Chorovia na moucarria
Alén da néboa

Publicación aprobada para a súa difusión.

Chorovia na moucarria compoñémolo un grupo de afeccionados á música de distintas xeracións. Máis de medio século separa ó membro máis veterano do máis novo, algo que tamén axuda a arrequentar a variedad de rexistros e de persoais e orixinais versións da música. O noso nome provén directamente do chamado verbo dos arghinas ou latín dos canteiros, e significa música na montaña. Existe unha cántiga tradicional que retrata a bisbarra da Terra de Montes, e reza así:

A Terra de Montes ten
de todo coma en botica
bos canteiros, bos gaiteiros
e bos cregos pra dicir misa.

A Terragheira do Mouco xara
de todeito xoma en futricaria
xidos arghinas, xidos choroviantes
e xidos zoinas pra ghalrar queicoa.

Fala da fartura que houbo, noutrora, de músicos e traballadores da pedra. Quixemos irmandar a estes dous prolíficos gremios e homenaxear a todos os homes e mulleres que se dedicaron na Terra de Montes, nalgún tempo ou aínda hoxe, a eses dous fermosos mesteres, e moi en concreto a un deles, Adelino Pichel, o Gaiteiro de Sorribas, de quen celebramos este ano 2007 o seu Centenario.

1. Cantar de Adelino, o Gaiteiro de Sorribas (Rochi)

2. O Carro (Manuel María / Fuxan os Ventos)

3. Cartas dun home na Guerra (Rochi)

4. Pola ponte Gomaíl (Rochi)

5. Cantar da muller labrega (Rochi)

6. Quen puidera namorala (Á. Cunqueiro / L. Emilio Batallán)

7. Cantar de Avelino, o Gaiteiro de Soutelo (A. Cachafeiro / Rochi)

8. Quintas de vento (Andrea Porto Mato)

9. Ningures existe (Rochi)

10. Amigo Chano (Rochi)

11. Cántiga do verbo (Popular / Rochi)

12. Jotas da Terra de Montes (A. Cachafeiro / Trad.)

Artigos relacionados