Gustaríache colaborar neste proxecto?
Teresa Mosquera Fortes, nacida o 26 de xaneiro de 1900 en Limeres, foi unha recoñecida tocadora de pandeireta nas ruadas da súa localidade. Os seus pais foron Damiana Fortes e Ramón Mosquera, e tivo tres irmáns: Carmen, José e Eulogio, quen faleceu durante a guerra e crese que morreu na prisión de Burgos.
Ademais de adicarse principalmente á agricultura, Teresa compartía coa súa irmá Carmen a afección pola música tradicional. Ambas tocaban a pandeireta e eran coñecidas como as da Meana, alcume que provén dunha variante do nome da súa nai, Damiana.
Casou con Valentín Ricoy e, froito desta unión, naceu Ramón Ricoy Mosquera, quen foi saxofonista da banda de música de Cerdedo.
Teresa Mosquera Fortes faleceu o 27 de xaneiro de 1994. Desafortunadamente, non se conserva ningún instrumento nin gravación súa. Con ela, xunto ás Carballas, facemos un pequeno percorrido polas tocadoras das ruadas do lugar de Limeres.