Gumersindo Ramón Pichel Barreiro
Moncho

Gumersindo Ramón Pichel Barreiro, Moncho, fillo de Adelino Pichel Espiña (O Gaiteiro de Sorribas) e de Dorinda Barreiro, naceu o 18 de novembro de 1942 en Forcarei, onde viviu sempre. Tivo tres irmáns: Carmen, Aurita e Maruja.

Sendo fillo de Adelino Pichel, o Gaiteiro de Sorribas, herdou non só a súa profesión senón a súa paixón pola música. Con só dez anos empezou a acompañar a seu pai tocando o bombo, era tan pequeno que llo tiñan que levar porque non podía co instrumento. Unha anécdota desa época que conta Jesús Campos Fernández, O cachomil, foi que tocando nunha taberna, onde lle improvisaran un palco para os músicos, Moncho quedouse durmido e caeu sobre uns sacos de cal que había debaixo para algarabía de todos os que alí estaban.

Pouco a pouco non só chegou a tocar o bombo, se non tamén algo a gaita (de maior fixo un punteiro especial porque era zurdo para este instrumento) e tamén e sobre todo o acordeón. Foi enviado por seu pai uns meses a recibir clases onda Poceiro en Pontevedra, pero sobre todo foi autodidacta. No ano 1958 ganou un premio en Radio Estrada tocando o acordeón, era un concurso por votación popular e onde tiñas que interpretar unha peza diante dun xurado.

Casou no ano 1965 con Maruja López e tivo dous fillos, Laura e Ramón. Compaxinaba nesta época a música profesionalmente xunto coa empresa de material de construción, tenda de ultramarinos e tocando tanto no salón de baile que fundara seu pai, así como noutras salas de baile e festas.

No ano 1970 fíxose cargo da empresa familiar e pouco a pouco foi deixando de tocar profesionalmente, aínda que nunca deixou de tocar en celebracións familiares ou con amigos.

O Salón de baile, cambiou de localización e transformouse nunha Sala de baile máis moderna, que finalmente acabou sendo a Discoteca Paraíso.

Arredor dos anos noventa xuntouse con outros músicos da bisbarra para tocar nas festas das Dores de Forcarei e de aí xurdiron Os diplomáticos do Acordeón, con Antonio do Sastre, Jaime Salvador Barreiro Ouro, Paco Cachafeiro, Bautista e Avelino, José Fírvida Cachafeiro ("Maduro") e Joaquín José Santiago Barreiro Varela  de Chamosa.

Coincidindo coa celebración do centenario de seu pai (ano 2004), colaborou nun disco homenaxe Chorovia na moucarria de Francisco Rozados (Rochi)

No ano 2008, recibiu a medalla do Gaiteiro de Soutelo.

O dous de maio de 2009 faleceu en Forcarei despois dunha longa enfermidade e como escribiu Rochi nun Xornal sobre el “Moncho sentía a música e estaba sempre aberto a compartila”

Laura Pichel
23 de setembro de 2023

Adelino Pichel á gaita co seu fillo Moncho Pichel á batería.

No interior do Salón, Adelino toca o acordeón, acompañado do seu fillo Moncho á batería. Está con eles outra filla. Maruja.
Revista Cotaredo, nºX - 2007

Adelino presentando ós músicos do vello "Paraíso". Ao acordeón o seu fillo Moncho.
Revista Cotaredo, nºII e nºX - 1999 e 2007

De esquerda a dereita: Gumersindo Ramón Pichel (Moncho), Joaquín Barreiro e Jesús Campos.

De esquerda a dereita: José Fírvida (Maduro), Gumersindo Ramón Pichel (Moncho), Jaime e Jesús Campos.

De esquerda a dereita: Joaquín Barreiro, Gumersindo Ramón Pichel (Moncho) e Jesús Campos.

Trío de acordeóns: Moncho, Adelino e Jesús Campos, nos anos 90.
Revista Cotaredo, nºX - 2007

De esquerda a dereita: Francisco Félix Cachafeiro Fernández (Paco de Cachafeiro), Gumersindo Ramón Pichel Barreiro (Moncho), Avelino Alberte Fírvida, José Fírvida Cachafeiro (Maduro), Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista), Concepción Pérez Ruiz e Joaquin Jose Santiago Barreiro Varela.

Prensa

El músico Pichel Barreiro y el bancario Jesús García recibirán la medalla del Gaiteiro de Soutelo

12 ago 2008

El músico y compositor gallego Henrique Otero Covelo será el pregonero de la vigésimo novena edición de la Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, que se celebrará el sábado 23. El intérprete, natural de Vigo, es cofundador del histórico conjunto de gaitas Os Cruceiros. Hasta su jubilación tocó el bombardino en la Banda Municipal de Vigo. Como compositor creo una gran cantidad de obras para gaita que integran el repertorio y la discografía de muchos gaiteiros gallegos. Fue el primer profesor que impartió la disciplina de gaita en un conservatorio y formó a destacados intérpretes. 

Además de pregonar la Festa do Gaiteiro, Otero Covelo será el destinatario de una de las medallas do Gaiteiro de Soutelo concedidas por la organización de la fiesta en esta edición. 

La elección de los galardonados se hizo oficial tras su aprobación en la comisión de honores y distinciones celebrada ayer. 

Medallero soutelano 

Los otros mercedores de las medallas del Gaiteiro son la Fundación Pedro Barrié de la Maza -que editó el Cancioneiro de Casto Sampedro , el Cancioneiro de Bal y Gay y el Cancioneiro popular galego -, el grupo de gaitas Muxicas -hoy desaparecido-, el grupo folclórico Lar gallego de Pamplona, el gaiteiro local Gumersindo Ramón Pichel Barreiro -hijo de Adelino Pichel, o gaiteiro de Sorribas , y músico capaz de llenar los bailes de la Sala Paraíso- y Jesús García Pérez, un bancario soutelano que ha apoyado la Festa do Gaiteiro desde sus orígenes.

Por siempre "chorovia na moucarria"

04.05.09

Fallece Ramón Pichel, uno de los músicos fundadores de los Diplomáticos do Acordeón

"Levaba a música no sangue". Estas palabras del edil forcaricense Francisco Rozados "Rochi" se repetían ayer entre quienes tuvieron la suerte de conocer a Gumersindo Ramón Pichel Barreiro, uno de los integrantes de los Diplomáticos do Acordeón, fallecido el sábado. Como aquéllos que pasan por este mundo cultivando campos como la pintura, la literatura o la música, Moncho, como lo conocían todos los vecinos de Forcarei, deja una huella indeleble. Al cariño que despertó entre quienes en algún momento se cruzaron en su camino habrá de sumarse el legado que él mismo labró cada vez que tomó entre sus brazos su inseparable acordeón. Quienes nunca lo trataron podrán encontrarlo en su obra y aquéllos que lo conocieron lo reencontrarán en la música que ayudará por siempre a acompañar su recuerdo.

Moncho Pichel era hijo de Adelino Pichel, el célebre Gaiteiro de Sorribas, cuyo centenario fue celebrado en Forcarei en 2007. Desde pequeño sintió la llamada de la música. Tocaba de niño con su padre y llegó a ganar un certamen de acordeonistas convocado en los años 50 por una emisora de radio de A Estrada. Tocaba algo la gaita, pero su verdadera pasión siempre fue el acordeón. En la década de los 90 fue uno de los creadores de los Diplomáticos do Acordeón, un grupo en el que asimismo se integran Maduro, Avelino y Bautista, también dignos sucesores del testigo musical de las grandes figuras de la música tradicional gallega nacidas en estas tierras de montaña, caso del mítico Avelino Cachafeiro.

Por su vida consagrada a la música, Ramón Pichel recibió el pasado año la Medalla do Gaiteiro durante el tradicional certamen que recuerda cada año en Soutelo de Montes a la figura de Cachafeiro. No componía, pero sus actuaciones le definían como un virtuoso del acordeón. Mostró su arte de joven en los bailes del Salón Paraíso fundado por su padre, con el que, además de compartir su pasión por la música, también tendría en común su espíritu emprendedor. No en vano, este músico apostaría por mantener el espacio concebido por el Gaiteiro de Sorribas y fundaría la nueva Sala Paraíso.

"O acordeón está de loito", afirma Rozados entre las palabras de recuerdo que ayer dedicó a este músico de Forcarei. A la hora de definirlo como persona, el edil asegura que "nunca che negaba nada". Él mismo encontró un entregado sí como respuesta cuando le propuso a Pichel que participase en un proyecto para homenajear al Gaiteiro de Sorribas, un trabajo discográfico que también hermana a los músicos y a los trabajadores de la piedra que proliferaron en su momento en Terra de Montes. "Chorovia na moucarria" –"Música na montaña", en la lengua de los canteros– fue la segunda y también la última grabación de Moncho Pichel.

Fueron horas de dedicación a un aplaudido trabajo. Pichel se encontraba en su salsa. Cuando la música corre por las venas uno sólo tiene que dejar que le guíe y disfrutar tocando las notas que animan una velada entre amigos, que recuerdan a los grandes intérpretes de la gaita que pisaron estas tierras montañosas o que logran que a quien escucha se le erice la piel con un sentimiento que danza entre el entusiasmo y la melancolía. Moncho sentía la música y estaba siempre abierto a compartirla. Con su acordeón siempre dispuesto para que por siempre suene chorovia na moucarria.

Os diplomáticos do acordeón no programa Alalá (TVG)

Programa Alalá, da Televisión de Galicia, adicado ao grupo Os diplomáticos do acordeón.
Data de emisión: 4 de abril de 2006 na Televisión de Galicia

Hoxe estamos co grupo Os diplomáticos do acordeón, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, mais ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.

Todos pertencen á Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século vinte polos gradísimos gaiteiros que lle deron fama. Pero houbo outra época, a partir dos corenta, na que as gaitas deron paso ós acordeóns, anos nos que os salóns de baile se fixeron moi populares e nos que xa se bailan outros ritmos.

Neses salóns de baile “criáronse” varios membros dos Diplomáticos que, desde moi pequeniños, tiveron a obriga de aprender a tocar un instrumento para axudar na economía familiar. Entre eles os irmáns Alberte Fírvida, bisobriños do popular Avelino Cachafeiro, que chegaron a formar un orquestra completa que tocaba no salón de baile da familia, o “Changüí”.

Tamén Moncho aprendeu a tocar o acordeón porque seu pai era o dono do “Paraíso”, un salón de Forcarei que agora lle pertence a el. Un caso semellante é o de Paco Cachafeiro, tamén ligado ó mundo do acordeón e dos salóns de baile.

No Alalá desta semana coñecéremolos a eles e ó resto dos Diplomáticos: a Jesús, un reloxeiro xubilado que, ademais de dar clase, colecciona acordeóns, de feito, xa ten mais de 130 instrumentos; a Toño, un amante da música dos sesenta que desfruta tanto da guitarra eléctrica como do acordeón; e a Joaquín, o vocalista, que canta coa mesma paixón un bolero ca unha muiñeira.

Enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-diplomaticos-do-acordeon

Vídeos

Os diplomáticos do acordeón
Foliada de Cachafeiro (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Popurrí Galego (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Fun ó viño a Ribadavia (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Pezas galegas (programa Luar da Televisión de Galicia)

La década prodigiosa e os diplomáticos do acordeón
(programa Luar da Televisión de Galicia)

Discografía

Os diplomáticos do acordeón

Cara A

1) Cambeses

2) Jota de Moncho

3) Muiñeira de Ourense

4) Foliada de Cachafeiro

5) Esta noite e mais a outra

6) A ría de Vigo

Cara B

1) Muiñeira de Forcarei

2) Pra onde vas María

3) O viño Alvariño

4) Fandango de Pontevedra

5) Fun o viño a Ribadavia

6) Perfumes de España

Información da gravación:

Chorovia na moucarria - Alén da néboa

Chorovia na moucarria compoñémolo un grupo de afeccionados á música de distintas xeracións. Máis de medio século separa ó membro máis veterano do máis novo, algo que tamén axuda a arrequentar a variedad de rexistros e de persoais e orixinais versións da música. O noso nome provén directamente do chamado verbo dos arghinas ou latín dos canteiros, e significa música na montaña. Existe unha cántiga tradicional que retrata a bisbarra da Terra de Montes, e reza así:

A Terra de Montes ten
de todo coma en botica
bos canteiros, bos gaiteiros
e bos cregos pra dicir misa.

A Terragheira do Mouco xara
de todeito xoma en futricaria
xidos arghinas, xidos choroviantes
e xidos zoinas pra ghalrar queicoa.

Fala da fartura que houbo, noutrora, de músicos e traballadores da pedra. Quixemos irmandar a estes dous prolíficos gremios e homenaxear a todos os homes e mulleres que se dedicaron na Terra de Montes, nalgún tempo ou aínda hoxe, a eses dous fermosos mesteres, e moi en concreto a un deles, Adelino Pichel, o Gaiteiro de Sorribas, de quen celebramos este ano 2007 o seu Centenario.

Artigos relacionados