedo, Lama y Cotovad, con el fin de tratar y buscar los maleantes de merodear por estos contornos cometiendo toda clase de desmanes culminando ello con el asesinato del vecino de Limeres (Cerdedo), Jesús Fortes Cota, de cuyo crimen se ha dado cuenta por medio de la Prensa de toda Galcia.
Abierta la asamblea a la una de la tarde, la que preside el de la entidad de Corredoira (Cotovad), José Rodríguez, con representaciones muy nutridas de Caroy, Sacos, Cerdedo, Pedre, Limeres y Federación Agraria de Cotovad. [...]
José María Lavandeira, de Limeres dice que se solicite de las autoridades castiguen rigurosamente a todas las personas que sean portadoras de cualquier rés de ganado sin ir previstos del correspondiente "Vendí" y que para darle mayor eficacia a este documento sea firmado por el vendedor y dos testigos, si la venta se realiza en feria, y por el vendedor y el delegado de la autoridad de cada barrio si se realizase a domicilio; hace especial hincapié en que el "Vendí" sea expedido en forma que no pueda dar lugar a duda, pues se han encontrado gitanos portadores de caballerías robadas y en cambio provistos del correspondiente "Vendí".

[...]

Artigos relacionados