Banda de música de Forcarei

A asociación Músico-Cultural Flor do Toxo nace en Forcarei a finais do século XX, da man dos músicos militares Santiago Neva e Xavier Morgade. Sendo Santiago Neva o profesor de linguaxe, vento metal e director da banda; e Xavier Morgade o profesor de vento madeira. 

Tras uns cursos formando músicos a súa primeira actuación é no Colexio de Forcarei, no festival de finde curso, co obxetivo de dar a coñecer a Asociación e a propia banda, que nese momento contaba con 15 músicos. 

No 2000, prodúcese un cambio na dirección da banda e chega o novo director Roberto Hermida Rey, que se encargaría tamén das clases de linguaxe e vento metal, e o profesor de vento madeira Braulio Manuel Cao Ledo. 

A finais do 2006, encárgase da banda Daniel Sánchez Barran, trombonista da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela. 

Coa xubilación de Daniel, no ano 2018, collen o testigo da banda un grupo de compoñentes, todos formados na banda. Deciden cambiarlle o nome e chamarse Banda de Música Municipal de Forcarei e crear a Academia de Música “Terra de Montes”, na que actualmente contan con 18 alumnos de todas as idades. Actualmente a banda conta con 25 músicos, entre alumnos e músicos colaboradores e está dirixida polo clarinetista Saúl Liñares Pereira.

Artigos relacionados